Documento de traballo



Yüklə 1,47 Mb.
səhifə12/13
tarix04.01.2018
ölçüsü1,47 Mb.
#37056
1   ...   5   6   7   8   9   10   11   12   13

1.9.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación

Que e para que

Como

Con que

Como e con que se valora

Duración
(sesións)


Actividade (título e descrición)

Profesorado (en termos de tarefas)

Alumnado (tarefas)

Resultados ou produtos

Recursos

Instrumentos de avaliación

    A0. Presentación da UD.

Presentación da UD indicando os obxectivos, contidos e actividades que se desenvolverán e a temporalización establecida.

Tp0.1 Presentación da UD por parte do profesor; os seus obxectivos, os contidos e os tipos de actividades que se desenvolverán, situando esta UD no módulo. Como elemento motivador e utilizando a prensa ou internet, mostrarase albarás, facturas e letras de cambio dunha pequena empresa do sector co obxecto de motivar ao alumnado

Ta0.1. Recibir e analizar a información da presentación proporcionada polo profesor.

Ra01. Compresión da presentación


M0.1.Libro de texto (LT).

M0.2. Bibliografía e prensa económica: Cinco días, Expansión, Nova+ e Revista Emprendedores M0.3.Material para tomar notas.

M0.4. Ordenador con conexión a internet para alumno e profesor

M0.5.Canón de proxección.

M0.6. Distintos modelos de documentos de compravenda


IA0.1.Revisión das tarefas dos alumnos.

IA0.2.Técnicas de observación

0,20

    A1. Documentación básica de carácter comercial e contable

    Pretendese saber cumprimentar con precisión e exactitude a documentación básica comercial e contable dunha empresa do sector co obxecto de familiarizarse cos trámites necesarios para a xestión da mesma



Tp1.1 Motivar o debate o redor da actividade

Tp1.2 Explicar contidos da actividade e do manexo dunha aplicación informática de xestión

Tp1.3 Propoñer cuestións e exercicios prácticos de confección de notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio e comprobar e corrixir as respostas dos alumnos

Tp1.4 Remotivar o debate

Tp1.5 Proposta de visita a sitios Web relacionados con tarefa encomendada

Ta1.1 Participar no debate aberto polo profesor.

Ta1.2 Recibir a información sobre os contidos da actividade, contrastándoa coa do LT (libro de texto), e do manexo dunha aplicación informática de xestión.

Ta1.3 Realizar as cuestións e supostos prácticos de confección de notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio propostos polo profesor e corrixir as súas respostas.

Ta1.4. Participar na reapertura do debate.

Ta1.5. Visitar os sitios web propostos e realizar a tarefa encomendada

Ra1.1. Realización e participación nun debate.

Ra1.2. Comprender e coñecer os

contidos da actividade e do manexo da aplicación informática de xestión.



Ra1.3. Cuestións e supostos prácticos resoltos, comprendidos e arquivados en soporte informático ou en soporte papel.

Ra1.4. Participación na reapertura do debate.

Ra1.5. Obtención da información web, realización e arquivo da tarefa encomendada

M1.1.Libro de texto (LT).

M1.2. Bibliografía e prensa económica: Cinco días, Expansión, Nova+ e Revista Emprendedores

M1.3.Material para tomar notas.

M1.4. Ordenador con conexión a internet para alumno e profesor

M1.5.Canón de proxección.

M1.6. Aplicacións informáticas de xestión administrativa da empresa

IA1.1.Probas de composición e ensaio

IA1.2.Probas de destreza.

IA1.3.Probas obxectivas

IA1.4.Revisión das tarefas dos alumnos.

IA1.5.Técnicas de observación

3,20

A2. Os contratos mercantís

Quérese coñecer como se elaboran os distintos contratos entre dúas persoas ou empresas para dar ou facer algunha cousa ou prestar un servizo.



Tp2.1 Motivar o debate o redor da actividade

Tp2.2 Explicar contidos da actividade.

Tp2.3 Propoñer cuestións e supostos prácticos sobre a actividade (elaborar un contrato de compravenda, ou de prestación de servizos, ou de subministracións ou de seguros) e comprobar e corrixir as respostas dos alumnos

Tp2.4 Remotivar o debate

Tp2.5 Proposta de visita a sitios Web relacionados con tarefa encomendada

Ta2.1 Participar no debate aberto polo profesor.

Ta2.2 Recibir a información sobre os contidos da actividade, contrastándoa coa do LT (libro de texto).

Ta2.3 Realizar as cuestións e supostos prácticos propostos polo profesor e corrixir as súas respostas.

Ta2.4. Participar na reapertura do debate.

Ta2.5. Visitar os sitios web propostos e realizar a tarefa encomendada.


Ra2.1. Realización e participación nun debate.

Ra2.2. Comprender e coñecer os

contidos da actividade



Ra2.3. Cuestións e supostos prácticos resoltos, comprendidos e arquivados en soporte informático ou en soporte papel.

Ra2.4. Participación na reapertura do debate.

Ra2.5. Obtención da información web, realización e arquivo da tarefa encomendada

M2.1.Libro de texto (LT).

M2.2. Bibliografía e prensa económica: Cinco días, Expansión, Nova+ e Revista Emprendedores

M2.3.Material para tomar notas.

M2.4. Ordenador con conexión a internet para alumno e profesor

M2.5.Canón de proxección.

M2.6. Distintos modelos de contratos

IA2.1.Probas de composición e ensaio

IA2.2.Probas de destreza.

IA2.3.Probas obxectivas

IA2.4.Revisión das tarefas dos alumnos.

IA2.5.Técnicas de observación

1,60

A3. Avaliación.

Proba escrita correspondente á avaliación da UD.9.



Tp3.1. Propoñer a realización de unha proba escrita conceptual para que a realice o alumnado (1 sesión)

Tp3.2. Propoñer a realización de unha proba escrita de procedementos (confección de notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para que a realice o alumnado (1 sesión)


Ta3.1. Realización da proba escrita conceptual (1 sesión)

Ta3.2. Realización da proba escrita de procedementos (confección de notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) (1 sesión)

Ra3.1. Proba escrita conceptual cumprimentada da Ta3.1

Ra3.2. Proba escrita de procedementos (confección de notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) cumprimentada da Ta3.2


Para Ta3.1:

M3.1.Fotocopias do exame e papel en branco,

M3.2.Bolígrafo de tinta azul ou negra

M3.3 Calculadora non programable.

Para Ta3.2:

O do apartado anterior mais outro calquera que considere oportuno o alumno/a.



Para Ta3.1:

IA3.1.Probas de composición e ensaio

IA3.2.Probas obxectivas

IA3.3.Revisión das tarefas dos alumnos.

IA3.4.Técnicas de observación

Para Ta3.2:

IA3.1.Probas de destreza.

IA3.2.Revisión das tarefas dos alumnos.

IA3.3.Técnicas de observación

2,00

TOTAL

7

  1. Mínimos esixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación

1.10Mínimos esixibles para alcanzar a avaliación positiva.

Loxicamente, para avaliar o proceso de aprendizaxe dos alumnos e alumnas, tomamos como referencia os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación establecidos para o módulo profesional no Decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente.
Pois ben, os mínimos esixibles para acadar unha avaliación positiva, ordenados por unidades didácticas (UD), e asociados aos correspondentes criterios de avaliación, son os seguintes:


  • UD1:

  • CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

  • CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

  • CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito da electromecánica de vehículos automóbiles, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

  • CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.



  • UD2:

  • CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

  • CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas

  • CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

  • CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

  • CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de electromecánica de vehículos automóbiles en función da súa posible localización.



  • UD3:

  • CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.



  • UD4:

  • CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

  • CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

  • CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.



  • UD5:

  • CA3.6. Identificáronse os trámites esixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

  • CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.



  • UD6:

  • CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.



  • UD7:

  • CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.



  • UD8:

  • CA4.3.1. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumes anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionadas coa electromecánica de vehículos automóbiles.



  • UD9:

  • CA4.4.Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de electromecánica de vehículos automóbiles, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

1.11Procedementos de avaliación

A avaliación pode caracterizarse como o proceso e o resultado de recollida de información sobre un alumno/a ou un grupo de clase que, en comparación cun referente, ten a finalidade de tomar decisións que afecten ás situacións de ensinanza dese alumno/a ou dese grupo. Estas decisións baséanse na consecución das previsións realizadas nos obxectivos ou intencións.
Existen variadas formas de realizar a avaliación, e delas empregaremos tres en maior ou menor medida, escollendo as mellores propostas de cada unha delas, sendo estas:

  1. Avaliación tradicional. Utilízanse en maior medida exames e probas convencionais para avaliar os alumnos/as; valorase o nivel de aprendizaxe dos alumnos/as tomando como orientación o libro de texto ou outros materiais curriculares.

  2. Avaliación de produtos. Refírese á avaliación pola observación e análise dos traballos e cadernos dos alumnos, e os traballos individuais feitos en clase ou na casa.

  3. Avaliación criterial. Maniféstase un maior acordo cos postulados da reforma educativa en relación coa avaliación e os criterios que, sobre esta, se fixan no currículo e sinala a maio importancia que ten na súa práctica docente, para valorar o nivel de aprendizaxe de cada un dos seus alumnos/as, os obxectivos ou competencias establecidas na programación, os criterios de avaliación.

En canto os procedementos de avaliación empregados na materia serán:




  1. PROCEDEMENTOS INFORMAIS

  1. Técnicas de observación.

A través delas a información obtense da observación da conduta o comportamento que os alumnos/as manifestan espontaneamente. Caracterízanse porque:

  • Non teñen como obxectivo a obtención do máximo de información, se non coñecer o comportamento natural dos alumnos en situacións espontáneas.

  • A situación pode ser controlada ou non.

  • Os alumnos non necesariamente teñen conciencia de estar sendo avaliados.

  • Existe o perigo de que quen está sendo observado altere o comportamento para quedar ben.

As técnicas de observación son aplicables en calquera momento da avaliación continua, aínda que encontran a súa maior utilidade na recollida de datos para valorar o dominio de procedementos e o desenvolvemento de actitudes durante o traballo diario dos alumnos na aula.

  1. Entrevistas

Teñen por obxecto a obtención de información sobre estímulos ou experiencias que poden aportar datos útiles para o coñecemento dunha conduta a través dun proceso de interrogación verbal. Estas técnicas constitúen un recurso que ofrece grandes posibilidades para a recollida de información, sobre todo no caso de alumnos que presentan problemas significativos de aprendizaxe.

A súa eficacia depende dunhas mínimas condiciones na súa proposta e desenvolvemento. As características que deben reunir son, entre outras:



  • Evitar planeala como a única oportunidade para tratar de todo e sabelo todo do alumno. Para elo convén fixar previamente o obxecto da entrevista, non incluíndo nela máis aspectos dos necesarios.

  • Crear un clima relaxado, evitando os aspectos de solemnidade e todos os elementos que favorezan a idea de celada.

  • Ter presente que pode resultar máis efectivo escoitar con atención os alumnos tratando de entendelos, que falarlles máis do necesario.

  • Evitar afirmacións ou xuízos de valor prematuros que podan dificultar ou romper a boa comunicación.

Debe planearse a entrevista ou diálogo de forma non directiva, co fin de suscitar a reflexión do alumno e facilitar que comunique os seus desexos, problemas e aspiracións de forma espontánea. En calquera caso haberá que seleccionar o momento adecuado para a realización da entrevista ou diálogo, procurando que non coincida con ningún acontecemento negativo, como poden ser unhas malas cualificacións ou algún conflito de clase.

  1. A auto/avaliación

A auto/avaliación vai permitir coñecer as referencias e valoracións que, sobre o proceso, poden proporcionar os alumnos. Desta forma a información obtida por outros medios poderá enriquecerse coa inclusión de matices novos.

O desenvolvemento da auto/avaliación require a elaboración de cuestionarios mediante nos cales se indagará a opinión dos alumnos sobre aspectos como:



  • A adecuación da programación que se está desenvolvemento.

  • A validez e coherencia do tipo de actividades deseñadas e dos instrumentos ou medios utilizados.

  • A coordinación que se está seguindo con outras áreas.

  • As posibles necesidades de realizar adaptacións curriculares.

  • A revisión dos criterios de avaliación seguidos ata entonces.

  • A revisión dos acordos tomados en reunións ou en sesións de avaliación previas.

  • ….

  1. PROCEDEMENTOS FORMAIS

  1. Técnicas de probas.

Son aquelas nas que a información se obtén presentando ó alumno unha serie de tarefas ou cuestións que se consideran representativas da conduta a medir ou valorar. A partir da execución nas tarefas propostas ou das respostas xeradas no proceso da súa realización, infírese a presenza ou ausencia desa conduta nos alumnos. Caracterízanse porque:

  • Tratan de medir resultados máximos.

  • As condicións de aplicación son estándares.

  • As tarefas son uniformes para todos os alumnos.

  • Os alumnos danse conta de que están sendo examinados.

  • Existen patróns externos que nos permiten realizar as medidas.

Pertencen a este tipo de técnicas os exames e demais probas escritas e orais. En xeral, considéranse especialmente indicados para avaliar as capacidades de:

  • Recordar contidos relevantes xa traballados.

  • Asociar ou establecer relacións coherentes entre contidos próximos.

  • Expresar opinións persoais ou xuízos de valor sobre cuestiones básicas das materias tratadas.

  • Exercitar a atención, a observación, a memoria, a discriminación de contidos, a curiosidade, o análise reflexivo, etc.

  • Comprobar a facilidade de síntese e de abstracción.

  1. Revisión das tarefas dos alumnos.

A revisión das tarefas dos alumnos aporta información dunha maneira continuada, a través do análise do caderno de clase, ou dunha forma puntual, a través do análise de monografías, textos escritos, pequenas investigacións ou exercicios - problemas numéricos que periodicamente o profesor propón.

Este tipo de técnica é útil para a recollida de información referida fundamentalmente a procedementos e actitudes e, en menor medida e dependendo do tipo de tarefa proposta, sobre conceptos.



Yüklə 1,47 Mb.

Dostları ilə paylaş:
1   ...   5   6   7   8   9   10   11   12   13




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin