2.4. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO-ÁMBITO PRODUTIVO.
Nos tres sectores económicos da ZI analizados anteriormente, fanse necesarios profesionais de prestacións de servizos a outras empresas ou familias cas seguintes características: realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións nas áreas de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade do sector da automoción, axustándose a procedementos e tempos establecidos, e cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental, estas forman parte da competencia xeral do título de Técnico en electromecánica de vehículos automobiles establecido polo Real Decreto 453/2010, do 16 de Abril, e que se identifica polos seguintes elementos:
– Denominación: electromecánica de vehículos automóbiles.
– Nivel: formación profesional de grao medio.
– Duración: 2.000 horas.
– Familia profesional: transporte e mantemento de vehículos.
- Referente europeo: CINE–3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).
Tanto a descrición da actividade do titulado como a dos postos de traballo a ocupar (basicamente Electronicista de vehículos, Electricista electrónico/a de mantemento e reparación en automoción, Mecánico/a de automóbiles, Electricista de automóviles, Electromecánico/a de automóbiles., Mecánico/a de motores e os seus sistemas auxiliares, de automóbiles e motocicleta, Reparador/ora de sistemas pneumáticos e hidráulicos, Operario/a de ITV….) correspondese ca tipoloxía de empresas e das actividades económicas máis importantes dos sectores, sobre todo, secundario e terciario, da nosa Zona de Influencia.
A globalización económica e o desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) produciron cambios importantes que teñen fortes repercusións sociais. A terciarización da economía e o aumento dos niveis de consumo, xunto coa extensión de novas formas de pobreza, dan lugar a novas realidades sociais. O paso de unha sociedade industrial a unha sociedade do coñecemento pon en primeiro plano a necesidade de dispoñer dunha formación cada vez máis versátil e flexible.
Os cambios habidos nos últimos tempos no mercado de traballo, os retos que supón o incremento dos movementos migratorios por todo o Planeta, esixen que o sistema educativo da formación profesional inicial contribúa a dar ao alumnado as ferramentas necesarias para enfrontar este novo mundo globalizado.
A Lei orgánica de educación recoñece como un dos seus principios inspiradores o compromiso decidido cos obxectivos educativos suscitados pola Unión Europea para os próximos anos. Entre eles, destaca a pretensión de que a educación contribúa ao desenvolvemento de unha economía baseada no coñecemento, máis competitiva e dinámica, capaz de lograr un crecemento económico sustentado, acompañado dunha mellora cuantitativa e cualitativa do emprego e dunha maior cohesión social. Así mesmo, recoñece como máis necesario que nunca que a educación prepare os mozos e mozas para un mundo cada vez máis cambiante, onde as tecnoloxías e as ciencias evolucionan a gran velocidade e que a educación facilite o tránsito da etapa da formación ao mundo do traballo e viceversa, nun proceso de aprendizaxe permanente.
Consciente do déficit emprendedor que padecemos, a Unión Europea vén promovendo o seu fomento instando os estados membros a crear as condicións para que poidan prosperar as iniciativas e as actividades emprendedoras.
Así, a partir do Consello de Lisboa de marzo de 2000 recoñeceuse a necesidade do fomento das iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo, así como a necesidade de crear políticas de educación e de formación que fomenten a cultura emprendedora e innovadora como motor da innovación, da competitividade, da creación de emprego e do crecemento económico. Esta é unha das premisas sobre as que descansa o Libro verde sobre o espírito empresarial en Europa (2003) da Comisión Europea, e sobre o que pivota o Plan de acción a favor do espírito empresarial, marco estratéxico do impulso ao tecido empresarial na Unión Europea. O fomento do espírito emprendedor é recoñecido como unha competencia clave para enfrontar os cambios sociais e económicos que derivan da sociedade do coñecemento.
Neste contexto, a LOE, inclúe entre os fins do sistema educativo o desenvolvemento da capacidade dos alumnos para desenvolver a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor, a capacitación para o exercicio de actividades profesionais así como para a participación activa na vida económica. Así nace nos ciclos formativos de formación profesional inicial o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora e, concretamente, as competencias profesionais, persoais e sociais do título de Técnico en Electromecánica de vehículos automóbiles, que permite acadar este modulo son:
-
Cumprir cos obxectivos da produción, colaborando co equipo de traballo e actuando conforme os principios de responsabilidade e tolerancia.
-
Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando un estudo de viabilidade de produtos, de planificación da produción e de comercialización.
-
Participar na vida económica, social e cultural cunha actitude crítica e responsable.
Ademais a formación do módulo Empresa e iniciativa emprendedora contribúe a acadar os seguintes obxectivos xerais:
-
Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, analizando o marco legal que regula as condicións sociais e laborais para participar na cidadanía democrática.
-
Recoñecer as oportunidades de negocio, identificando e analizando demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.
Estas capacidades e obxectivos xerais acadaranse mediante os seguintes resultados de aprendizaxe do alumno:
-
Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.
-
Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.
-
Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.
-
Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación.
A programación didáctica do módulo Empresa e iniciativa emprendedora realizarase tendo en conta, por una banda, o descrito no ámbito produtivo do nosa zona de Influencia (ZI) e ao que se adapta o currículo do ciclo formativo, e por outra banda as competencias profesionais, persoais e sociais e os obxectivos, mais os resultados de aprendizaxe nos que está implicado o módulo referido.
Relación de unidades didácticas que a integran, que contribuirán ao desenvolvemento do módulo profesional, xunto coa secuencia e o tempo asignado para o desenvolvemento de cada unha
-
Resultados de aprendizaxe (*)
|
|
UD
|
Título
|
Descrición
|
Duración
(sesións)
|
MP
|
|
RA1
|
RA2
|
RA3
|
RA4
|
|
|
|
|
0
|
Presentación do módulo
|
Explicación xeral dos contidos, dos obxectivos, da metodoloxía, dos mínimos exixibles e dos criterios de cualificación do módulo
|
1
|
x
|
|
|
|
1
|
Iniciativa emprendedora
|
UD destinada a valorar a iniciativa e innovación emprendedora como fonte de creación de emprego e benestar social.
|
6
|
|
x
|
|
|
2
|
A empresa e o seu contorno
|
UD para analizar as funcións básicas da empresa, o seu entorno e a cultura empresarial
|
7
|
|
x
|
|
|
3
|
Organización da empresa e análise do mercado
|
UD na que se determina a estrutura de unha
empresa e como se xestionan os recursos e estuda o mercado, a oferta e a demanda, para establecer as políticas de prezo, produto, promoción e distribución concernentes ao proxecto empresarial.
|
7
|
|
|
x
|
|
4
|
A forma xurídica da empresa
|
UD na que se analiza os distintos tipos de
empresas e a elección da forma xurídica da
mesma.
|
7
|
|
|
x
|
|
5
|
Trámites administrativos para a constitución da empresa
|
UD na que se describen os trámites necesarios
para a posta en marcha da empresa
|
7
|
|
|
|
x
|
6
|
A contabilidade na empresa
|
UD na que estuda a xestión contable básica
cumprimentando documentación contable
habitual.
|
8
|
|
|
|
x
|
7
|
A viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial
|
UD na que se analiza os datos dunha idea
empresarial, determinando a súas posibilidades
de éxito estudando o financiamento, a inversión
e os presupostos.
|
7
|
|
|
|
x
|
8
|
A fiscalizade na empresa
|
UD na que se estuda que impostos deben pagar as empresas e o calendario fiscal das mesmas.
|
7
|
|
|
|
x
|
9
|
A xestión administrativa na empresa
|
UD na que estuda a xestión administrativa básica, cumprimentando a documentación comercial habitual (compravenda e contratos).
|
7
|
TOTAL
|
64
|
(*) Só no caso de módulos profesionais ao abeiro da LOE
-
Unidades didácticas
1.1Unidade didáctica 1. Título: Iniciativa emprendedora
1.1.aIdentificación da unidade didáctica
-
1.1.bResultados de aprendizaxe do currículo que se tratan
-
Resultados de aprendizaxe do currículo (*)
|
Completo (S/N)
| -
RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.
|
S
|
(*) No caso de módulos profesionais ao abeiro da LOXSE, capacidades terminais elementais
1.1.cObxectivos específicos da unidade didáctica
-
Obxectivos específicos
|
Act
|
Título das actividades
|
Duración
(sesións)
| -
Relacionar esta UD cas UDs do módulo e co sector produtivo, para que se valore a importancia dos coñecementos a adquirir, xerando interese na aprendizaxe dos contidos.
|
0
|
Presentación da UD.
|
0,20
| -
Recoñecer a importancia da innovación como fonte do progreso no benestar das persoas.
|
1
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: Innovación e desenvolvemento económico
|
0,60
| -
Delimitar o concepto de cultura emprendedora para recoñecer o seu papel imprescindible na creación de emprego e a xeración de benestar social.
|
2
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: A cultura emprendedora
|
0,60
| -
Valorar na súa xusta medida a importancia da iniciativa, a creatividade, a formación e a colaboración co obxecto de recoñecer a súa influencia no éxito na creación de novas empresas do sector.
|
3
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: Factores claves das persoas emprendedoras na actividade do sector.
|
0,60
| -
Analizar as características das actividades emprendedoras no sector da electromecánica de vehículos automóbiles.
|
4
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema:
A actuación das persoas emprendedoras no sector
|
0,60
| -
Valorar e calibrar a presenza do risco nas actividades emprendedoras co obxecto de recoñecer que sempre existe un factor aleatorio no éxito dos emprendedores.
|
5
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema:
O risco como factor inherente á actividade emprendedora.
|
0,60
| -
Recoñecer o papel da iniciativa emprendedora no traballo por conta propia dentro do sector para ser consciente da necesidade de iniciativa en todo tipo de traballos.
|
6
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: Valoración do traballo por conta propia
|
0,60
| -
Identificar as fontes das ideas emprendedoras e saber valoralas para tomar a decisión sobre a elección dunha delas para levar a cabo un proxecto empresarial
|
7
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: As ideas emprendedoras
|
0,60
| -
Recoñecer a importancia que ten a elaboración dun proxecto empresarial, tanto a nivel interno como externo, e analizar a súa composición
|
8
|
Explicar, debater e facer exercicios sobre o tema: Estrutura do proxecto empresarial
|
0,60
| -
Avaliar o proceso de ensinanzaaprendizaxe tendo en conta os criterios de avaliación.
|
9
|
Avaliación.
|
1
|
1.1.dCriterios de avaliación que se aplicarán para a verificación da consecución dos obxectivos por parte do alumnado
-
Criterios de avaliación
|
Instrumentos de
avaliación
|
Mínimos
esixibles (S/N)
|
Peso na
cualificación
|
|
|
|
| -
CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.
| -
Técnicas de probas (Probas de composición, ensaio e destreza, Probas obxectivas), Revisión das tarefas dos alumnos e Técnicas de observación (٭)
|
S
|
1/8
| -
CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.
| |
N
|
1/8
| -
CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.
| |
N
|
1/8
| -
CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector da electromecánica de vehículos automóbiles.
| |
N
|
1/8
| -
CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.
| |
S
|
1/8
| -
CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.
| |
N
|
1/8
| -
CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito da electromecánica de vehículos automóbiles, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.
| |
S
|
1/8
| -
CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.
| |
S
|
1/8
|
(٭) Ver definicións ao respecto nos apartados 5.2. e 5.3.
|
1.1.eContidos
-
Contidos
| -
Presentación da UD. 01: INICIATIVA EMPRENDEDORA
Lectura de un dos artigos de Fernando Trías de Bés: “Necesitase un motivo para emprender?” ou “Un emprendedor nace ou se fai?”
Páxinas web habituais: http://www.crearempresas.com, http://www.emprendedores.es, http://www.bicgalicia.es, www.fuentesestadisticas.com
http://www.emprendedorestv.es, http://www.ideasenmarcha.com, http://www.videosdeemprendedore.blogpot.com
-
CA1.1.
BC1.1. Innovación e desenvolvemento económico.
Principais características da innovación na actividade de instalacións eléctricas e automáticas (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).
Concepto de innovación
Innovación e cambio
Produtos creativos
Cómo se manifesta o pensamento produtivo e innovador?
Innovación e creatividade
Niveles de cambio en innovación
Bases da creatividade: O coñecemento e a información
Investigación, desenvolvemento e innovación
Metodoloxías para estimular as solucións creativas
Innovación empresarial
Innovación e desenvolvemento económico.
Organismos e institucións que apoian á innovación
Influencia das TIC na innovación empresarial
Características da innovación no sector:
Innovacións nos materiais,
Innovacións na tecnoloxía.
Innovacións na organización da produción.
Innovacións na comercialización
BC1.2. Cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.
Iniciativa e cultura emprendedora
A ética dos emprendedores
O espírito emprendedor
Características da cultura emprendedora en Galicia, España e Europa.
BC1.3. Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.
O emprendedor
Características do emprendedor:
Profesionais
Persoais
O perfil do emprendedor
A formación dos emprendedores
BC1.4. Actuación das persoas emprendedoras no sector da electromecánica de vehículos automóbiles.
Actividades emprendedoras no sector
Características da innovación e da creatividade no sector
A actuación dos emprendedores.
BC1.5. O risco como factor inherente á actividade emprendedora.
A toma de decisións nas actividades emprendedoras
Fase do proceso de decisións
Ambientes de decisión: certeza, risco e incerteza
Medo ao fracaso
A información, o risco e a incerteza.
Risco e personalidade
BC1.6. Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.
Motivación para emprender
Realización persoal e social
Vantaxes do traballo por conta propia.
Inconvenientes do traballo por conta propia
Exemplos de ideas emprendedoras innovadoras, creativas e factibles.
BC1.7. Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.
A idea empresarial
A xeración de ideas.
Selección da idea
Madurar unha idea
Madurar para reformular.
La valoración da idea (interese do mercado, grado de innovación, factores empresariais, grado de desenvolvemento dunha idea, custe de desenvolvemento, competencia, protección industrial, factores de influencia do entorno, dispoñibilidade de recursos, outras metodoloxías)
Elección dunha idea de negocio para elaborar o proxecto empresarial.
BC1.8. Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito electromecánica de vehículos automóbiles.
A importancia e a utilidade dun proxecto de empresarial.
O contido do proxecto empresarial
A estrutura do proxecto empresarial.
Outras consideracións: O estilo do proxecto e recomendacións para elaboralo.
Normas de presentación, tanto en soporte informático como en papel impreso.
|
Dostları ilə paylaş: |