Documento de traballo



Yüklə 1,47 Mb.
səhifə1/13
tarix04.01.2018
ölçüsü1,47 Mb.
#37056
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   13




I.E.S. DAVIÑA REI

MANUAL DE RECURSOS

Programación didáctica

Md75010101b

(Ciclos LOE)

Rev. 7

Data: 13/12/11

Páx. /10




  1. Identificación da programación

Centro educativo

Código

Centro

Concello

Ano académico

27007247

IES “FCO. DAVIÑA REY”

Monforte (Lugo)

2012-2013

Ciclo formativo

Código_da__familia__profesional__Familia_profesional'>Código da

familia

profesional

Familia profesional

Código do

ciclo formativo

Ciclo formativo

Grao

Réxime

TMV

Transporte e mantemento de vehículos

CMTMV02

Electromecánica de vehículos automóbiles

Medio

Ordinario

Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*)

Código

MP/UF

Nome

Curso

Sesións

semanais

Horas

anuais

Sesións

anuais

MP0460

Empresa e iniciativa emprendedora

2

3

53

64

(*) No caso de que o módulo profesional estea organizado en unidades formativas de menor duración.

Profesorado responsable



Elaboración

Amador Quiroga Olmo / Ana Naval Anido

Impartición

Ana Naval Anido


Índice

Rexenerar co cursor no índice e premendo F9 (actualizar campos)



1.Identificación da programación 1

Centro educativo 1

Ciclo formativo 1

Módulo profesional e unidades formativas de menor duración (*) 1

Profesorado responsable 1

2.Concreción do currículo en relación á súa adecuación ás características do ámbito produtivo 5

3.Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha 13

4.Unidades didácticas 15

1.1Unidade didáctica 1. Título: Iniciativa emprendedora 15

1.1.aIdentificación da unidade didáctica 15

1.1.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 15

1.1.cObxectivos específicos da unidade didáctica 15

1.1.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 16

1.1.eContidos 16

1.1.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 18

1.2Unidade didáctica 2. Título: A empresa e o seu contorno. 22

1.2.aIdentificación da unidade didáctica 22

1.2.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 22

1.2.cObxectivos específicos da unidade didáctica 22

1.2.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 23

Contidos 23

1.2.eActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 26

1.3Unidade didáctica 3. Título: Organización da empresa e análise do mercado 30

1.3.aIdentificación da unidade didáctica 30

1.3.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 30

1.3.cObxectivos específicos da unidade didáctica 30

1.3.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 30

1.3.eContidos 31

1.3.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 32

1.4Unidade didáctica 4. Título: A forma xurídica da empresa. 34

1.4.aIdentificación da unidade didáctica 34

1.4.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 34

1.4.cObxectivos específicos da unidade didáctica 34

1.4.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 34

1.4.eContidos 35

1.4.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 36

1.5Unidade didáctica 5. Título: Trámites administrativos para a constitución da empresa. 39

1.5.aIdentificación da unidade didáctica 39

1.5.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 39

1.5.cObxectivos específicos da unidade didáctica 39

1.5.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 39

1.5.eContidos 40

1.5.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 42

1.6Unidade didáctica 6. Título: A contabilidade na empresa. 44

1.6.aIdentificación da unidade didáctica 44

1.6.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 44

1.6.cObxectivos específicos da unidade didáctica 44

1.6.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 44

1.6.eContidos 44

1.6.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 46

1.7Unidade didáctica 7. Título: A viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial. 48

1.7.aIdentificación da unidade didáctica 48

1.7.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 48

1.7.cObxectivos específicos da unidade didáctica 48

1.7.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 48

1.7.eContidos 48

1.7.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 50

1.8Unidade didáctica 8. Título: A fiscalizade na empresa 52

1.8.aIdentificación da unidade didáctica 52

1.8.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 52

1.8.cObxectivos específicos da unidade didáctica 52

1.8.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 52

1.8.eContidos 52

1.8.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 54

1.9Unidade didáctica 9. Título: A xestión administrativa na empresa. 56

1.9.aIdentificación da unidade didáctica 56

1.9.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan 56

1.9.cObxectivos específicos da unidade didáctica 56

1.9.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado 56

1.9.eContidos 56

1.9.fActividades de ensino e aprendizaxe, e de avaliación, con xustificación de para que e de como se realizarán, así como os materiais e os recursos necesarios para a súa realización e, de ser o caso, os instrumentos de avaliación 58



5.Mínimos esixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación 60

1.10Mínimos esixibles para alcanzar a avaliación positiva. 60

1.11Procedementos de avaliación 61

1.12Instrumentos de avaliación 62

1.13Criterios de cualificación 63

6.Procedemento para a recuperación das partes non superadas 64

1.14Procedemento para definir as actividades de recuperación 65

1.15Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua 66

7.Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente 66

8.Medidas de atención á diversidade 66

1.16Procedemento para a realización da avaliación inicial 66

1.17Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados 70

9.Aspectos transversais 71

1.18Programación da educación en valores 71



  1. Concreción do currículo en relación á súa adecuación ás características do ámbito produtivo

    2.1. DESCRCRICIÓN DO CENTRO FORMATIVO.

    O I.E.S. “Francisco Daviña Rey” atópase no casco urbano de Monforte de Lemos, delimitado polo Paseo do Malecón e póla rúa Doutor Casares tendo, nesta última, a entrada principal no número 63-67.

    O complexo consta de dous edificios separados: o ximnasio e o edificio principal. O edificio principal presenta asemade dous ámbitos moi diferenciados, un de proxección mais vertical e outro de proxección máis horizontal. O primeiro ámbito, que ten tres plantas e soto, conten os servizos xerais do centro e a maior parte das aulas normais. O segundo ámbito, dunha sola planta está ocupado esencialmente por aulas taller.

    O espazo restante complétano unha franxa axardinada na parte frontal que da a rúa Doutor Casares e un pequeno patio asimétrico resultante do peche do recinto entre as dúas estruturas de edificación fundamentais. A natureza do edificio reflicte a súa historia e tamén o carácter polivalente do ensino que nel se imparte, que abrangue dende a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) ata os bacharelatos e a formación profesional inicial, tanto en ciclos de grao medio como de grao superior.

    Perante o presente curso académico no I.E.S. “Fco. Daviña Rey” desenvólvense as seguintes ensinanzas:


    • ESO: Impártense os catro cursos deste nivel.

    • Bacharelato: Impártense este nivel nas modalidades de

    1. Humanidades e Ciencias Sociais.

    2. Ciencias e Tecnoloxía

    • Formación Profesional Inicial:

    1. Ciclos formativos de grao medio:

    • Atención sociosanitaria

    • Electromecánica de vehículos

    • Instalacións eléctricas e automáticas

    • Instalacións de telecomunicación.

    • Coidados auxiliares de enfermería.

    1. Ciclo formativo de grao superior:

    • Sistemas de telecomunicación e informáticos.

    • Programas de Cualificación profesional inicial (PCPI)

    • Cursos da Aula Mentor.


    2.2. DELIMITACIÓN E DATOS DA ZONA DE INFLUENCIA (Z.I.).

    O centro I.E.S. “Fco. Daviña Rey”, está situado en Monforte de Lemos (Lugo), cabeceira da comarca Terra de Lemos, que engloba os concellos de O Saviñao, Pantón, Sober, A Pobra de Brollón, Bóveda e Monforte de Lemos, aos que sirve de referencia nas ensinanzas de formación profesional. Mais no relativo a estas ensinanzas, o I.E.S. “Fco. Daviña Rey” tamén ten influencia, aínda que menor, nos veciños concellos de Chantada, Quiroga, Ribas do Sil, O Incio e Sarria, polo que poderíamos dicir que abarca unha ampla zona do sur da provincia de Lugo. Sen embargo, escolleremos como zona de influencia (ZI) do noso I.E.S., no relativo as ensinanzas de formación profesional, o territorio dos seis municipios que forman a comarca Terra de Lemos.

    A zona a que nos referimos abarca unha extensión de 940,48 km2 onde, no ano 2008, se concentraban 33.786 habitantes, con una densidade media de 35,92 hab/km2. Tratase dunha zona pouco poboada e tan so un municipio achégase aos 20.000 habitantes (Monforte de Lemos) mentres que polo contrario alcanzan amplas superficies.

    O elemento aglutinante dos concellos citados anteriormente son os ríos Sil e Miño cos seus vales, polos que se estende unha paisaxe sociocultural e histórica que lle aporta coherencia como zona común.

    A citada zoa de influencia (ZI) ten, en xeral, un clima de marcado carácter húmido e continental e, pese a súa pantalla pluviométrica que supoñen os sistemas montañosos, as precipitacións superan os 1.200 mm anuais. Sen embargo, estas condicións climáticas modifícanse no fondo dos vales onde se establece unha transición a unha variante do mediterráneo continentalizado que goza dunha condición máis benigna reflectido nunhas menores precipitacións (entre 900 e 700 l/m2); máis insolación e, sobre todo, a inexistencias de xeadas, sendo isto o que marca a gran diferenza coas zonas lindeiras, xa que posibilita o cultivo da vide e a presenza de oliveiras, erbedeiros e incluso laranxeiras. En canto a vexetación, abundan as especies autóctonas, como castaños e carballos, e nas áreas máis elevadas, a matagueira.

    A vertebración territorial da ZI organízase no contorno dun concello, Monforte de Lemos, que concentra o 57,9% dos habitantes dos seis concellos da comarca de Terra de Lemos, converténdose este no principal centro funcional de todo o amplo espazo da ZI.

    A nivel municipal observase o innegable atractivo que exercen as capitalidades municipais para os seus habitantes e que se fai máis visible no caso de Monforte de Lemos, coa que os resto dos municipios manteñen importantes vinculacións, xa que as súas respectivas capitalidades non lle ofrecen os servizos especializados que eles demandan.

    As capitalidades dos concellos de Terra de Lemos suman o 42% da poboación da ZI, do que Monforte case acada o 33,2%, repartíndose o restante 8,8% entre as outras capitalidades, facendo patente o papel aglutinador da capitalidade de Monforte de Lemos.

    Resumindo, a ZI presenta os seguintes valores en distintas variables:


    1. En canto á densidade da poboación, a ZI acada uns valores reducidos, inferiores aos que ten a súa provincia (36,07 hab/km2) xa de por si baixos en comparación coa densidade da Comunidade Autónoma galega que practicamente triplica os seus valores con unha densidade media de 94,13 hab/km2. Esta situación de atonía demográfica constatase ó analizar a evolución que mantén a ZI entre 1999-2008 onde non chega a acadar o valor 1, reflexo da regresión demográfica que ven padecendo e que debuxa un perfil regresivo que se foi acentuando sobre todo dende mediados do século XX e ao que se incorporou o municipio de Monforte de Lemos que, na década dos 70 e 80 mantiña un crecemento positivo.

    2. Dentro da ZI o peso da poboación agraria mantense en valores elevados a pesar do forte descenso que se experimentou na década dos 90. Así nos inicios do século XXI, dos seis municipios que conforman a ZI, cinco superaban o 30% de ocupados agrarios. Esta situación explica que a porcentaxe de poboación ocupada agraria da ZI (21,4%) triplique a que ten Galicia e nos fala da posición especializada na ZI neste tipo de actividade orientada á gandería.

    3. A renda media da ZI (11.536€) mantén uns valores baixos que se sitúan por debaixo das medias da súa provincia (13.272€), de Galicia (12.929€) e, por suposto, de España (14.192€), xa que ningún dos seus municipios superan ditas medias.

    4. En canto ao tempo medio de viaxe, esta variable na ZI alcanza un valor moderado, xa que sobre o territorio estableceuse unha densa rede viaria que facilita o acceso entre os núcleos rurais e urbanos nun tempo medio de viaxe de 30 minutos, pero condicionado pola súa topografía.

    5. A distribución da súa poboación polo territorio fálanos dun poboamento disperso onde o 52,48% da poboación da ZI vive en entidades singulares distintas ao núcleo. Na vertebración do territorio tamén hai que ter en conta a pendente media (17,6%), estando os valores condicionados pola altitude que alcanzan os rebordes montañosos que rodean a ZI.


    2.3. CARACTERÍSTICAS DO ÁMBITO PRODUTIVO DA Z.I.
    2.3.1. Indicadores económicos: PIB e RENDA

    O nivel de renda que presenta a ZI no 2006 é moi contrastado e o seu valor está bastante afastado da renda da provincia de Lugo (13.929€) e incluso de Galicia a pesar de ser máis reducida (12.929€). A nivel municipal, tan solo Monforte de Lemos alcanza unha renda dispoñible por habitante (11.830€) superior á media da ZI, mentres que no extremo oposto a renda municipal mais baixa tena Sober con 10.556€ . Se establecemos a renda per capita de España con valor 100, comprobase que ningún municipio supera ese valor e tan solo os municipios de Monforte (83) e Pantón (81) superan o índice 80, quedándose o resto dos municipios entre o índice 70-80.

    O PIB presenta unha situación tamén moi contrastada. Na comarca de Terra de Lemos ningún municipio alcanza o PIB autonómico (19.762€) e ni tan sequera o da súa provincia (19.383€), sendo o de Monforte de Lemos o máis alto (17.538€) e o máis baixo o de Sober (10.936€).Se establecemos o valor de Galicia como base 100, Monforte de Lemos sitúase o primeiro con tan só 89 puntos.
    2.3.2. O mercado de traballo.

    A ZI presentaba en 2007 un tecido empresarial formado por 2.263 empresas e que supoñen que o conxunto da ZI presente un nivel de industrialización bastante baixo, cun peso importante do sector agrario e en maior medida do sector servizos xerando todo elo un tecido empresarial reducido. Sen embargo fronte a esta atonía empresarial existe una excepción, Monforte de Lemos, pois a súa situación nun nodo de comunicacións e con unha elevada accesibilidade, convérteno no centro terciario e de mercado por excelencia, e, ademais, a súa área de influencia supera o ámbito da súa propia comarca.

    O 56,7% das empresas da comarca Terra de Lemos localízanse en Monforte de Lemos, onde a fabricación de maquinaria local, a industria do calzado e derivados lácteos, xunto coas prestacións de servizos, son as súas actividades más significativas. Xa moi arredado atópase o municipio de O Saviñao co 9,3% das empresas da ZI onde o viño ten o papel protagonista. O resto dos municipios teñen unha participación practicamente testemuñal.

    O perfil da poboación ocupada segundo a situación profesional revela un notable peso de actividades por conta propia (actividades profesionais e empresariais) e, sobre todo, de autónomos agrarios. Así, os empresarios abarcan o 37,3% dos ocupados sobre os cales destaca o papel protagonista que adquiren os autónomos (28,6% do total de ocupados).

    En canto á situación dos traballadores na ZI, os asalariados agrupan o 60,1% dos ocupados, e dentro deles os traballadores indefinidos supoñen o 38,5% dos ocupados, co 50,1% localizados en Monforte de Lemos.

    Obsérvase, pois que na Terra de Lemos dáse un predominio claro dos asalariados ocupados, na súa maior parte no sector terciario, sobre os empresarios, a maioría destes autónomos e, ademais, a nivel municipal, Monforte de Lemos desempeña un papel reitor con un nivel elevado de asalariados.

    As características estruturais da dinámica demográfica da ZI condicionan o seu mercado de traballo, pois comparte a tendencia de desaceleración do crecemento que experimenta neste senso a súa provincia e, en menor medida, a Comunidade Autónoma galega e que se trasladou ás persoas en idade de traballar. Así, o mercado de traballo na ZI experimentou transformacións moi significativas nas últimas décadas do século XX e que definen a súa estrutura actual:


    • As variables básicas do mercado de traballo actual tenden a unha evolución paralela cos niveles medios galegos: unha taxa de actividade sensiblemente inferior á media galega (máis de oito puntos); unha taxa de paro igualmente máis baixa con referencia ó total autonómico e unha porcentaxe de ocupación tamén máis baixo que a media galega.

    • En decembro de 2009 a taxa de paro da ZI era do 11,65%, con un volume total de parados 2.224 persoas. En gran medida esta situación ven provocada polo comportamento do sector servizos que aglutina a maior porcentaxe (53,8%) de desempregados en dito ano. É de resaltar “o bo comportamento” seguido polo emprego industrial, que mantén un crecemento continuado na segunda quincena dos años 90 e os nove primeiros anos do século XXI, permitindo que a súa taxa de paro se estabilizase entorno ao 11% de media. O sector primario mantén valores de paro rexistrado por debaixo do 5%.

    • No mesmo ano 2009, a provincia de Lugo tiña unha taxa de paro 9,29% (dous puntos por debaixo que a da ZI), mentres que a de a provincia de A Coruña era do 11,63% (similar a da ZI), a da provincia de Ourense era do 10,30% (pouco mais dun punto por abaixo da ZI), a da provincia de Pontevedra era do 15,54% (catro puntos por enriba da ZI) e a do estado español era do 18,01% (mais de sete puntos enriba da ZI).


    2.3.3. Os sectores económicos

    O tecido propiamente empresarial da ZI está formado segundo datos do 2009 por un total de 2.263 empresas, das cales un 19,3% concéntranse na industria, un 16,9% na construción e un 72,7% no sector terciario. Tratase dunha zona con un compoñente fundamentalmente agrario, no que a gandería, agricultura e aproveitamento dos recursos forestais constitúen a base da súa economía. A actividade industrial centrase no subsector agroalimentario, ó que hai que engadir a produción hidroeléctrica e a potencialidade turística cómo actividades que contribúen a súa diversificación económica.

    O carácter urbano de Monforte convérteo nun importante centro comercial e de servizos públicos e persoais, cun ámbito de influencia que en ocasións excede os límites comarcais, constituíndo o principal núcleo de poboación e económico do sur da provincia. Os restantes municipios da ZI teñen un carácter mais rural e basean a súa economía preferentemente nas actividades agropecuarias, entre as que destaca a viticultura, a partir da que se elabora o famoso e recoñecido viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

    Se tomamos como referencia a provincia, remarcase con mais intensidade a especialización primaria da Zona, pois aínda sendo Lugo unha provincia agraria, os municipios que conforman a ZI acadan unha especialización agrícolagandeira moi definida, presentándose como unha función especializada na maior parte de seus municipios, mentres que as restantes funciones presentan unha posición moi secundaria dentro da provincia, a excepción de Monforte de Lemos.



    1. Sector primario.

    Os cambios más significativos operados neste sector durante a última década do século XX ata hoxe, céntranse nas condicións produtivas e pódense concretar en dous: por unha parte un importante axuste demográfico e por outro, as fortes deficiencias estruturais. Como anteriormente se referiu, a redución da poboación ocupada no sector primario entre1991 y 2001 superou amplamente o 25% (cunha importante aceleración do descenso na década dos 90), aínda que supón un ritmo de baixada inferior ó rexistrado no conxunto de España e da propia Comunidade Autónoma, provocando todo elo a existencia na actualidade dunha elevada mano de obra agraria.

    Por outra banda, no campo persisten unha serie de deficiencias estruturais que afectan especialmente á base estrutural das explotacións: reducida dimensión das explotacións, cunha pequena superficie media por parcela. Sen embargo, a especialización gandeira da ZI determinou unha tendencia á concentración da propiedade cun predominio das parcelas grandes e regulares, aínda que nalgunhas áreas se manteñen as praderías máis naturais intercaladas por masas forestais, determinando unha estrutura de parcelas grandes pero irregulares.

    Simultaneamente a esa redución da man de obra agraria, a produción intensiva de cultivos forraxeiros fixo aumentar as técnicas de cultivos mediante unha maior mecanización destas labores. Así, prodúcese unha expansión notable do parque de maquinaria iniciado a finais dos anos 80 e comezos dos 90, e que se continúa na actualidade.

    Dentro do sector primario da ZI destacan con especial importancia as seguintes actividades económicas:



    • O viñedo. É un dos cultivos que adquiriu nos últimos anos unha gran relevancia favorecido polo microclima da ribeira do Miño e do Sil. Preferentemente elabóranse vinos tintos e, dentro das distintas variedades, o mencía alcanza unha maior produción abarcando o 68,3% do total da súa produción.

    • A explotación forestal. O chan forestal abarca máis da metade da superficie da ZI (52%), aínda que experimentou entre 2000-2008 un decrecemento dun 5,3% no total da súa superficie. O 60% da superficie forestal esta arborizada (sobre todo caducifolias autóctonas e o pino), Do resto da superficie forestal, o 26,9% está dedicado a matagueira (13,3%) e a matagueira arborizada. A propiedade forestal en Galicia caracterizase polo seu carácter privado, así das 2.039.572 ha de superficie forestal, 1.994.418 ha son montes privados. O obxectivo non debe ser exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorais), producir setas, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que afonden no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

    • A gandería. A actividade gandeira da ZI desenvolvese a partir dun elevado número de pequenas e medianas explotacións orientadas ao ganado bovino de produción láctea e, en menor medida, cárnica, cun elevado grado de modernización. A elo hai que engadir algunhas granxas de gando porcino y avícola.

    Hoxe en día as explotacións gandeiras de bovino de orientación láctea constitúen a súa principal sinal de identidade e gran parte da agricultura está orientada cara a ela, propiciando a extensión de pastos, plantas forraxeiras e millo para a súa alimentación. Entre 1997-2007 a cabana de gando vacún da ZI moveuse entorno a las 36.000 cabezas que representan o 8,25% das reses da provincia luguesa (a máis gandeira de toda Galicia) e o 4% da galega.

    En canto ao ganado porcino a cabana que ten a ZI abarca o 10% da cabana porcina da provincia; en este cómputo global hai que diferenciar entre reses reprodutoras, de escasa representación e as de cebo, que abarcan el 90% de toda a cabana porcina e que entre 1997-2007 experimentou un crecemento no seu número de máis dun terzo.

    Dentro do sector agropecuario destaca unha cooperativa pola súa significación produtiva e a súa implantación no territorio. A Cooperativa Lemos, integrada por máis de 500 socios que mantén a súa base tradicional nos seis municipios da ZI (comarca de Terra de Lemos) e no de O Incio. Pero nos últimos tempos está sumando algúns socios novos do norte da provincia de Ourense. A cooperativa monfortina mantén a relación de negocio habitual entre as súas dúas principais actividades, a leite e a carne. A primeira representa o 75% do volume de negocio e a segunda o 25% restante.

    A Cooperativa Lemos facturou no 2008 arredor de catorce millóns de euros, un millón máis ca en 2007. A entidade agropecuaria de Monforte opera en dúas liñas de forma decisiva. Ademais da leite, que ocupa a primeira (75% do negocio), cada ano é de maior relevancia o nivel das transaccións en carne. A cooperativa xestiona 70.000 litros de leite ao día, mentres que na sección de carne, atende 1.000 cabezas de recría e 1.800 entre becerros e vacas, con 1.200 xatos amparados pola denominación Tenreira Galega.



    1. Sector secundario

    O tecido industrial da ZI ascendeu no ano 2009 a 603 empresas, que representan máis do 15% das que existen na provincia de Lugo. Dentro dese cómputo global de empresas encadradas no sector secundario, tan só 228 teñen un carácter propiamente industrial, mentres que as 375 restantes son empresas do ramo da construción.

    A distribución espacial por municipios das actividades propiamente industriais e do seu emprego, reflexa unha clara concentración en Monforte de Lemos, xa que engloba ao 59% das empresas, mentres entre os restantes municipios algúns alcanzan porcentaxes moi baixos inferiores ao 5% (Bóveda e A Pobra de Brollón) reflexo da súa atonía industrial; Pantón, O Saviñao e Sober manteñen unha situación intermedia con unha densidade empresarial moderada abarcando entre un 5 e un 15% de empresas sobre o total da ZI.

    Dentro do tecido empresarial da ZI, de xeito xeneralizado constatase o predominio das pequenas empresas, o que limita a súa capacidade de inversión. Corroborando esta afirmación, contabilízanse tan só dúas empresas con 30 o máis empregados, entre 30 e 20 traballadores aparece unha, mentres que entre 20 e 10 empregos aparecen sete empresas, quedando o resto das empresas industriais por debaixo dos 10 empregados.

    A actividade industrial está pouco desenvolvida, garda un forte contido artesanal e na maioría dos casos está moi relacionada coa gandería e a agricultura ecolóxica que pode constituír unha potencialidade futura.

    O perfil produtivo concretase claramente si procedemos á desagregación das empresas por ramas de actividade onde, exceptuando a rama da construción, a máis importante segundo o número de empresas é a industria manufactureira con 323 empresas, entre as que ocupan un lugar preferente as industrias agroalimentarias derivadas da súa especialización agrogandeira, con un papel destacado das bodegas. Ademais, a gandería especializada facilitou o establecemento dunha industria derivada (matadoiros, fabricación de produtos lácteos, fabricación de pensos para alimentación de gando). Un segundo lugar ocúpano os talleres de carpintería metálica que se engloban dentro do epígrafe de “metalurxia e fabricación de produtos metálicos”, seguido das empresas do calzado e, máis afastado, o ramo téxtil ou da madeira. Estas citadas ramas de actividade supoñen o 94,4% das empresas industriais da ZI, o que define un tecido empresarial reducido e ligado en gran medida a produtos agroindustriais de carácter local.

    O sector do calzado conta con unha longa tradición na ZI e durante largo tempo este territorio identificábase pola súa tradicional industria do calzado que, hoxe en día agrupase na Asociación de Fabricantes, desde a que se dinamiza o sector abrindo novas liñas de produción, participando en feiras, abrindo novos mercados, etc. Calzados Losal e Curtidos Galaicos son empresas representativas deste ramo e que, para sobrevivir, especializáronse en produtos específicos e de calidade.

    A industria da madeira engroba tanto serradoiros como fábricas de mobles e ataúdes, aínda que nos últimos anos está en franca regresión e cerraron moitas empresas do ramo. As cooperativas téxtiles, pequenas empresas de carpintería metálica e fabricación de cadros eléctricos ou a extracción de materiais de construción complementan o sector industrial.

    Como apoio a este desenvolvemento empresarial, a ZI conta con parques empresariais operativos nos municipios de Bóveda, Monforte de Lemos e O Saviñao, que supoñen de 400.000 metros cadrados de chan empresarial. Sen embargo neste sentido o proxecto de infraestrutura empresarial que, polo seu propio peso, converteuse na esperanza de futuro da ZI é o Porto Seco de Monforte. Tratase dun centro loxístico de distribución de mercancías, que posibilitará a instalación en Monforte de importantes empresas dedicadas á distribución de diverso tipo de materiais ou produtos manufacturados (cóntase xa cun compromiso dunha forte empresa, Pacadar, de prefabricados de obra civil cun centenar de empregos directos) que, a súa vez, potenciarán a actividade na estación de ferrocarril facilitando deste xeito o asentamento industrial e a creación de emprego. Disporá dunha superficie total de 307.053 metros cadrados repartidos en equipamentos, aparcamentos, rede viaria, zonas verdes e plataforma intermodal. A superficie lucrativa constará de 173.086 metros cadrados, de xeito que abarcará unha parcela para descarga de mercancía e áreas de parcelas pequenas, medianas e grandes.



    Outras actividades económicas do sector secundario a destacar na nosa ZI son:

    • Construción. No 2009 a ZI aglutinaba o 11,35% das empresas (375) construtoras que supoñen o 9,4% das que existen na provincia de Lugo e o 1,4% das galegas. Na súa maioría trátase de empresas de reducido tamaño, que raramente alcanzan a decena de traballadores, e que nunha ampla maioría son eventuais. A nivel municipal, Monforte de Lemos ten un carácter protagonista, xa que concentra case as tres cuartas partes das mesmas.

    En canto á poboación ocupada neste subsector, experimentou entre 1991 y 2001 un leve decrecemento (próximo al 3%), xa que nas décadas anteriores había coñecido un notable auxe apoiado na expansión urbanística que experimentou sobre todo o núcleo de Monforte de Lemos apoiado no retorno de emigrantes. Pero a partir de 2007 e ata o ano 2010 a actividade do subsector da construción sufriu un forte retroceso, acadando no último ano citado (2010) unha taxa de paro do 17,89%.

    • Enerxía. A enerxía ten unha importancia estratéxica como factor de desenvolvemento, de competitividade económica e, en definitiva, de mellora da calidade de vida. Unha mención especial hai que facer á industria hidroeléctrica, pois o sur de Lugo alberga dous dos embalses máis importantes de Galicia: Belesar e Os Peares (O Saviñao e Pantón), que cunha potencia instalada de 384 MW convértea nun espazo exportador de enerxía eléctrica. Mais as enerxías renovables erixíronse como unha das alternativas más viables para satisfacer a demanda enerxética primaria, e a mellor opción para a conservación do medio ambiente, xa que quedan cubertas as necesidades enerxéticas sen ter que utilizar recursos naturais esgotables. Estas enerxías renovables, cada vez máis, desempeñan un papel de maior relevancia dentro das fontes de abastecemento enerxético, xa que a necesidade de reducir a dependencia enerxética exterior e a redución dos gases causantes do efecto invernadoiro provocou que a Comunidade Europea apostara por estas enerxías, ás que se sumou Galicia en 1995 establecendo unha regularización do sector da enerxía eólica a través do Decreto 205/95, que establecía a figura do Plan Eólico Estratéxico. Ase mesmo, estas enerxías constitúen un importante viveiro de emprego, tanto con empregos directos (mantemento dos parques) como indirectos, xa que pouco a pouco en Galicia se está creando unha infraestrutura técnica suficiente para desenvolver proxectos, en especial en enerxía eólica, ou para exportar compoñentes a outros países.

    Actualmente, un elevado porcentaxe da electricidade producida en Galicia procede de enerxías renovables autóctonas e se prevé un aumento significativo tanto da potencia como da produción sobre todo dentro da enerxía eólica, mentres que as expectativas de crecemento en recursos hidráulicos son máis reducidas.

    • Denominación de Orixe (D.O.)Ribeira Sacra. A produción vitivinícola da ZI englobase dentro desta D.O. que abarca 14 municipios situados ao largo das ribeiras do Miño e do Sil, que se agrupan en cinco subzonas diferenciadas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño, na provincia de Lugo, e na de Ourense, a subzona de Ribeiras do Sil.

    Se ben a Ribeira Sacra no seu conxunto abarca unha superficie de 2.500 hectáreas, no Consello Regulador tan solo están inscritos 1.255 ha e dentro de elas, por municipios, é de resaltar o papel preponderante que alcanzan os municipios de Sober (189,3 has), Pantón (184,9 ha), e O Saviñao (148,9 ha).que abarcan o 54,6% da superficie de viñedo de toda a ZI acollida á D.O. Este sector vitivinícola, xa tradicional neste espazo, experimentou un forte auxe derivado da modernización das bodegas, co emprego da nova tecnoloxía, o que, unido ao saber ancestral no manexo dos caldos, da como resultado un produto final de excelente calidade. A creación da Denominación, que co seu Consello Regulador vela por esta calidade, contribúe tamén a mellorar a produción e a súa comercialización. Todo o traballo de selección de uvas e a busca da calidade conseguiu que moitos dos seus caldos se alcen con numerosos galardóns nos distintos concursos nacionais e internacionais aos que se presentan. Así, no 2010 varias marcas da D.O. aparecían na apreciada lista Parker.

    • Cerámica. A olería de Gundivós como toda a olería tradicional ten a súa orixe na realización de cerámica con fins prácticos para os habitantes da súa comarca. Aquí as vasillas eran para o seu uso nos fogares para a cocina, bodega, …, e como consecuencia de estar nunha zona vinícola especializáronse en vasillas para o viño polo que recorreron á impermeabilización con pez que ademais lle daba un sabor especial as bebidas, aínda que non pode ser utilizado con líquidos quentes nin sustancias alcohólicas fortes xa que se disolvería. Actualmente a cerámica de Gundivós é moi apreciada con fins decorativos aínda que sigue conservando as formas das vasillas que se facían tradicionalmente e escurecendo o exterior das pezas baixo o efecto do fogo, estean o non impermeabilizadas con pez. Hoxe en día está en fase de revitalización e se manteñen operativos catro artesáns que se dedican á realización de cacharros, que se vende agora incluso nas mellores tendas de decoración de toda España e tamén se vende nas casas dos propios oleiros.

    • Queixo Tetilla. A zona de produción de leite para a elaboración de "Queixo Tetilla" comprende todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e dentro deste territorio os elaboradores de "Queixo Tetilla" utilizarán sempre leite procedente das razas Frisona, Pardo Alpina e Rubia Galega, alimentadas segundo prácticas tradicionais. Ase mesmo, toda a leite empregada na elaboración procede exclusivamente de ganderías establecidas na zona de produción e controladas polo Consello Regulador. Así, Celega (Central Leiteira Galega) en O Saviñao mantén a súa produción nesta D.O.

    Unha das empresas significativas deste sector é Queserías Prado, SL, radicada no polígono industrial de Monforte de Lemos, que é unha das dez principais empresas do sector lácteo que operan na Comunidade Autónoma galega. Conta con unha capacidade de recollida diaria de leite de 100.000 litros que entregan os gandeiros de diferentes zonas de Galicia para producir diferentes tipos de queixo que abarcan desde o de barra hasta o galego, pasando polo queixo tetilla da D.O.


    1. Sector terciario

    O terciario é o sector económico que experimentou un maior crecemento económico e agrupa a maior porcentaxe de empresas da ZI (72,7%), entre as que destacan as dedicadas ao comercio (1.026 empresas), inmobiliarias (401 empresas), hostalería (363) e transporte (226 empresas). O sector servizos mantén un comportamento moi positivo sobre todo nos últimos vinte anos en que crece por encima da media da economía galega neste sector, o que supuxo un aumento importante do seu grado de terciarización, sendo as ramas de hostalería e restauración, servizos a empresas e, sobre todo, a do comercio polo miúdo as que rexistran un incremento maior. Emprega máis da metade da poboación ocupada da ZI, acadando en 2009 o 52,8%, sendo Monforte de Lemos co 69,1% de ocupados neste sector o municipio cun maior índice de terciarización da ZI.

    Tratase de empresas de carácter familiar que abastecen a un mercado local ou comarcal e que adoptan unha localización preferente en núcleos urbanos, sendo o municipio de Monforte o que concentra o maior número de empresas, confirmando así o seu carácter de centro comarcal de servizos.

    En canto a Monforte, co 47,6% das empresas terciarias, constitúe un centro comercial e, sobre todo, de servizos de toda a ZI, destacando os servizos públicos. A importancia do comercio no seu núcleo urbano débese tanto a súa diversificación como á existencia dun importante comercio polo miúdo debido á alta centralizade que posúe. En canto aos servizos públicos, a súa importancia ven dada polo rango que adquire a capital en todo o sur de Lugo, contando con oficinas da Axencia Tributaria Estatal, da Seguridade Social, Servizo Galego de Colocación, Notarías, Rexistro da propiedade,… Así mesmo, dispón dun Hospital comarcal que atende a Area de Saúde de Monforte con unha extensión de 1.835 Km2 (18,62% da superficie de Lugo e o 6,2% de Galicia), que atende a 11 municipios cunha poboación aproximada de 65.000 habitantes mediante 450 profesionais, 140 camas, 5 quirófanos e 25 salas de consulta externa.

    Nun segundo nivel, superando a centena de empresas terciarias, sitúase O Saviñao (7,8% de empresas terciarias). O resto dos municipios concentran nas súas cabeceiras municipais dotacións propias do seu rango e do límite que lle impón a súa poboación.

    As actividades económicas más importantes da nosa ZI correspondentes ao sector terciario serían:


    • Comercio. As empresas dedicadas al comercio (1.026) abarcan el 42,4% do tecido empresarial terciario da ZI, das cales un 47,6% localízanse en Monforte, remarcándose una vez máis o carácter centralista que exerce esta capitalidade sobre o resto dos municipios da ZI.

    O nivel de equipamentos comerciais nesta ZI extráese do análise do IAE referente aos anos 1998-2008 e que nos ofrece unha visión das dimensións e características que alcanza a actividade comercial. En Monforte dita actividade apoiase nun comercio polo miúdo tradicional moi importante que abarca o 65,9% das actividades polo miúdo das de a súa comarca, pero sobre todo nun comercio almacenista (46,1% de las actividades almacenistas do Sur de Lugo en 2008) que da servizo a unha área que supera os límites da propia ZI e que cubre actividades de alimentación na súa maioría, pero tamén está relacionado con produtos para a actividade agraria.

    Na cidade de Monforte acaeceron, de uns anos a esta parte, unha serie de acontecementos que afectaron a algúns dos principais referentes económicos a nivel comarcal. A perda de importancia como nodo ferroviario, a crise do sector lácteo e da industria do calzado, en definitiva, a perda do tradicional carácter ruralagrario das comarcas do interior de Galicia, afectou profundamente á vida económica local e, por suposto, tamén ao tecido comercial da comarca de Terra de Lemos. Con este escenario negativo de fondo, un grupo de comerciantes, conscientes dos procesos que foron modificando os hábitos e as demandas de consumo da poboación galega en xeral, empezaron a traballar nun proxecto capaz de frear o declive do comercio local. Con este propósito, a principios do ano 2002, constituíuse en Comisión Xestora para poñer en marcha entre os comerciantes pequenos e medianos un Centro Comercial Urbano, para promover a renovación do comercio en Monforte, ao que se asociaron máis de 110 establecementos. O Centro Comercial Urbano representa unha zona de compras cada vez más atractiva, rendible e de fácil e cómodo acceso, con dotación de aparcamentos, uso de peóns, campañas de promoción e de animación dos comerciantes, que se agrupan baixo unha xerencia única, cun criterio de unidade e imaxe común propia permanente.

    A renovación urbana da cidade, a recuperación e progresiva posta en valor do seu rico patrimonio cultural, o novo equipamento hoteleiro e a remodelación do centro, parecen recomendar e, incluso, esixen aproveitar a oportunidade de transformar o pequeno comercio nun verdadeiro Centro Comercial Urbano, capaz de ofrecer a rede de servizos avanzados que demandan os novos consumidores e que o pequeno comerciante apenas pode ofrecer de modo independente.

    A apertura do Parador Nacional marcou un novo horizonte comercial na vila. Nesta mesma liña de decidida renovación, o proxecto ferroviario de creación dun Porto Seco e a mellora das comunicacións con Lugo e Santiago, contribuirán, sen dubida á consolidación dun novo escenario económico, que incrementará a capacidade de atracción comercial.



    • Inmobiliarias. As empresas inmobiliarias supoñen o 16,6% do tecido empresarial da ZI e das cales o 80,7% se localizan en Monforte . Esta situación propiciouse porque é no núcleo urbano deste municipio onde os inmigrantes investiron os seus aforros en vivendas propiciando un boom inmobiliario, que actualmente se desinchou ao estallar a burbulla inmobiliaria de 2008 e que dura actualmente.

    • Hostaleríaturismo. O turismo é outra actividade económica que está experimentando tamén un crecente auxe, coa apertura de novas infraestruturas de aloxamento, favorecido sen dúbida pola diversidade de atractivos turísticos cos que conta a ZI e que conseguen o seu máximo expoñente na denominada Ribeira Sacra, una ampla área que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, entre o sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense; tratase dunha zona especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza, ao que se une unha das maiores concentracións de mosteiros medievais de Europa.

    A gran diversidade de flora e fauna, ofrece un espectáculo natural incomparable, con posibilidades infinitas para os amantes do contacto directo coa natureza. As augas dos ríos que debuxan estas ribeiras tan engaiolantes, gozan de excelentes condicións para a pesca e deportes de aventura. Ademais, a riqueza monumental e artística mesturase cunha contorna paisaxística inigualable.

    A hostalería concentra o 15% das empresas terciarias da ZI, dentro das cales Monforte de Lemos alcanza un maior protagonismo concentrando o 41,3% das mesmas.

    Ase mesmo, a ZI conta cun concello declarado de interese turístico: Monforte de Lemos. O municipio de Monforte de Lemos constitúe un punto de referencia turística, gastronómica, cultural e de ocio na “Ribeira Sacra” lucense, e esta posición vese reforzada polas novas formas de turismo rural e a apertura do Parador de Turismo.

    O segundo lugar, en cuanto ao número de empresas, ocúpao O Saviñao co 8,5% das empresas de hostalería da ZI, xa que esta rama de actividade está en auxe debido á aceptación crecente do turismo rural e a promoción que se está a facer da zona pola súa beleza natural.

    Xeneralizando pódese dicir que se trata de pequenas empresas, atomizadas, xa que na súa maioría nútrese de bares, restaurantes de carácter familiar e reducido persoal. Sen embargo nos últimos años coñeceuse unha modernización do sector coa introdución de aloxamento hoteleiro de maior calidade (como por exemplo o Parador Nacional) que leva parello uns servizos complementarios de maior nivel e especialización.

    En canto á infraestrutura de aloxamentos a mediados dos anos oitenta a ZI dispoñía dunha oferta hoteleira simbólica: un hotel de menos de tres estrelas e catro hostais de menos de tres estrelas, localizados todos eles en Monforte. Co cambio de século a oferta vaise ampliando e diversificando ao igual que na súa provincia e así, a ZI pasa a concentrar o 15% dos establecementos hoteleiros e o 11% das prazas hoteleiras da provincia de Lugo. En 2007 a ZI rexistra 18 establecementos hoteleiros e 315 prazas. En el 2009 a oferta hoteleira consolidase e os establecementos hoteleiros xa superan a trintena e as pazas achéganse as 600 no seu conxunto.

    Entre os establecementos de maior categoría destacan dous pola súa singularidade e categoría. Por un lado está o Parador Nacional de Turismo de Monforte situado no Conxunto Monumental de San Vicente do Pino formado pola Torre de Homenaxe, o Mosteiro de San Vicente do Pino e o Palacio dos Condes de Lemos, incluíndo estes dous últimos as instalacións do Parador. Tras a súa restauración converteuse agora nun Hotel con 50 habitacións, distribuídas ó redor do claustro central e nun edificio anexo denominado "Casa do Monte forte", con capacidade total para 100 prazas.

    O outro referente hoteleiro de calidade na ZI esta ligado ao turismo termal, de larga tradición ao largo dos seus ríos. Tratase do Hotel Golf Balneario Augas Santas, inaugurado en 2006.

    Ademais o viño converteuse nun estímulo para o auxe do turismo, pois o seu cultivo fomenta o coidado dunha paisaxe non repetible que, doutro xeito habería desaparecido e, ase mesmo, atrae unha gran afluencia turística, fomentando a súa vez o crecemento da oferta hoteleira da Z.I.

    O turismo rural é unha peza estratéxica para fixar poboación e favorecer o desenvolvemento turístico da ZI. A súa oferta hoteleira creceu de maneira significativa no século XXI, xa que en 1994 tan solo se contabilizaba un establecemento en O Saviñao con 10 prazas. Sen embargo no 2009 contabilízanse 22 establecementos que ofrecen 219 prazas. Dentro desta oferta sobresaen as seis casas que se inclúen dentro do grupo A (pazo, rectoral e casa grande) que se reparten entre os municipios de Pantón, Sober, e O Saviñao.

    Sen embargo a estacionalidade é un dos problemas do sector, centrándose as reservas practicamente en verán e datas sinaladas. A aposta pola calidade, como estratexia para poder competir con destinos emerxentes que se introducen no mercado turístico de forma vertixinosa, faise cada día máis necesaria. Os destinos turísticos han de ofrecer maior calidade e diferenciación a través do servizo, co obxecto de ser líderes e atraer a máis turistas.


    Yüklə 1,47 Mb.

    Dostları ilə paylaş:
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   13




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin