Os instrumentos para a avaliación da aprendizaxe, relacionámolos de acordo ca división do apartado anterior 5.2:
Instrumentos para procedementos informais de avaliación
Para as técnicas de observación
Controlar as intervencións orais dos alumnos a través de tarefas específicas, como ler algún parágrafo dun texto para comentalo mais tarde, que aporten valoracións, indicacións ou comentarios sobre os temas que se están a traballar nese intre, que escriban e lean traballos de redacción propia, que recorden e enuncien principios xerais, leis ou datos que resulten relevantes, que manifesten as súas dúbidas ou as dificultades para comprender determinados contidos, etc.
Observar o traballo do alumno, individualmente ou en grupo, en diferentes situacións, tales como: no encerado, en equipo, na aula de informática, visitas a centros de interese, etc., e comprobar o seu índice de participación, os seus niveles de razoamento, atención, expresión; as súas habilidades e destrezas; a aplicación ou desenvolvemento que fai dos conceptos; se consulta outras fontes de información; se aporta criterios ou valoracións persoais, etc.
Para aproveitar mellor a información que poden aportar estas observacións, usaranse escalas e/ou listas de control nas que se recollerán de unha maneira sistematizada os aspectos observados. As listas de control conteñen unha serie de aspectos a observar, ante os que o profesor sinala a súa presenza ou ausencia durante o desenvolvemento da actividade o tarefa.
Para as entrevistas.
Empregaranse guións máis ou menos estruturados, preparados cada caso que sexa necesariaa súa utilización, xa que a súa utilización limitarase o caso de alumnos que presentanproblemas significativos de aprendizaxe.
Para a auto/avaliación
Para a realización da auto/avaliación que permita coñecer as referencias e valoracións que, sobre o proceso, poden proporcionar os alumnos, empregarase a Ficha para a avaliación doprofesor MD75010406i, documento do sistema de calidade do noso centro.
Instrumentos para procedementos formais de avaliación
Para as técnicas de probas.
Probas de composición, ensaio e destreza.
As probas de composición e ensaio están encamiñadas a pedir os alumnos que organicen, seleccionen e expresen as ideas esenciais dos temas tratados. Son adecuadas para realizar análise, comentarios e xuízos críticos sobre preguntas explicativas ou de desenvolvemento, textos ou calquera outro documento, visitas a exposicións e empresas, saídas culturais, asistencia a conferencias, charlas - coloquio, etc. Desde o punto de vista da intervención docente ofrecen moitas vantaxes pola diversidade de
facetas que permiten avaliar no alumno: a lóxica das súas reflexións, a capacidade comprensiva e expresiva, o grao de coñecemento sobre a materia tratada, os procedementos seguidos nos seus análises, se chega a extraer unhas conclusións coherentes, etc.
As probas de destrezas ou habilidades estarán constituídas por exercicios prácticos, tanto numéricos como teóricos, que poden constar de varios apartados, nalgún dos cales se pode pedir unha interpretación e valoración relativa os cálculos efectuados ou métodos empregados para a resolución do problema, valorándose especialmente a capacidade de análise e/ou de relacionar.
Probas obxectivas.
Caracterízanse por ser breves no seu enunciado e na resposta que se demanda. Teñen, senembargo, o inconveniente de que as respostas consideradas correctas están previamentedeterminadas. O uso destas probas centrarase preferentemente na recollida dainformación que podan aportar, antes que no rigor ou control de obxectividade da probaen se mesma. Con este criterio poden ser válidas a maioría das que actualmente están enuso, tales como:
Preguntas de resposta corta: En elas o alumno debe aportar unha información moi concreta e específica que poderá resumirse en unha frase, un dato, unha palabra, un signo, unha fórmula, etc., evidentemente referidos a cuestións de certa relevancia.
Preguntas de texto incompleto: As respostas quedan intercaladas no texto que se lles presenta ós alumnos (que deberá ser un enunciado verdadeiro ó que lle falten algunhas palabras). Son particularmente adecuadas para valorar o recordo de feitos, o dominio dunha terminoloxía exacta, o coñecemento de principios básicos, etc.
Preguntas de correspondencia ou emparellamento: Consisten en presentar dúas listas (A e B) con palabras ou frases breves dispostas verticalmente para que os alumnos establezan as relacións que consideren adecuadas entre cada palabra da columna A coa correspondente da B. Incluirase en cada ítem un número desigual de elementos entre as columnas A e B para evitar que se establezan relacións por eliminación. Están indicadas para tarefas de memorización, discriminación e coñecemento de feitos concretos.
Preguntas de opción múltiple: Constan dun tronco ou base no que se fundamenta o problema, e un número indeterminado de respostas opcionais das cales unha é a correcta e as demais son “distraccións”. Son recomendables para valorar tarefas de comprensión, aplicación, discriminación de significados, etc.
Preguntas de verdadeiro - falso: Son moi coñecidas e habituais. Poden ser útiles para medir a capacidade de distinción entre feitos e opinións, ou para mellorar a exactitude nas observacións.
Para revisión das tarefas dos alumnos:
Análise de monografías, textos escritos, exercicios prácticos e pequenas investigacións.
Este tipo de tarefas ten como finalidade afondar nalgún coñecemento ou destrezaespecífica, favorecer a adquisición de determinados procedementos e desenvolveractitudes relacionadas co rigor, o gusto pola orde e a presentación correcta, etc.
É necesario establecer uns criterios previos de valoración, informar ó alumno/a dosaspectos que se terán en conta e sistematizar a recollida de información por medio defichas, escalas ou probas das tarefas.
Análise do caderno de clase ou similar
O caderno de clase (ou similar) do alumno é un instrumento de recollida de información útil para a avaliación continua, pois reflexa o traballo diario que realiza o alumno. A travésdel pódese comprobar:
Se o alumno toma apuntes correctamente.
O seu nivel de comprensión, de abstracción e que ideas selecciona.
O seu nivel de expresión escrita, a claridade e propiedade das súas expresións.
A ortografía, a caligrafía, a composición de frases, etc.
As deducións que fai da información aportada, se entendeu o contido esencial, se chega a ordenar e diferenciar os apartados diferenciables en eses contidos.
Se inclúe reflexións ou comentarios propios.
Se amplía a información sobre os temas traballados consultando outras fontes.
Si realiza esquemas, resumes, subliñados, etc.
O coidado ou dedicación que emprega en levar ó día o seu su caderno, etc.
É necesario establecer uns criterios previos de valoración, informar ó alumno/a dos aspectos que se terán en conta e sistematizar a recollida de información por medio de fichas ou escalas, e aproveitar o momento de devolvelos cadernos para indicar cales son os aspectos que leva ben, nos que está mellorando e os que máis necesita traballar ou coidar.
1.13Criterios de cualificación
A información para levar a cabo a avaliación da aprendizaxe virá dada por os seguintes instrumentos xa citados: Formais (Probas de composición, ensaio e destreza, Probas obxectivas e Revisión de tarefas) e Informais (Técnicas de observación, Entrevistas e Auto/avaliación)
Os instrumentos formais aplicarémolos do seguinte xeito:
Traballos (T), que englobarán Probas de composición, ensaio e destreza a realizar na casa ou centro formativo, Probas obxectivas a realizar na casa ou centro formativo, Revisión detarefas e o Comentario da lectura dun libro proposto polo profesor na primeira avaliación, cada un co mesmo peso, que se puntuarán na escala de 0 a 10, e que contarán na cualificación das avaliacións do seguinte xeito: Primeira e segunda avaliación: 20% da nota da avaliación.
Exames (E), que agrupan Probas de composición, ensaio e destreza a realizar nun exame e Probasobxectivas a realizar nun exame. Cualificaranse na escala de 0 a 10, e contarán na cualificación da avaliación do seguinte xeito: Primeira e segunda avaliación: 40% da nota da avaliación.
A realización dun proxecto empresarial (P), con pertenza tamén o grupo de Probas decomposición, ensaio e destreza, consistente en plasmar nun documento as principais ideas de un plan de negocio a escoller polo alumno/a. Dito documento (o proxecto empresarial) ten que realizarse e presentarse por escrito, en prazo e forma, de xeito obrigatorio e defenderse de forma oral. O proxecto empresarial (P) cualificarase na escala de 0 a 10, e contará na cualificación da avaliación do seguinte xeito: Primeira e segunda avaliación: 40%.
O proxecto empresarial, a lo menos, deberá incluír: a) Os obxectivos da empresa e a súa estrutura organizativa, b) Xustificación da localización da empresa, c) Análise da normativa legal aplicable, d) Plan de inversións, e) Plan financeiro, f) Plan de comercialización, g) Rendibilidade do proxecto.
O/A alumno/a que non presente por escrito ou non defenda oralmente o proxecto empresarial suspenderá a materia.
Na avaliación dos traballos (T) , exames (E) e proxecto empresarial (P), utilizaranse os criterios conceptuais, que pesarán o 50%, e procedimentais ou habilidades, que pesarán o outro 50%.
Os exames (E), orais ou escritos, terán, salvo excepcións puntuais, unha parte “teórica” (Probas de composición e ensaio e Probas obxectivas) e unha parte práctica, normalmente, supostos ouproblemas numéricos ou teóricos (Probas de destreza).
Por cada unidade didáctica (UD) realizarase un exame, polo tanto durante o curso realizaranse nove exames.
Habitualmente, cada exame dasmencionadas constará de:
Preguntas de Probas obxectivas ou de tipo conceptual, algunha das cales, ou todas, pode ser de tipo test, de textos mutilados, verdadeiro-falso, etc., co obxectivo de comprobalos conceptos.
Pregunta ou preguntas de Probas de composición e ensaio, ou de tipo explicativo, análise e comentario, co obxectivo de comprobalos conceptos organizados.
As partes a) e b) pesarán o 50% na cualificación do exame.
Preguntas de Probas de destreza ou tipo práctico (problemas numérico/teóricos), co obxectivo e comprobalos procedementos ou habilidades.
A parte c) pesará o 50% na cualificación do exame.
Por razóns de extensión, as partes a) e b) pódense realizar nunha sesión lectiva distinta da parte c), pero o conxunto das tres formarán unha unidade homoxénea, é dicir, un exame.
As preguntas das Probas obxectivas ou cortas, que non sexan tipo test o textos mutilados, deben contestarse concreta e brevemente (de 1 a 5 lígneas escritas). Valorarase a precisión e o rigor con que se definan os conceptos.
Nas preguntas das Probas de composición e ensaio ou de tipo explicativo valorarase a coherencia e a orde nas exposicións así como a corrección na expresión e na utilización da linguaxe científica. Asómesmo, terase en conta as capacidades de síntese e de distinción entre o principal e o accesorio. A valoración graduarase atendendo a claridade expositiva e a utilización axeitada dos conceptos fundamentais.
Os exercicios prácticos das Probas de destreza poden constar de varios apartados, nalgún dos cales se pode pedir una interpretación e valoración relativa os cálculos efectuados ou métodos empregados para a resolución do problema, valorándose especialmente a capacidade de análise e/ou de relacionar. Sempre que proceda, valorarase positivamente a correcta utilización das representacións gráficas así como a interpretación das mesmas. Na valoración de cada un dos apartados nos que se pida efectuar un cálculo, terase en conta non só o resultado puntual senón tamén a corrección (coherencia) do planeamento. (O planeamento correcto puntuará o 50%).
Os instrumentos informais (Técnicas de observación, Entrevistas e Auto/avaliación) utilizaranse para cualificar as actitudes. Nas escalas ou listas de control utilizadas para valorar a cualificación non se terá en conta a asistencia a clase nin o comportamento. A razón é que o ser a asistencia a clase por parte do alumnado un deber, non se premiará o seu cumprimento na cualificación do alumnado; ase mesmo, tampouco penalizará na cualificación o incumprimento de dito deber, xa que a penalización de este feito está recollida de outro xeito, e de forma cerrada, en normas legais de ámbito superior e non sería lícito penalizar un mesmo feito dúas veces. O mesmo razoamento aplícase o comportamento.
Por outro lado, a cualificación obtida nos instrumentos informais, como logo veremos, servirá para corrixir as cualificacións das avaliacións parciais e final con valores comprendidos entre –1 e +1, outorgados polo profesor de acordo cos datos das escalas ou listas de control utilizadas cando se leven a cabo actividades na aula que, aínda que sendo subxectiva, non é arbitraria.
A duración académica do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora é, practicamente, dun curso semestral en período ordinario, ao impartirse no segundo ano do ciclo formativo, xa que no último trimestre de dito ano o alumnado incorporase as empresa para realizar a FCT.
Polo tanto, no curso realizaranse dúas avaliacións parciais: unha a mediados de decembro e a segunda a finais de marzo. Por esta razón faremos referencia a dúas avaliacións parciais no curso académico.
Os posibles casos de cualificación resolveranse do seguinte xeito:
Caso de avaliacións parciais
A cualificación da primeira e segunda avaliación virá dada pola expresión NA = 0,40E + 0,40P +0,20T, onde NA é a cualificación sobre 10 obtida na avaliación; E é a cualificación sobre 10 da media dos exames realizados na avaliación; P é a puntuación sobre 10 acadada na avaliación polo proxecto empresarial, e T é a puntuación media sobre 10 acadada nunha avaliación polos traballos.
O existir dúas avaliacións parciais, primeira e segunda, haberán dúas cualificacións provisionais, unha por avaliación, do tipo
NA1 = 0,40E1 + 0,20T1 + 0,40P1
NA2 = 0,40E2 + 0,20T2 + 0,40P2
Para aprobar unha avaliación parcial provisional ten que ser NA1 ≥ 5; NA2 ≥ 5, que, no caso de que se cumpra, pasará de provisional a definitiva.
Para cada avaliación provisional suspensa establecese a súa correspondente recuperación, que se celebrarán fora das sesións lectivas.
Para obter a cualificación de recuperación, NR , aplicarase a expresión NR = 0,40ER + 0,20T +0,40P, onde ER corresponde á cualificación sobre 10 do exame de recuperación, que comprenderá tódalas unidades didácticas da correspondente avaliación; P é a puntuación sobre 10 acadada na avaliación polo proxecto empresarial, que pode ser modificado polo alumno para mellorar a súa cualificación, e T é a puntuación media sobre 10 acadada nunha avaliación polos traballos.
O longo do curso haberá dúas posibles recuperacións con cualificación NR1 e NR2. Entenderase aprobada a recuperación si NR1 ≥ 5; NR2 ≥ 5, cualificación que pasaría a definitiva da avaliación parcial
Para o alumnado non presentado a unha recuperación, a cualificación da avaliación parcial provisional pasará a ser definitiva.
Realizada a recuperación dunha avaliación parcial, a cualificación definitiva da mesma será sempre a obtida na recuperación.
Se un alumno non presenta e defende o proxecto empresarial, en tempo e forma, suspenderá a materia.
Unha vez calculada a cualificación das avaliacións aplicarase a corrección correspondente aos instrumentos informais comprendida entre –1 e +1, ámbolos dous inclusive.
Chamaremos N1 e N2 as cualificacións definitivas das respectivas avaliacións parciais.
Caso de avaliación final ordinaria
A cualificación definitiva da avaliación final ordinaria, NF1, virá dada por NF1 = (N1+ N2)/2, salvonos casos de non presentalo proxecto. Para aprobar debe ser NF1 ≥ 5.
Caso de avaliación final extraordinaria.
Neste caso a cualificación sería NF2 = 0,40Ex + 0,20T + 0,40P, onde Ex corresponde ácualificación sobre 10 obtida no exame ou proba da convocatoria extraordinaria, co contido das unidades didácticas que correspondan,T é a puntuación media sobre 10 acadada polos traballos noperíodo lectivo extraordinario, e P é a puntuación sobre 10 acadada polo proxecto empresarial entregado no período lectivo extraordinario e defendido oralmente. Para aprobaré necesario que NF2 ≥ 5. Se un alumno non presenta ou non defende o proxecto empresarial,en tempo e forma, suspenderá a materia.
Caso de avaliación final ordinaria ou extraordinaria para o alumnado con perdida do dereito de avaliación continua e alumnos libres.
A cualificación obterase da expresión NF3 = 0,60ET + 0,40P, onde ET corresponde ácualificación sobre 10 obtida no exame específico de todas as unidades didácticas do módulo,e P é a puntuación sobre 10 acadada polo proxecto empresarial de unha idea de negocio aescoller polo alumno/a, que obrigatoriamente se ten que presentar por escrito e defenderoralmente na data da proba do exame específico. Para aprobar é necesario que NF3 ≥ 5. Se unalumno non presenta por escrito ou non defende oralmente o proxecto empresarial, en tempoe forma, suspenderá a materia.
Caso de alumnado repetidor.
Loxicamente, o alumnado repetidor que se matricule na materia, terá que cursala de novo.
Caso de non presentarse a un exame ou proba ou non presenta en prazo ningún traballo
Se un alumno/a nunha avaliación non presenta ningún traballo no prazo establecido para elo,obterá como cualificación nos mesmos a mínima, é dicir, 1 (un), polo que na expresión de cálculo de cualificaciónda avaliación, NA, introducirase T = 1.
Se un alumno/a nunha avaliación non se presenta o exame obterá como cualificación nomesmo un, polo que a expresión de cálculo de cualificación da avaliación, NA , introducirase E= 1.
Se un alumno/a nunha avaliación non se presenta a un exame e tampouco presenta ningúntraballo, loxicamente non puntuará por E nin por T, polo que obtería a cualificación mínima(1), salvo no caso de enfermidade, ou outro extraordinario a valorar e ter en conta, seprocede, polo profesor/a, que, de selo caso, buscará unha data para facela proba e obter unhacualificación
Faltas de ortografía
As faltas de ortografía nun exame, actividade, traballo ou proxecto supoñen a resta de 0,5 puntos por cada unha, aínda que nunca servirán para baixa-la nota do exame, actividade, traballo ou proxecto por debaixo do límite do aprobado (5 puntos).
Tratamento dos decimais
O cálculo das cualificacións realizarase sempre con dous decimais, que se arrastrarán entódalas operacións implicadas, axustando as milésimas ás centésimas mais próximas pordefecto ou por exceso, salvo no caso de que equidistaran de dúas centésimas consecutivas nocal se aplicará a superior.
Sen embargo, na atribución dunha cualificación a unha avaliación ou recuperación do tipo quesexa, sempre se fará mediante un número enteiro, para o cal o decimal resultante do cálculodescrito no paragrafo anterior axustarase ó enteiro mais próximo por defecto ou exceso; se equidistara de dous enteiros consecutivos, aplicarase o superior.
Procedemento para a recuperación das partes non superadas
1.14Procedemento para definir as actividades de recuperación
A presente programación corresponde ó módulo de Empresa e iniciativa emprendedora, que se imparte no segundo curso dos ciclos formativos LOE. Neste segundo curso existen dous períodos ordinarios diferenciados, o primeiro (primeiro e segundo trimestres), con formación no centro educativo, e un segundo (o terceiro trimestre) con formación no centro de traballo (FCT). Polo tanto, de forma xeral, poden darse os dous seguintes casos:
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN NOS DOUS PRIMEIROS TRIMESTRES.
Ao alumnado que teña que recuperar partes do módulo non superadas, daráselle as orientacións e apoios necesarios para que as supere. As actividades de recuperación ao longo do curso levaranse a cabo do seguinte xeito:
Como elemento básico de ditas actividades durante todo o curso, utilizarase a titoría presencial semanal de unha hora de duración. Nas titorías atenderanse aspectos como os seguintes:
A resolución de dubidas particulares. Aínda que a maioría das dubidas e consultas de procedemento se intenten resolver na mesma clase, naqueles casos nos que non é posible a presenza ou a explicación requira un tempo importante o alumnado debe vir á titoría presencial.
A revisión de guións que deben orientar a realización de traballos: problemas numéricos e teóricos, exposicións orais, debates, ... Esta actividade, na que o profesor enriquece e reorienta os guións que presentan os estudantes, suxire fontes documentais, propón novas perspectivas, etc., resulta especialmente produtiva cando non se impón e se realiza a petición dos
alumnos.
A revisión dos apuntes e outros traballos que realicen os estudantes.
A atención personalizada aos problemas que xurdan aos estudantes relacionados co módulo: estratexias de aprendizaxe, realización de traballos, problemas de asistencia...
Na titoría entregarase material de traballo específico para o alumnado que precise realizar a recuperación dunha parte do módulo (exercicios teóricos, problemas, desenvolvemento de temas de actualidade, guións e mapas conceptuais das unidades didácticas, etc.), para devolver resolto ao profesor.
Realizarase o comentario e análise do traballo encomendado e resolución de dúbidas na hora seguinte de titoría semanal.
Aproveitando que tódolos estudantes dispoñen dunha dirección de correo electrónico, a titoría presencial pode complementarse con titorías telemáticas, ampliando as oportunidades de asesoramento, sobre todo en temas puntuais, tendo en conta que o uso da titoría telemática non debe substituír á titoría presencial ou os períodos lectivos normais (salvo o tratamento de situacións que non podan esperar á seguinte reunión presencial de titoría ou os horarios habituais de clase ).
No apartado 5.4. Criterios de avaliación exponse o procedemento para asinar a cualificación das actividades de recuperación. Recordamos que existirán dúas cualificacións para a primeira e segunda avaliación que virán dadas pola expresión NA = 0,40E + 0,40P +0,20T, onde NA é a cualificación sobre 10 obtida na avaliación; E é a cualificación sobre 10 na media dos exames realizados na avaliación; P é a puntuación sobre 10 acadada na avaliación polo proxecto empresarial, e T é a puntuación media sobre 10 acadada nunha avaliación polos traballos. O existir dúas avaliacións parciais, primeira e segunda, haberán dúas cualificacións provisionais, unha por avaliación, do tipo
NA1 = 0,40E1 + 0,20T1 + 0,40P1
NA2 = 0,40E2 + 0,20T2 + 0,40P2
Para aprobar unha avaliación parcial provisional ten que ser NA1 ≥ 5; NA2 ≥ 5, que, no caso de que se cumpra, pasará de provisional a definitiva.
Para cada avaliación provisional suspensa establecese a súa correspondente recuperación. Para obter a cualificación de recuperación, NR , aplicarase a expresión NR = 0,40ER + 0,20T +0,40P, onde ER corresponde á cualificación sobre 10 do exame de recuperación, que comprenderá tódalas unidades didácticas da correspondente avaliación; P é a puntuación sobre 10 acadada na avaliación polo proxecto empresarial, que pode ser modificado polo alumno para mellorar a súa cualificación, e T é a puntuación media sobre 10 acadada nunha avaliación polos traballos.
O longo do curso haberá dúas posibles recuperacións con cualificación NR1 e NR2. Entenderase aprobada a recuperación si NR1 ≥ 5; NR2 ≥ 5, cualificación que pasaría a definitiva da avaliación parcial
Para o alumnado non presentado a unha recuperación, a cualificación da avaliación parcial provisional pasará a ser definitiva.
Realizada a recuperación dunha avaliación parcial, a cualificación definitiva da mesma será sempre a obtida na recuperación.
Se un alumno non presenta e defende o proxecto empresarial, en tempo e forma, suspenderá a materia.
Unha vez calculada a cualificación das avaliacións aplicarase a corrección correspondente aos instrumentos informais comprendida entre –1 e +1, ámbolos dous inclusive.
Chamaremos N1 e N2 as cualificacións definitivas das respectivas avaliacións parciais.Con estes valores obtense a cualificación definitiva da avaliación final ordinaria, NF1, dada por NF1 = (N1+ N2)/2, salvo nos casos de non presentalo proxecto. Para aprobar debe ser NF1 ≥ 5.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN NO TERCEIRO TRIMESTRE.
O alumnado de segundo curso que non poida acceder á FCT no período ordinario por ter módulos pendentes poderá recuperalos neste mesmo período. Para este fin, o equipo docente asignaralle unha serie de actividades de recuperación para os módulos non superados, con indicación expresa da data final en que serán avaliados.
Un dos documentos de do proceso de avaliación é o informe de avaliación individualizado, que será elaborado polo titor ou a titora en colaboración co resto do equipo docente, e nel consignarase a información que resulte necesaria para a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumno ou da alumna. Neste informe de avaliación incluirase, de ser o caso, as cualificacións parciais ou valoracións de aprendizaxe outorgadas ata ese momento ao alumno ou á alumna, as medidas tomadas de reforzo educativo ou de flexibilización na duración das ensinanzas, as validacións ou exencións concedidas, as actividades propostas para a recuperación de módulos, e cantos outros aspectos de índole educativa se consideren salientables (artigos 38 e 39 da Orde do 12 de xullo de 2011).
Se un alumno/a non superara o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora nas avaliacións parciais de módulos do segundo curso (previa a FCT no período ordinario), o profesor do módulo proporcionara a información suficiente a plasmar no informe de avaliación individualizado, sobre os resultados de aprendizaxe non alcanzados polos alumnos e as alumnas, para que se teña en conta na súa posterior aprendizaxe.
Por outra banda as actividades concretas de recuperación dependerán dos resultados de aprendizaxe acadados por cada alumno/a en concreto, pero a filosofía de aplicación será a plasmada no apartado A) deste epígrafe, criterios de avaliación incluídos.
1.15Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito a avaliación continua
Segundo o artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, a avaliación realizarase ao longo de todo o proceso formativo do alumnado, polo que ten un carácter continuo. Por este motivo, nas modalidades de ensino presencial cumprirá a asistencia do alumnado ás actividades programadas para os distintos módulos profesionais do ciclo formativo.
O número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total. Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou a alumna na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro.
O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua co cal, por razóns de inasistencia reiterada, non sexa posible utilizar os instrumentos de avaliación previstos inicialmente para cada módulo profesional, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria de avaliación previa á avaliación final de módulos correspondente.
O procedemento concreto para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito de avaliación continua xa se tratou no apartado 5.4 Criterios de cualificación. Sen embargo, recordamos que a cualificación deste alumnado obterase da expresión NF3 = 0,60ET + 0,40P, onde ET corresponde á cualificación sobre 10 obtida no exame específico de todas as unidades didácticas do módulo, coas mesmas características que os do alumnado ordinario, P é a puntuación sobre 10 acadada polo proxecto empresarial de unha idea de negocio a escoller polo alumno/a, que obrigatoriamente se ten que presentar por escrito e defender oralmente na data da proba do exame específico, co mesmo contido que o do alumnado ordinario. Para aprobar é necesario que NF3 ≥ 5.
Se un alumno non presenta por escrito ou non defende oralmente o proxecto empresarial, en tempo e forma, suspenderá a materia.
Procedemento sobre o seguimento da programación e a avaliación da propia práctica docente
O profesorado debe avaliar os procesos de ensino e a súa propia práctica docente en relación co logro dos obxectivos educativos do currículo. Esta avaliación terá tamén un carácter continuo e formativo e incluirá referencias a aspectos tales como a organización da aula, o aproveitamento dos recursos do centro e as relacións interpersoais e a propia convivencia no centro.
Algúns dos instrumentos para avaliar o proceso de ensinanza son:
Cuestionarios a pais ou nais e alumnos e alumnas.
Entrevistas ou debates con pais ou nais e alumnos e alumnas.
Observacións realizadas por unha persoa externa.
Resultados do proceso de ensino aprendizaxe do alumnado.
A presente programación avaliarase mediante o procedemento establecido polo control do sistema de calidade establecido no centro. Dito control realizase basicamente por medio do cumprimento dos seguintes documentos:
Ficha para a avaliación do profesor MD75010406i, que é unha autoavaliación dos alumnos da materia sobre as actividades docente realizadas polo profesor
Actividades de aula desenvolvidas MD 75010406h, que recolle a información sistemática sobre as actividades docentes realizadas polo profesor e emitida polo mesmo, para realizar un autocontrol de ditas actividades.
Ficha de presentación do grupo MD75010406e, no que se recolle para cada avaliación, entre outros aspectos, o progreso no desenvolvemento da programación, debendo ser analizada a súa posible non conformidade en xuntanza de departamento para adoptar as medidas oportunas.
Recollida de datos para a xunta de avaliación MD75010401, que recolle as conformidades/non conformidades e as actuacións derivadas das non conformidades referentes ó alumnado (suspensos e asistencia) e cumprimento da programación.
Acta de xunta de avaliación MD75010601, que recolle os resultados do proceso de ensino – aprendizaxe do alumnado, cos datos aportados nas sesións de avaliación en relación as cualificacións e faltas de asistencia do alumnado, coas medidas correctoras a adoptar en caso de non conformidade. Ademais recolle os datos de cumprimento da programación trasladando as non conformidades desta última a unha xuntanza de departamento, para analizar as causas e adoptar as medidas correctoras precisas.
Memoria fin de curso 75010102b, na que, entre outros temas, trátase da porcentaxe da programación impartida, a realización de modificacións na mesma e as propostas de mellora para o seguinte curso académico.
Ademais, en reunión de departamento, o longo do curso, realizarase o seguimento e control da avaliación, tomando as medidas oportunas se é o caso.
Medidas de atención á diversidade
1.16Procedemento para a realización da avaliación inicial
A Orde da Consellería de Educación e O.U. do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, no artigo 28, referente a avaliación inicial, establece que ao comezo das
actividades do curso académico, o equipo docente realizará unha sesión de avaliación inicial do alumnado, que terá por obxecto coñecer as características e a formación previa de cada alumno e de cada alumna, así como as súas capacidades. Así mesmo, deberá servir para orientar e situar o alumnado en relación co perfil profesional correspondente.
A verdadeira avaliación esixe o coñecemento en detalle do alumno, protagonista principal do proceso, co propósito de adecuar a actividade do docente (métodos, técnicas, motivación), o deseño pedagóxico (obxectivos, actividades, sistema de ensino), o nivel de esixencia e mesmo o proxecto educativo a cada persoa como consecuencia da súa individualidade.
O proceso de Ensino Aprendizaxe require da avaliación diagnóstica para a realización de prognósticos que permitan unha actuación preventiva e que faciliten os xuízos de valor de referencia personalizada. A actuación preventiva está ligada aos prognósticos sobre a actuación futura dos alumnos.
Os fins ou propósitos da avaliación diagnóstica ou inicial son:
Establecer o nivel real do alumno antes de iniciar unha etapa do proceso de ensino - aprendizaxe dependendo da súa historia académica.
Identificar aprendizaxes previas que marcan o punto de partida para a nova aprendizaxe.
Detectar carencias, lagoas ou erros que poidan dificultar o logro dos obxectivos expostos.
Deseñar actividades con remedios orientadas á nivelación das aprendizaxes.
Detectar obxectivos que xa foron dominados, a fin de evitar a súa repetición.
Outorgar elementos que permitan expor obxectivamente axustes ou modificacións no programa.
Establecer metas razoables a fin de emitir xuízos de valor sobre os logros escolares e con todo iso adecuar o tratamento pedagóxico ás características e peculiaridades dos alumnos.
A avaliación educacional baixo esta mirada é entendida como unha instancia dentro e confundida co proceso curricular, que permite obter información sobre as aprendizaxes logradas e tomar decisións para continuar. A finalidade da avaliación é, por tanto, o melloramento dos resultados educativos.
As principais características da avaliación diagnóstica son:
Non debe levar cualificación, xa que se perde a función diagnóstica da avaliación. A cualificación tenderá a penalizar aos estudantes, cando o que en realidade se busca é que dean contan do que manexan ó inicio dunha nova aprendizaxe. Solo é posible cualificar un estado de avance cando xa se levou a cabo un proceso de ensinanza – aprendizaxe.
Non ten por qué ser unha proba, pode ser unha actividade programada. O importante é que se teña clara a pauta de avaliación porque sen ela non se poderá sistematizar a información obtida.
Pode ser individual ou grupal, dependendo de se queremos ter unha visión global ou particular dos alumnos.
Non solo é información para o profesor. Como toda avaliación debe ser devolta os alumnos e alumnas con observacións para que podan darse conta do seu estado inicial ante os novos coñecementos e dese xeito participar activamente no proceso.
As diferentes fases do proceso de avaliación inicial, que de seguido se detallan, deben cumprirse sempre e de maneira secuencial:
Identificar obxectivos do programa de estudio a avaliar: Para calquera instancia de avaliación é indispensable que o docente teña claro o aprendizaxe desexado, é dicir os obxectivos e metas que se espera lograr ó finalizar o programa.
Selección do instrumento: O paso seguinte será decidir qué instrumento se empregará para a recollida de información: probas escritas, interrogacións orais, pautas de observación, cuestionarios, preguntas, entrevistas, etc. e, se é necesario, a axuda de especialistas.
Obtención da información: Supón a aplicación dos instrumentos seleccionados en ambientes regulados.
Rexistro e análise da información: Unha vez aplicado o instrumento aos estudantes realizarase a análise dos resultados que mostrará os logros alcanzados, ase como tamén as deficiencias e errores que o desempeño dos alumnos presenta en función dos obxectivos do proceso ensino - aprendizaxe.
O rexistro da información debe aclarar os logros en cada un dos obxectivos avaliados para decidir sobre as aprendizaxes que necesitan ser reforzados, así como a detección de posibles causas de errores, isto tanto por grupo como por alumno.
Toma de decisións: Consiste en formular xuízos, tomar decisións, resumir e dar a coñecer a avaliación. Tamén debese facer un establecemento de estratexias para a superación de fallas e erros e súa correspondente reforzo.
Segundo a citada Orde do 12 de xullo de 2011, na sesión de avaliación inicial, o profesor ou a profesora que se encarguen da titoría do grupo de alumnos dará a información dispoñible sobre as características xerais do grupo ou sobre as circunstancias especificamente académicas ou persoais, con incidencia educativa, de cantos alumnos e alumnas o compoñan. Esta información poderá proceder, entre outras:
Dos informes individualizados de avaliación da etapa anteriormente cursada, de ser o caso.
Dos estudos académicos ou das ensinanzas de formación profesional inicial ou para o emprego previamente realizados.
Do alumnado matriculado sen titulación académica de acceso.
Dos informes ou ditames específicos do alumnado discapacitado ou con necesidades educativas especiais que poida haber no grupo.
Da experiencia profesional previa.
Da matrícula condicional do alumnado estranxeiro.
Da observación do alumnado e as actividades realizadas nas primeiras semanas do curso.
O tratado na sesión de avaliación inicial e os acordos que adopte o equipo docente nela recolleranse nunha acta, da cal se entregará copia na xefatura de estudos, incluíndo especialmente aqueles que teñan que ver con aspectos de flexibilización na duración das ensinanzas. Esta avaliación inicial en ningún caso comportará cualificación para o alumnado.
A avaliación inicial para alumnos de primeiro e segundo curso de ciclos formativos de FP é aconsellable celebrala na primeira quincena de outubro (aproximadamente 20 días despois do comezo do curso), o que permitirá pescudar o grao de desenvolvemento dos diferentes hábitos de traballo dos alumnos de ámbolos dous cursos; e, igualmente, canto fai referencia á súa conduta, tanto no seu comportamento persoal como nas súas relacións cos demais.
Para valorar estes aspectos no módulo de Empresa e iniciativa emprendedora, preséntanse a continuación uns indicadores, agrupados en cinco grandes ámbitos en función dos tipos de obxectivos educativos. Non será necesario utilizalos todos, solo utilizaremos aqueles que consideremos oportunos en cada situación.
Destes cinco grandes ámbitos de indicadores, establecemos de seguido o procedemento para formular o obxectivo que se vai a avaliar: concretado cun verbo o indicador da capacidade que se esixe ó alumno/a, completase co contido pertinente en forma de complemento directo:
Deseñar ou producir un plan ou proxecto sobre unha situación hipotética.
Elaborar relacións abstractas capaces de acoller a conxuntos particulares (é dicir: a partir de feitos concretos, elaborar unha teoría abstracta ou xeral).
Descubrir as razóns polas que se chegou a unha conclusión determinada.
Destes cinco grandes ámbitos de indicadores, establecemos de seguido o procedemento para formular o obxectivo que se vai a avaliar: concretado cun verbo o indicador da capacidade que se esixe ó alumno/a, completase co contido pertinente en forma de complemento directo:
Recoñecemento: Consiste no recordo dos datos, métodos e xeneralizacións que figuran no guión - sumario dun tema. É indispensable para iniciar o estudio dunha materia e/ou acceder ás capacidades posteriores.
Utilizar correctamente os termos propios dun tema.
Recoñecer os feitos que atinxen ó tema.
Identificar convencionalismos.
Describir correctamente as clasificacións propias do tema.
Mencionar os métodos ou procedementos científicos.
Enunciar criterios propios do tema.
Definir conceptos.
Enunciar principios e teorías.
Enumerar <...>.
Formular <...>.
Nomear <…>.
Recordar <…>.
Comprensión: Quen comprendeu unha información, un contido científico, será capaz de expresalo doutro xeito sen falsealo (tradución), ou reagrupar doutro modo os elementos recibidos (interpretación), ou facer deducións sinxelas a partir dunha información dada (extrapolación e interpolación).
Expresar coas propias palabras.
Poñer exemplos de <...>.
Facer un resumen de <...>.
Interpretar un mapa ou esquema mudo de <...>.
Debuxar un esquema de <...>.
Facer un cadro sinóptico de <...>.
Debuxar unha gráfica a partir de datos recibidos.
Presentar unha idea en forma gráfica, ou ó contrario.
Cambiar <...>.
Diferenciar <...>.
Distinguir <...>.
Explicar <...>.
Reordenar <...>.
Representar <...>.
Aplicación: É o uso adecuado de xeneralizacións, conceptos, regras, normas, principios e outras abstraccións a situacións concretas. É a resolución de casos.
Aplicar un principio a casos concretos.
Resolver problemas.
Calcular <...>.
Confeccionar <...>.
Desenvolver <...>.
Empregar <...>.
Escoller <...>.
Organizar <...>.
Realizar <...>.
Relacionar <...>.
Transformar <...>.
Utilizar <...>.
Análise: É a fragmentación dunha mensaxe nos seus elementos ou partes importantes, co fin de identificar os supostos implícitos, poñer de releve a xerarquización das súas ideas e facer más explícitas as relaciones entre eles; todo co obxecto de dar maior claridade ó mensaxe.
Analizar os factores que interveñen en <...>.
Contrastar <...>.
Comentar <...>.
Comparar <...>.
Deducir <...>.
Diferenciar <...>.
Discriminar <...>.
Distinguir <...>.
Separar <...>.
Síntese: É poñer xuntos, e de forma nova e coherente, elementos que poden ser tanto dos que o alumno recibiu como dos que il mesmo intúe ou postula. Ase, o alumno elaborará unha exposición global dun tema cun enfoque novo, e avanzando máis alá do que estritamente recibiu. Inclúe todo o que supón creatividade.
Redactar un ensaio.
Xustificar a necesidade de <...>.
Descubrir as razóns polas que <...>.
Elaborar unha crítica sobre <...>.
Relacionar unha cosa con outra.
Pescudar o posible orixe ou o posible efecto de <...>.
Elaborar un proxecto sobre unha situación hipotética.
Contar <...>.
Descubrir <...>.
Deseñar <...>.
Documentar <...>.
Escribir <...>.
Modificar <...>.
Planear <...>.
Producir <...>.
Relatar <...>.
1.17Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados
Coñecedores da diversidade de alumnado que accede aos Ciclos Formativos, a programación de aula está pensada para que o profesor poida traballala de distintas formas, segundo as necesidades do momento e do grupo clase:
Seguindo a estrutura que se propón no libro adoptado como texto, indo de menos a mais dificultade nos conceptos.
A partir dos supostos prácticos resoltos do propio libro de texto, nos que se expoñen e resolven situacións emprendedoras e empresariais próximas as reais, reflexionar sobre a necesidade de ter unha base de coñecementos (conceptuais, procedimentais e actitudinais) para poder actuar de forma adecuada na contorno emprendedor para o que se está formando o alumno/a.
Ademais, as actividades que se propoñen no libro están pautadas de menor a maior dificultade, o cal permite seleccionar os máis adecuados ao nivel do alumnado e aos intereses deste.
A diferenciación de actividades en cuestións (de carácter máis teórico) e supostos (de carácter práctico) pode axudar ao profesor/á flexibilizar o traballo na aula segundo a motivación e as necesidades do alumnado.
Por outra banda, ao alumnado que teña dificultades, daráselle as orientacións e apoios necesarios para que as supere. As actividades de reforzo e afondamento o longo do curso levaranse a cabo do seguinte xeito:
Como elemento básico das actividades de reforzo e afondamento durante todo o curso, utilizarase a titoría presencial semanal de unha hora de duración. Nas titorías atenderanse aspectos como os seguintes:
A resolución de dubidas particulares. Aínda que a maioría das dubidas e consultas de procedemento se intenten resolver na mesma clase, naqueles casos nos que non é posible a presenza ou a explicación requira un tempo importante o alumnado debe vir á titoría presencial.
A revisión de guións que deben orientar a realización de traballos: problemas numéricos e teóricos, exposicións orais, debates, ... Esta actividade, na que o profesor enriquece e reorienta os guións que presentan os estudantes, suxire fontes documentais, propón novas perspectivas, etc., resulta especialmente produtiva cando non se impón e se realiza a petición dos alumnos.
A revisión dos apuntes e outros traballos que realicen os estudantes.
A atención personalizada aos problemas que xurdan aos estudantes relacionados co módulo: estratexias de aprendizaxe, realización de traballos, problemas de asistencia...
Na titoría entregarase material de traballo específico para o alumnado que precise reforzo e afondamento (exercicios teóricos, problemas, desenvolvemento de temas de actualidade, guións e mapas conceptuais das unidades didácticas, etc.), para devolver resolto ao profesor.
Realizarase o comentario e análise do traballo encomendado e resolución de dúbidas na hora seguinte de titoría semanal.
O alumnado que non supere o módulo na avaliación previa a FCT (finais do segundo trimestre), seguirá asistindo a clase no terceiro trimestre ata a finalización do curso, facendo fincapé nas partes do módulo que deron causa a non superación do mesmo.
Os alumnos/as co módulo pendente na avaliación final previa a FCT con período lectivo ordinario semestral realizará unha proba extraordinaria a finais de xuño, onde a cualificación virá dada pola expresión NF = 0,40E + 0,40P + 0,20T, sendo NF a cualificación final sobre 10 obtida; E é a cualificación sobre 10 obtida no exame da proba extraordinaria final, P a puntuación do proxecto presentado por escrito e defendido oralmente, e T a puntuación media sobre 10 acadada polos traballos do período lectivo extraordinario.
Aproveitando que tódolos estudantes dispoñen dunha dirección de correo electrónico, a titoría presencial pode complementarse con titorías telemáticas, ampliando as oportunidades de asesoramento, sobre todo en temas puntuais, tendo en conta que o uso da titoría telemática non debe substituír á titoría presencial ou os períodos lectivos normais (salvo o tratamento de situacións que non podan esperar á seguinte reunión presencial de titoría ou os horarios habituais de clase ).
As titorías poden ser individuais ou grupais, pero en calquera caso serán:
Flexibles, axustándose as circunstancias de cada alumno/a e as características dos cursos.
Oportunas, respondendo con rapidez as peticións e necesidades dos estudantes.
Permanentes, durante todo el curso
Motivadoras para os alumnos, de xeito que vexan a súa utilidade e as use.
Respectuosas, coas capacidades, valores e sentimentos dos alumnos.
Aspectos transversais
1.18Programación da educación en valores
Nunha concepción integral da formación, a educación social e a educación moral son fundamentais para procurar que os alumnos adquiran comportamentos responsables na sociedade, sempre con un respecto as ideas e as crenzas dos demais.
O carácter integral do currículo implica tamén a necesidade de incluír elementos educativos básicos (educación en valores ou ensinanzas transversais) nas diferentes áreas, tales como a Educación moral e cívica, a Educación para a paz, a Educación para a saúde, a Educación para a igualdade entre os sexos, a Educación ambiental, a Educación do consumidor e a Educación vial; que non están limitados a ningunha área concreta, sino que afectan os diferentes ámbitos da vida.
A incorporación de educación en valores (ou ensinanzas transversais) no módulo de Empresa e iniciativa emprendedora supón que se lles vai a dar un tratamento sistemático, planificado e pedagoxicamente graduado como a tódolos demais contidos. Consecuentemente, incluímolos no proxecto curricular, delimitando o seu alcance e tomando decisións en torno a seu tratamento, orientación e sentido.
A continuación, expoñemos a interpretación que cabe facer dalgunhas das ensinanzas ou educación en valores en Empresa e iniciativa emprendedora:
EDUCACIÓN AMBIENTAL.
Obxectivos
1. Tomar conciencia da importancia de respectar as normas urbanísticas e medioambientais e os seus respectivos efectos, na procura da localización e desenvolvemento da empresa.
2. Reflexionar sobre o impacto medioambiental causado polo desenvolvemento tecnolóxico e proferir solucións que o atenúen.
3. Desenvolver actitudes críticas ante as intervencións empresariais no ámbito medioambiental.
4. Adoptar actitudes persoais responsábeis na defensa medioambiental, así como na corresponsabilidade empresarial.
Inserción e aplicación
1. Na localización e implantación da empresa.
2. Na formalización da documentación administrativa, fiscal e mercantil.
3. Na xestión comercial.
Enfoque metodolóxico
1. Debates sobre a necesidade de estabelecer e respectar as normas urbanísticas e medioambientais para a instalación e implantación da empresa.
2. Análise crítico das normas medioambientais na documentación e licencias de apertura de establecementos e de obras.
3. Expresión dos criterios propios sobre protección ambiental nun diálogo cos personaxes dunha posíbel situación laboral.
Proposta de avaliación
1. Observación e valoración das ideas expresadas nos debates sobre a necesidade de estabelecer e respectar as normas urbanísticas e medioambientais para a instalación e implantación da empresa.
2. Valorar como se desenvolve a análise crítico das normas urbanísticas e medioambientais.
3. Captar o sentido das mensaxes mediante a comprensión das ideas expresadas e das relacións que se estabelecen entre elas.
EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA Obxectivos
1. Desenvolver criterios de actuación que favorezan trocos responsábeis e comportamentos de respecto, honestidade e xustiza no posto de traballo.
2. Identificar e valorar proxectos de empresas que favorezan principios éticos de solidariedade e xustiza no seu contexto socioeconómico ou en outros ámbitos.
3. Concienciarse da importancia da propia liberdade e corresponsabilidade e comprometerse a través de accións co proxecto empresarial.
Inserción e aplicación
1. Na elaboración do proxecto empresarial.
2. Na elaboración dos documentos mercantís, contables...
3. Na xestión comercial.
Enfoque metodolóxico
1. Mediante a técnica do role-playing simular no aula situacións nas que os alumnos teñan que reflexionar, valorar, argumentar e tomar decisións sobre a aplicación dos criterios de actuación que favorezan trocos responsábeis e comportamentos de respecto, honestidade e xustiza no posto de traballo.
2. Resolver dilemas morais que pechen conflitos éticos de solidariedade e xustiza nun contexto laboral, e posicionarse a través de criterios de argumentación claros e precisos.
3. Análise das propias pautas de actuación ante situacións de traballo en grupo nas que a colaboración determina o éxito ou o fracaso.
4. Desenvolver exercicios de cooperación nos que sexa necesario un compromiso para levar adiante un proxecto.
Proposta de avaliación
1. Propoñer ao grupo/clase cuestións como: Cres que é bo axudar aos parceiros a resolver un problema laboral? Expresa a túa opinión en como che pode beneficiar a t i e aos teus parceiros o manter unha actitude de cooperación e compromiso para levar a cabo un proxecto empresarial; anotar as respostas e abrir un coloquio que permita reflexionar sobre as distintas posturas.
2. Valorar o comportamento do alumno/a na resolución dos dilemas morais propostos, en situacións de aula e no desenvolvemento de exercicios persoais e/ou de grupo.
EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE ENTRE SEXOS Obxectivos
1. Desenvolver actitudes críticas e suxerir trocos fronte a aquelas manifestacións sexistas que podan xerarse no entorno laboral.
2. Participar e colaborar cos parceiros, sen manter ningún tipo de discriminación por razón de sexo, ideoloxía, condición social ou calquera outra causa.
3. Adoptar actitudes non sexistas tanto nos comportamentos como nos trocos sociais do ámbito laboral, co fin de favorecer a igualdade de oportunidades de ambos sexos.
4. Identificar e desenvolver un espírito crítico fronte a aquelas actitudes empresariais que na cultura da empresa denoten formas de discriminación.
Inserción e aplicación
1. Na elaboración do proxecto empresarial.
2. Na elaboración e formalización da documentación administrativa.
3. Na xestión do persoal.
4. Na xestión comercial.
Enfoque metodolóxico
1. Resolver situacións que supoñan un conflito ou dilema moral, nas que se teña que reflexionar, aceitar, valorar, argumentar e actuar mantendo unha actitude de respecto e tolerancia ante a diversidade social.
2. Redacción de textos autobiográficos que poñan de manifesto algunha vivencia de discriminación social, e posterior reflexión e comentario en grupo.
3. Proferir exercicios de autoestima nos que o suxeito recebe mensaxes positivas respecto á súa persoa.
Proposta de avaliación
1. Observar e valorar o comportamento do alumno/a en situacións de aula.
2. Estudo de dilemas morais e debates nos que se avaliará a consecución dos obxectivos propostos.
3. Valoración das ideas expresadas no desenvolvemento dos exercicios persoais ou de grupo.
MD75010101b
Programación didáctica (LOE)
Anexo XIII. Modelo de programación de módulos profesionais. Orde do 12 de xullo de 2011