TEMA 15: VERBOS IRREGULARES:
Atención ao Tema de Perfecto (é dicir: a estes 4 tempos):
* Pretérito (Perfecto) Indicativo * Imperfecto (Pretérito) de Subxuntivo
* Pluscuamperfecto (Antepretérito) Indicativo * Futuro de Subxuntivo
EVITAR ESTES ERROS NOS SEGUINTES VERBOS IRREGULARES:
CABER:
P1 do Prest. Indicat.: Caibo
Prest. Subxuntivo (todo) Caiba
Tema de Perfecto: Couben/coubera/coubese/couber
Caber en galego é sinónimo de coller.
CAER:
Non Caír (dialectal)
DAR:
P2 e P3 do prest. Indicat. Dás, Dá (diacríticos)
Pret. Perfecto: Dei, deches, deu (Non: din, diches, diu/dou) (dialect)
Prest. Subxunt. Dea, deas, dea, deamos, etc.
Nunca: dé, dés, dé (castelanismos)
DICIR:
Nunca Decir.
ESTAR:
Prest. Subxunt: estea, esteas, estea (nunca: esté, estés)
FACER:
Prest. Indic. Fago, fas, fai
Tema de Perfecto: fixen, fixera, fixese, fixer
HABER:
OLLO: Non hai tempos compostos co verbo haber.
Prest. Indicat: hei, has, ha/hai, habemos, habedes, han.
P3 do Prest. Indic. El hai/El ha
Non ten imperativo.
Tema Perfecto: houben, houbera, houbese, houber.
Prest. Subx: haxa, haxas, haxa, haxamos, haxades, haxan.
IR:
P4 e P5 Prest. Indic: imos, ides (Nunca: vamos, vades)
Imperativo: P1 vai ti/ P2 ide vós /OLLO: P4 vamos (nós)
No tema de perfecto: coincide co verbo ser: fun, fora, fose, for.
Futuro de Subxunt: for, fores, for, formos, fordes, foren.
Imperfecto (Copretérito) de Indicat: ía, ías, ía (nunca: iba, ibas, iba)
OÍR:
Ten tamén un sinónimo: OUVIR
LER:
Nunca LEER
Debe evitarse pois leín, leerei, (castelanismo).
RIR:
Nunca REIR
Debe evitar pois reir, reín, reirei, etc. (castelanismos)
PODER:
Tema de Perfecto: puiden, puidera, puidese, puider
Prest. Subxunt. Poida, poidas, etc.
POÑER/PÓR (dobre conxugación)
Conxúgase como o seu sinónimo: PÓR, aínda que nalgúns tempos presentan formas diferentes.
A dobre conxugación afecta tamén aos seus compostos e derivados:
Compoñer/compor; dispoñer/dispor; supoñer/supor; etc.
Pero os derivados de pór non levan til diacrítico.
PÓR mantén o til diacrítico cando se lle engaden pronomes átonos.
QUERER:
Futuro de Indict. é regular: quererei, quererás (NON querrei, querrás)
SABER:
Tema de perfecto: souben, soubera, soubese, souber (Non soupen)
Prest. Subxunt: saiba (non sepas, sepa)
Prest. Indicat: sei, sabes, etc
Futuro Indicat. É regular: saberei, saberás, (Non sabrei, sabrás)
SER:
P2 e P3 do Prest. Indic.: ti es (non eres), el é (non es, nin e sen til)
Coincide co verbo IR no Tema de Perfecto: fun, fora, fose, for.
TER:
Tema de Perfecto: tiven, tivera, tivese, tiver (formas en i, e non en u: tuven, tuvera, tuvese, tuver, non son correctas).
TRAER:
Tema de Perfecto: trouxen, trouxera, trouxese, trouxer.
Prest. Subxunt: traia, traias, traia, traimos, traiades, traian.
P4 e P5 do pretérito imperfec. de Indicativo levan diérese:
Traïamos, traïades.
Os derivados e compostos de traer son regulares: contraer, distraer, substraer, retraer, atraer, extraer, abstraer:
Así o Tema de Perfecto é regular: contraín, distraera, retraese, atraer (NON: controuxen, distrouxera, retrouxese, atrouxer)
VALER:
P3 do Prest. Indicat: el vale (ou tamén el val)
P1 do Prest. Indicat: eu vallo, ti vales, etc. NON: eu valgo (castelanismo)
Prest. Subxunt.: eu valla (NON: eu valga), ti vallas, (NON: ti valgas) el valla (NON: el valga), nós vallamos (NON: nós valgamos), vós vallades, eles vallan.
Tamén se conxugan así: desvaler e equivaler.
VER e VIR:
P3 do Pret. Perfecto de Indicat.: viu (verbo ver); veu (verbo vir), en contra da norma xeral que fai que os verbos en –er teñan o fagan en –eu, e os verbos en –ir fágano en –iu.
PRACER:
Prest.Indicat.: Eu prazo (non prazco), ti praces, etc.
Prest. Subxunt.: Eu praza (non prazcas), ti prazas, etc.
Tema de Perfecto: prouguen, prouguera, prouguese, prouguer.
Participio: pracido.
OLLO: o seu derivado compracer é regular. Así no tema de Perfecto sería:
eu compracín; eu compracera; eu compracese; eu compracer.
TEMA 16: INFINITIVO CONXUGADO:
TEMA 17: AS PERÍFRASES VERBAIS:
TEMA 18: O FUTURO DE SUBXUNTIVO:
TEMA 19: AS PREPOSICIÓNS:
TEMA 20: AS CONXUNCIÓNS:
TEMA 21: GRUPOS CONSONÁNTICOS:
1-Grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl: Mantéñense nos cultismos e préstamos.
Exemplos: BLasfemar, BLindar, aBLativo, aTLeta, Clarificar, Clan, Flamante, FLan, FLexión, Fluxo, GLaciar, GLadiador, GLándula, nitroGLicerina, PLástico, PLásma, suBLiñar, proBLema, porCLamar, temPLo, troGLodita, etc.
En certas palabras latinas semicultas e préstamos, o L mudou en R:
Exemplos: aPRazar, desPRazar, BRanco, BRando, BRancura, BRasón, comPRacer, CRavar, CRavo, desenCRavar, cumPRir, doBRar, emPRazar, PRaza, emPRegar, esCRavo, FRaco, FRaqueza, FRauta, FRecha, FRetar, FRota, FRouxo, iGRexa, noBRe, oBRigar, oBRriga, PRacer, PRaia, PRaga, PRata, PRato, PRazo, PReamar, PRegar, PReito, reCRuta, reCRutar, sinGRadura.
2-Grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv, bx: Mantéñense sen alteración:
Exemplos: aBDicación, aBDominal, áBSida, aBSoluto, oBSequio, oBXectivo, oBXecto, suBMinistrar suBSección, suBXugar, suBTítulo, aBNegar, oBTer, insuBMisión, oBTuso, oBTurar, etc.
OLLO: sutil e a súa familia léxica (suliteza, sutilidade, sutilmente, sutilizar) perderon o b desde as orixes do idioma.
3-Grupo bs + consonante: Mantense o grupo culto:
Exemplos: aBStemio, aBStención, aBSterse, aBStinencia, oBStruír, aBStracto, aBStracción, suBStantivo, suBStrato, suBStituto, suBStituír, oBStáculo, suBScribir, suBStancia, oBStinado, etc.
4-Grupos –ct- e –cc-: Mantéñense nos cultismos cando os preceden as vogais a, e, o:
Exemplos: abstraCTo, aCTa, aCCionar, aCCión, adxeCTivo, afeCCión, infeCTar, infeCCión, inspeCTor, laCTante, veCTor, olfaCTo, olfaCTivo, obxeCCión, noCTurno, noCTámbulo, seCCión, taCTo, táCTil, dialeCTo, traxeCToria, proteCTor, proteCCión, perspeCTiva, putrefaCTo, leCTor, leCTura, manufaCTura, manufaCTurado, insurreCTo, insurreCCión, deteCTar, deteCCión, direCTo, direCCión, respeCTar, respeCTo, correCTo, correCCión, equinoCCial, equinoCCio, didáCTico, etc.
OLLO: perderon o c as palabras: catarata, contratación, contratar, contrato, tratado, tratamento, tratar, trato.
* ATENCIÓN: (CAMBIO COA NOVA NORMATIVA DO 2003):
Suprímese a 1ª consoante nos dous grupos (-ct- e –cc-) cando os preceden as vogais i, u:
Exemplos: abduCión, abduTor, aduCión, aduTor, afliCión, afliTo, conduCión, conduTa, conduTo, confliTo, construCión, construTivo, construTor, contradiCión, contriCión, deduCión, deduTivo, deliTo, destruCión, destruTor, diCionario, distriTo, diTado, diTadura, diTame, diTar, estriTo, estruTura, fluTuación, fluTuar, fruTífero, fruTificar, fruTuoso, induCión, induTor, introduTor, introduTorio, luTuoso, obstuCión, obstruTivo, obstruCiónista, obstruCionismo, produCión, produTivo, produTo, produTor, reconstruCión, reduCión, reduTo, reduTor, reproduCión, reproduTor, restriCión, restriTivo, traduTor, víTima, VíTor, viToria, viTorioso, xurisdiCión.
Non obstante, mantéñense –ct- e –cc- en palabras de linguaxes especializadas:
Exemplos: adiCCión, adiCTo, conviCCión, conviCTo, deíCTico, dúCTil, duCTilidade, fiCCión, fiCTicio, friCCión, friCCionar, iCTericia, iCTérico, iCTiografía, iCTioloxía, (e outras coa forma ictio-), indiCCión, inviCTo, miCCión, niCTalope, niCTalopía, piCTografía, piCTórico, piCTograma (e outras palabras coa forma picto-), riCTo, suCCión, suCCionar, verediCTo, etc.
Perderon o c as palabras que o tiñan en latín:
Exemplos: acupuntura, adxunto, antártico, Antártida, coartada, coartar, conxunción, conxuntivo, conxunto, conxuntura, defunto, distinto, esfínter, extinto, función, funcionar, instinto, punción, xuntura, autor (e derivados: autoridade, autorizar, etc), etc.
Tamén hai algúns semicultismos con vocalización (u, i) da consoante implosiva:
Exemplos:
-
doutor (doctor: u por c), doutoramento, doutrina;
-
reitor (rector: i por c), reitoría, reitoral, reitorado;
-
seita (secta: i por c), pero mantense: sectario, sectarismo.
-
suxeito (suxecto: i por c), suxeitar.
-
Ás veces, ao lado desta forma semiculta mantense a forma culta: pauto (pacto: u por c), pero tamén existe: pacto.
5-Grupo cn: Mantense en todos os casos:
Exemplos: aCNe (non acné), aráCNido, píCNico, pirotéCNico, piroteCNia, potéCNico, radiotéCNico, téCNico, téCNica, teCNicismo, teCNocracia, teCNoloxía, zootéCNico, zooteCNia, etc.
6-Grupo –cd-: Mantense en todos os casos:
Exemplos: anéCDota, aneCDotario, aneCDótico, sinéCDoque.
7-Grupo /ks/ (GRAFÍA –X-):
-
Mantense sempre na grafía como X nas seguintes palabras: AproXimar, próXimo (cercano), asfiXia, aXila, aXioma, conveXo, eliXir (bebida), eXacto, eXame, eXceder, eXcelente, eXceso, eXclamar, eXilio, eXimir, éXodo, eXótico, eXplosión, eXtra, galaXia, heXágono, laXo, léXico, maXilar, neXo, refleXionar, seXo, seXto, síleX, sintaXe,, téXtil, teXto, tóraX, tóXico.
-
Certas voces populares e os seus derivados deben escribirse con s:
-eScavar, eScavación, eScavadora;
-eStender
(pero mantense: eXtensión, eXtensivo, eXtenso,
eXtensor);
-eStrañar, eStrañamento, eStraño, eStrañeza;
-eStranxeiro, eStranxeiría, eStranxeirismo;
-eStremar (derregar), eStrema (linde), eStremo (linde)
(pero mantense: extremar, extremidade, extremismo, extremo, extremoso).
Cando nunha mesma palabra (non composta) aparece dúas veces X en posición intervocálica, a 1 con valor /ks/ e a 2ª con valor de /x/. Neste caso pódese optar por substituír o primeiro X /ks/ pola letra S:
Exemplos: eSaxeración, eSaxerar, eSexese, eSexético, eSixencia, eSixente, eSixir, etc.
Anque tamén se pode manter inalterado o primeiro X: exaxeración, exaxerar, exexese, exexético, exixencia, exixente, exixir, etc.
OLLO: Esta posibilidade de elección non afecta nunca aos prefixos do tipo –ex seguidos de consoante, nin ás palabras compostas, onde só se pode manter o grupo culto:
leXicoloXía, toXicoloXía, etc.
8-Grupos –gm-, gn-, -gn- : Mantéñense sempre os cultismos:
Exemplos:
aGNosticismo, aGNóstico, beniGNo, coGNitivo, coGNoscitivo, consiGNar, consiGNa, desiGNar, diafraGMa, diaGNosticar, diaGnóstico, diGnar, diGNo, doGMa, doGMático, doGMatismo, estiGMa, fleGMón, fraGMento, fraGMentar, GNomo, íGNeo, iGNífugo, iGNorante, iGNoto, impreGNar, impuGNar, incóGNito, indiGNar, indiGNo, insiGNificante, liGNito, maGNesio, maGNífico, maGNolia, persiGNar, piGMentar, piGMento, piGMeo, praGMática, proGNóstico, puGna, repuGNante, repuGNar, resiGnar, seGMento, siGMa, siGNificado, siGNificar, siGNo.
Pero hai semicultismos que só levan –n-:
asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar, sinatura, sino (de campá) e outras da mesma familia léxica como: sineiro.
9-Grupos mn-, -mn-, -nm- : Mantéñense as dúas consonantes nos cultismos:
Exemplos: aluMNado, aluMNo, aMNesia, aMNistía, caluMNia, coluMNa, coluMNata, daMNificar, hiMNo, indeMNe, indeMNizar, iNMaculado, iNMaterial, iNMaturo, iNMediato, iNMemorial, iNMensidade, iNMenso, iNMensurable, iNMerecido, iNMersión, iNMerso, iNMIgración, iNMigrante, iNMigrar, iNMinente, iNMóbil, iNMobilizar, iNModestia, iNModificable, iNMolar, iNMoral, iNMortal, iNMorredoiro, iNMune, MNemonizar, MNemotécnica, óMNibus, oMNímodo, oMNipotente, oMNipresente, oMNívoro, soleMNe, soleMNidade, xiMNasio, xiMNástico, xiMNasta, xiMNospermas, etc.
10-Grupos –mm-, -nn-:
-
O grupo –MM- simplificouse en –m-: coma, comendatario, cominación, cominar, cominatorio, comisario, gama, xema, xemación, etc. Só se mantén na letra grega: gamma.
-
O grupo –NN- simplificouse en –n- nas palabras patrimoniais do galego:
Exemplos:
Cana, bienio, cuadrienio, quinquenio, sexenio, decenio, milenio, aniversario, conectar, conexión, etc.
-
Con todo, convén escribir con –NN- algunhas palabras cultas como: connubio, perenne, enneágono, etc.
-
Tratamento especial teñen as palabras derivadas mediante prefixo rematado en –N que se une a unha base que comeza por N-.
Nestes casos, cando existe en galego a palabra base, consérvase o grupo –NN-: circuNNavegar (circun + navegar); coNNatural (con + natural); iNNobre (in + nobre); iNNovar, INNovación.
Cando non é evidente a base sobre a que se formou o derivado, prodúcese a simplificación, como é o caso de: inocuo, inocencia.
11-Grupo –ns- anteconsonántico:
Nas palabras cultas mantéñense: circuNScripción, circuNSpección, circuNStancia, coNSciente, coNSpirar, coNStancia, coNStelación, coNStipado, coNStitución, coNStituír, coNStrución, coNStrutor, iNSpección, iNSpector, iNSpiración, iNStalación, iNStancia, iNStante, iNStaurar, iNStitución, iNStituto,instrucción, iNStrumento, iNStrutor, etc.
* O prefixo TRANS- mantén –ns- cando a base é un cultismo: transbordar, transcendente, transcribir, transpirar, transmitir, transcrición, transferencia, transformar, translación, transmisor,, transporte, transvasar.
* Cando se une TRANS a unha palabra que empeza por s-, hai que poñer só un s: EX: transecular, transiberiano, etc.
* Redúcese a TRAS- en palabras populares: trasfegar, trasladar, trasler, trasnoitar, traspasar, traspoñer, traspor, trastornar.
12-Grupos –pc-, -pn-, -ps-, -pt-:
Mantéñense nos cultismos: abruPTo, acePTar, aPTo, corruPTo, ExiPTo, hePTa- (prefixo), ecliPSe, eliPSe, adoPCión, acePCión, hiPNotismo, hiPNose, inePTo, raPTo, raPTar, tríPTico, inePTo, réPTil, suscePTible, óPTimo
Pero hai palabras con –pc- e –pt- que perden o p:
Adscrición, cativar, cativo, catividade, cetro, setentrional, setentrión, setembro, tritongo. Entre estas destacan os derivados cultos do latín SCRIPTUS: subscrición, subscrito, transcrición, transcrito, circunscrición, descrición, descrito, ditongar, ditongo, escrito, escritura, escritor, manuscrito, inscrito, prescrición, prescrito, proscrición, proscrito.
Tamén hai casos de vocalización do p en i, u:
Exemplos: receita, receitar; adoitar (acostumar, distinto do cultismo adoptar); bautismo, bautizar.
13-Grupos consoante + pc, consoante + pt:
Pérdese ao –p-: absor(P)Ción = absorción; asun(P)Ción = asunción; asun(P)to = asunto; escultor, escultura, exento, inscultura, irredento, perención, perentoriamente, perentorio, presunción, prontuario, redención, redentor, redencionista, suntuosidade, suntuoso.
14-Grupos pn-, ps-, pt-:
Aparecen en posición inicial en palabras cultas, e consérvanse así, malia que na fala popular téndese a pronunciar só a 1ª consoante:
PNeuma, PNeumático, PNeumonía, PNeumotórax, etc.
PSeudo- (prefixo): PSeudociencia, PSeudónimo, etc.
PSicanálise, PSiquiatra, Psíquico, Psicolóxico, psicólogo, etc.
PTerobránquiado, PTerodáctilo, PTerópodo, etc.
Pero xa non se escriben con p- : salterio, salmista, salmo e salmodiar.
15-Grupo –sc- medial:
Nas palabras cultas consérvase: adoleSCencia, adoleSCente, aSCender, aSCensor, condeSCendencia, condeSCender, conSCiencia (ao lado de conciencia), deSCendencia, deSCender, diSCernir, diSCiplina, diSCípulo, eSCindir, fluoreSCente, impreSCindible, incandeSCente, piSCina, plebiSCito, preSCindir, reSCindir, reSCisión, suSCitar, etc.
16-Grupo sc- inicial:
En palabras de entrada antiga no noso idioma, o grupo sc- leva despois e, i, perde o s- e queda só con c- : Exemplos: ciencia (SCiencia e derivados), cetro, ciática, cirro, cirrose, cisma (e cismar, cismático, etc.).
Nas palabras de entrada recente, o grupo mantense apoiado nun e: Exemplos: escena, escanario, escenografía, escepticismo, escéptico, escindir, escintilar, escisión, etc.
O mesmo ocorre cando ao grupo sc- o siga unha consoante ou as vogais a, o, u: Exemplos: escándalo, escola, escorpión, escribir, escrúpulo, escultura, etc.
17-Grupo –st-:
É moi frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar problemas no galego, polo cal se conserva. Un caso especial é a alternancia dos prefixos sinónimos post-/pos-: Escríbese post- cando vai seguido de palabra base que empece por vogal (postelectoral, postoperatorio), Escríbese pos- cando a palabra base empeza por consoante (posclásico, posguerra, pospoñer, pospor).
TEMA 9: EXERCICIOS:
1º-Corrixe as palabras que estean mal escritas:
Aplazar
|
|
Flauta
|
|
Conducta
|
|
Secta
|
|
Singradura
|
|
Floxo
|
|
Adicción
|
|
Dictame
|
|
Blanco
|
|
Empleo
|
|
Ricto
|
|
Estructura
|
|
Plaia
|
|
Flecha
|
|
Pictórico
|
|
Delicto
|
|
Obligar
|
|
Iglesia
|
|
Traductor
|
|
Doctor
|
|
Plaga
|
|
Pacto
|
|
Suxeito
|
|
Sectario
|
|
Pleito
|
|
Blasón
|
|
Invicto
|
|
Destructor
|
|
Clavo
|
|
Flaco
|
|
Deducción
|
|
Antárctico
|
|
Emplear
|
|
Reclutar
|
|
Ficción
|
|
Producto
|
|
Acné
|
|
Técnica
|
|
Anécdota
|
|
Pirotécnico
|
|
Pauto
|
|
Plata
|
|
Succionar
|
|
Conflicto
|
|
Doblar
|
|
Blancura
|
|
Victoria
|
|
Rector
|
|
Dostları ilə paylaş: |