Queixa en relacióN Á convocatoria do programa ángeles alvariñO 2010, plan pgidit-incite (2006-2010)



Yüklə 17,55 Kb.
tarix24.12.2017
ölçüsü17,55 Kb.
#35824


D./Dª.................................................................. con DNI:............................, domicilio na rúa.........................................................................................................; e correo electrónico:........................................................., e teléfono: ..................

EXPÓN:

  1. Que de acordo coa Lei 12/1993, do 6 de agosto, o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (en diante, INCITE) está integrado por tres tipos de programas: os programas horizontais, os programas xerais e os programas sectoriais. Entre os programas horizontais, o Plan INCITE (2006-2010) recolle o Programa de Recursos Humanos (RHS), que ten o propósito de DEFINIR UNHA CARREIRA CIENTÍFICA QUE POSIBILITE A FORMACIÓN E CONSOLIDACIÓN DOS INVESTIGADORES E INVESTIGADORAS, apostando pola súa formación científica tanto en centros de investigación galegos, como de fóra da Comunidade Autónoma, e a súa integración estable no sistema galego de I+D+i.




  1. Que entre as accións formativas de investigadores, encadradas no Programa de recursos humanos (RHS), atópanse os seguintes programas:




      1. MARÍA BARBEITO, de axudas a contratos predoutorais de formación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos de investigación de Galicia.

      2. Angeles Alvariño, de axudas á especialización de doutores recentes en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxectivo potenciar a inserción de doutores recentes nas universidades do SUG (Sistema de Universidades Galegas), institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes que permitan o perfeccionamento da súa formación, incluíndo que parte da actividade subvencionada se desenvolva en centros de investigación de fóra de Galicia e distintos a aquel en que se acadase o grao de doutor/a.

      3. ISIDRO PARGA PONDAL, de axudas á incorporación de doutores con formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros, en universidades, institucións non universitarias sen ánimo de lucro, organismos das administracións públicas, ou as súas entidades dependentes, que desenvolvan actividades de investigación ou innovación.

      4. Lucas Labrada, de axudas á formación e especialización de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

      5. Isabel Barreto, de axudas á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos e privados de investigación.


  1. QUE ESTAS ACCIÓNS FORON CONVOCADAS CON REGULARIDADE NOS ANOS 2007, 2008 E 2009 (DOG nº 157, de 14 de agosto de 2007; DOG nº 156 , de 13 de agosto de 2008, e DOG nº 189, 25 de setembro de 2009, respectivamente), de acordo ao previsto no Plan INCITE (2006-2010).




  1. Que NO ano 2010 non se ten realizada ninguhna convocatoria de nova adxudicación do programa de recursos humanos, e que no Servizo de Formación da Dirección Xeral de I+D+i non poden dar explicacións acerca desta circunstancia, alegando que ate o momento non recibiron instrucións en relación á convocatoria de 2010, malia o evidente retraso respecto ás convocatorias anteriores.




  1. Que a tenor das declaracións do Conselleiro de Economía e Industria, validadas polo Presidente da Xunta no Consello da Xunta celebrado o día 23 de setembro, o investimento na formación do persoal investigador da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, circunscribirase á prórroga dos contratos outorgados en anos anteriores, incumprindo cos obxectivos do Plan INCITE, aínda en vigor para este ano. Isto supón rematar coas posibilidades de financiamento autonómico da formación científica das persoas formadas no Sistema de universidades galegas (SUG).




  1. QUE A POLÍTICA DE INVESTIGACIÓN DA XUNTA PREVISTA PARA 2010 É PRECARIA, resumíndose en:


1) Prórroga das axudas ao persoal investigador concedidas en anos anteriores, e paralización da convocatoria de 2010.

2) Anuncio do Plan “Talentgalia”, que non constitúe ningunha novidade, xa que equivale ao anterior programa IMAN (Unidade de Captación de Intelixencia Estratéxica), que complementaba o programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 (INCITE).

SOLICITA:

  1. QUE SE CONVOQUEN AS AXUDAS DE NOVA ADXUDICACIÓN, CORRESPONDENTES AO ANO 2010, CONTEMPLADAS NO PROGRAMA DE RECURSOS HUMANOS DO PLAN INCITE 2006-2010.




  1. Que se reforcen as axudas de formación a investigadores, promovendo un equilibrio entre a formación do persoal investigador das universidades do SUG, institucións non universitarias sen ánimo de lucro e organismos das administracións públicas galegas, e a atracción de persoal investigador externo, altamente cualificado.




  1. Que a Dirección Xeral de I+D+i e a Consellería de Economía e Industria cumpran co establecido na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, adecuando a súa actividade aos principios de garantía da transparencia, eficacia e a eficiencia na organización e na xestión pública; de proporcionar e difundir información constante, veraz, obxectiva e clara sobre a actuación do sector público autonómico, e de potenciar a súa accesibilidade e receptividade co obxecto de facilitar o coñecemento por parte da cidadanía das informacións e xestións que resulten do seu interese.




  1. Que en virtude do anterior, se atenda esta petición de explicacións de por que non se ten procedido á convocatoria deste programa, e se me facilite información precisa acerca de cando se vai realizar a súa efectiva convocatoria.

En .............................................................., .............. de ................................de 2010.

Asdo. ....................................................................

SR. CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

San Caetano s/n; CP: 15781; Santiago de Compostela


SR. DIRECTOR XERAL DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN

Rúa dos Feáns, Nº 7, baixo; CP:15706; Santiago de Compostela




Páxina de

Yüklə 17,55 Kb.

Dostları ilə paylaş:




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin