La música de Goran Bregovic es tan intensa y explosiva como la situación que se ha vivido siempre en los Balcanes



Yüklə 30,02 Kb.
tarix11.09.2018
ölçüsü30,02 Kb.
#80733






FICHA TÉCNICA



DATA: 13 de xullo
LUGAR: Auditorio do Parque de Castrelos

HORA: 23,00


PREZO: 10 Euros

VENDA ANTICIPADA:
Venda directa: Central de Espectáculos

Rúa Velázquez Moreno, 26


* Reserva telefónica: 986.43.54.10.
* Internet: www.centralespectaculos.com

ORGANIZA: Concellería de Festas e Animación Sociocultural (Festas do Verán 2003)



BIOGRAFIA.-



A música de Goran Bregovic está inspirada no máis salvaxe e vivo folclore balcánico, ó que sabe dotar dunha perspectiva contemporánea, froito do seu pasado como membro dun dos grupos máis coñecidos do rock iugoslavo.

Nacido en Saraievo, de nai ortodoxa serbia e pai católico croata, estudiou violín nos anos sesenta no Conservatorio de Saraievo, e sendo aínda un adolescente comeza a tocar en restaurantes pezas inspiradas na música folclórica do seu país.

Na década dos setenta crea o seu primeiro grupo de rock, Bijelo Dugme, que edita en 1974 o seu primeiro disco, que o converte nunha estrela do rock no seu país. Nesa época, a música era o único xeito de expresar a disconformidade co sistema sen rematar na cadea por elo. Durante quince anos ó frente do grupo, Goran realizou numerosas xiras polo país, e chegou a ser un ídolo da mocidade.

A mediados dos setenta coñece a Emir Kusturica, que comezaba a súa carreira como cineasta e tocaba o baixo nun grupo punk. Ámbolos dous fixéronse grandes amigos, e máis tarde, coincidindo co mellor intre na traxectoria de Goran, Emir foi a Checoslovaquia para continuar os seus estudios na prestixiosa Escuela de Praga.

A finais dos oitenta, Goran Bregovic decide disolver o grupo, con que tiña vendido millóns de discos no seu país, e Emir Kusturica chámao para que compoña a música da súa película El tiempo de los gitanos. É entón cando Bregovic se atopa coas súas raíces balcánicas e comeza a explorar a música dos zíngaros, unha das súas pasións debido á súa falta de preocupación por seguir un modelo determinado é á súa facilidade para introducir na súa música todo o que lles gusta, sexa unha harmonía española ou un ritmo turco.



O disco aparece en 1990, e iníciase a partir de entón unha fructífera colaboración entrámbolos dous, que continúa con Arizona Dream e Underground. A coincidencia na súa actitude vital é o que fai que a fórmula funcione. Tal como di Bregovic, un dos acertos das películas de Emir é amosar a vida tal e como é, chea de buratos, indecisións e imprevistos. Deste xeito, a música de Goran Bregovic é así insustituible no peculiar universo de Emir Kusturica.



Goran Bregovic vive agora en París e traballa en Belgrado, onde creou un estudio de gravación. Nas súas recentes recopilacións é salientable a mestura de sintetizadores con instrumentos e voces tradicionais, así como a fusión de polifonías búlgaras, melodías zíngaras, fanfarrias balcánicas, inspiración pop e sonoridades electrónicas. Entre as bandas sonoras que compuxo figuran títulos como La reina Margot, Toxic affair ou María, hija de su hijo.

Un dos seus discos máis coñecidos é Canciones para bodas y funerales, que recolle a tradición, propia dos funerais ortodoxos, de beber e cantar. Por iso, a música parece leda e triste ó tempo.

A música de Goran non fora interpretada en vivo ata 1995, nos que tocou cunha banda de dez músicos tradicionais, cun coro de 50 persoas e unha orquestra sinfónica.

En 1998 dá o seu único concerto dese ano en España, o Festival Pirineos Sur, onde foi recoñecido como o mellor artista de toda a programación. En 1999 realizou unha xira por varias cidades españolas cunhas críticas inmellorables que consagraron a Goran Bregovic como o artista máis importante da música actual.




Ese mesmo ano participou no XIX Seminario Internacional de Jazz y Flamenco organizado polo Taller de Musics de Barcelona, que finalizou cunha Master Class multitudinaria na praza da catedral de Barcelona e en 2000 actuou no Festival Internacional de Música Castillo de Ainsa e nos festivais de Navarra, cun éxito sen precedentes no noso país.

A súa traxectoria vencellada ó sector cinematográfico centrase básicamente en películas dos Balcáns. Pese a todo o seu recoñecemento internacional como compositor de bandas sonoras é evidente, sobre todo gracias a súa colaboración cos realizadores Emir Kusturica y Patrick Chéreau.


O concerto de Vigo



A actuación de Goran Bregovic en Vigo será a única que dea en Galicia, onde estará por primeira vez o vindeiro día 13 de xullo, dentro dos concertos programados nas Festas do Cristo da Victoria.





Goran Bregovic presentará en Vigo, dentro da programación das Festas do Verán o seu último traballo discográfico “Tales and Songs from Weddings and Funerals” (Historias e cancións de Vodas e Funerais) no que unha vez máis inclúe un repertorio inspirado no lado máis salvaxe das raíces e o folclore dos Balcáns, sabiamente enriquecidos pola súa perspectiva contemporánea.

Neste concerto, Goran Bregovic estará acompañado sobre o escenario por 40 músicos: a banda de metais “Weddings and Funerals Band”, o Coro Masculino de Belgrado, un grupo feminino de Voces Búlgaras e a Orquestra de Cordas “Ensemble Nordesía” (constituídos en Galicia en 2002 coma un proxecto esencial para a interpretación e difusión da creación musical do noso tempo baixo a dirección artística de Manel Rodeiro está integrada unicamente por xóvenes instrumentistas galegos maioritariamente de Vigo).

Son poucas as ocasións nas que o público pode gozar de este espectáculo en toda a súa extensión, xa que nunha boa parte dos seus concertos Goran Bregovic adoita acompañarse dunha formación reducida; nesta ocasión o Concello de Vigo fixo un grande esforzo para que Goran Bregovic presente en exclusiva o seu espectáculo acompañado de todo o elenco artístico.

Discografía



Kad bi bio bijelo dugme (1974)

Ima neka tajna veza (singl) (1974)

Sta bi dao da si na mom mjestu (1975)

Eto! Bas hocu! (1976)

Milovan / Goodbye Amerika (1976)

Koncert kod Hajducke Cesme (1977)

Bitanga i princeza (1979)

Dozivjeti stotu (1981)

Singl ploce 1974 - 1975 (1982)

Singl ploce 1976 - 1980 (1982)

Uspavanka za Radmilu M. (1983)

Kosovka djevojka (1984)

Pljuni i zapjevaj moja Jugoslavijo (1986)

Ciribiribela (1988)

Ima neka tajna veza (1994)

Sanjao sam nocas da te nemam - Velike rock balade (1994)

Rock &Roll - Najveci hitovi (1994)

Iz sve snage (1995)

Silence of the Balkans (1998)

Enderlezi (1998)

Dallaras George & Goran Bregovic (1998)

Prwtopsalth (1998)

The Wedding and the Funeral/Sezen Aksu (1999)



Kayah and Bregovic (1999)

Songbook (2000)

Music for films (2000)

Balkanika (2001)

Tales and Songs from Wedings & Funerals (2002)


Música de películas

Ata o de agora Goran Bregovic ten colaborado con distintos directores na realización de bandas sonoras. Estas son algunhas das películas nas que ten composto os contidos musicais en parte ou na súa totalidade.


Nije Nego, 1978

Licne stvari, 1979

Dom za vesanje (Le Temps des gitans), 1988, de Emir Kusturica

Kuduz, 1989, de Ademir Kenovic

Gluvi barut, 1990, de Mira Furlan

Mala, 1991



Arizona Dream, 1993, de Emir Kusturica

La nuit sacrée, 1993, de Nicolas Klotz

Toxic Affair, 1993, de Philomène Esposito

Le Reine Margot, 1994, de Patrice Chéreau

Underground, 1995, de Emir Kusturica

Hiljadu Ijubavnih prica jednog kuvara, 1996

The Lost Son,

Serpent Kiss,

Cudna basta, 1997

El Tren de la vida, 2000, de Radu Mihaileanu

Maria, Figlia del suo Figlio, 2000 - Fabrizio Rossi


Yüklə 30,02 Kb.

Dostları ilə paylaş:




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin