Sesión ordinaria da xunta de goberno local celebrada o dez de novembro de dous mil once



Yüklə 164,14 Kb.
tarix31.10.2017
ölçüsü164,14 Kb.
#23739



SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL CELEBRADA O DIA VINTE E CATRO DE NOVEMBRO DE DOUS MIL CATORCE.
No Concello de Láncara, sendo as doce horas , do día vinte e catro de novembro de dous mil catorce, reúnese no Salón de Sesións a Xunta de Goberno Local, para tratar dos asuntos contidos na Orde do Día, coa asistencia dos Sres Concelleiros: D. José Manuel Neira Castro , D. Ricardo Núñez Valcárcel e D.Carlos Fernández Díaz.
Preside a Sesión o Sr. Alcalde D. Eladio Capón López, e actúa como secretario o titular D. José López Castro.

Aberto o acto pola Presidencia dase conta dos seguintes asuntos:



1º.-LECTURA E APROBACIÓN, SI PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O DIA DEZ DE NOVEMBRO DE 2014.

2º.-PERSOAL:

-ESCRITO DE D. ELADIO CAPÓN LÓPEZ, ALCALDE-PRESIENTE, SOLICITANDO VACACIÓNS.

-ESCRITO DE ANTONIO SOBRADO CARBALLO, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIÓNS DO ANO 2014.

-INÉS LÓPEZ FARELO, SOLICITANDO VACACIÓNS ANO 2014.

-ESCRITO DE JESÚS NÚÑEZ FERREIRO, COMUNICANDO QUE O PRÓXIMO DIA 24-11-14 TEN QUE IR A UNHA CONSULTA MÉDICA A CORUÑA.

-ESCRITO DE MARCOS VÁZQUEZ MAREY, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIÓNS DO ANO 2014.

-ESCRITO DE JULIO NEIRA PÉREZ, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIONS DO 2014 E 3 DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS.

3º.-MAPFER POLIZA ASISTENCIA SANITARIA.

4º.-OBRA SANEAMENTO EN STª Mª DE LAMA, INFORME DE Dª MARTA LÓPEZ CEPEDA, SOBRE FINANCIACIÓN GASTOS DA OBRA EXECUTADA.

5º.-ESCRITO DA EMPRESA EFIGAL NORTE S.L., SOBRE ACLARACIÓN ERRO OU MAL ENTENDIO EN RELACIÓN A REPARACIÓN DO CADRO DE ALUMEADO PÚBLICO DE SAN PEDRO.

6º.-ESCRITO DE SOGAMA, SOBRE REVISIÓN DO PLAN DE VIABILIDADE.

7º.-ESCRITO DE CADENA COPE, SOBRE CUÑAS PUBLICITARIAS DENDE 01-12-2014 AO 30-11-2015.

8º.-OFERTA DA EMPRESA INSA SOBRE TRATAMENTOS “LEGIONELLA”.

9º.-LICENZAS DE OBRAS MENORES:

JOSE CASTRO DÍAS, PARA REPARACIÓN DO TELLADO DUN FORNO, EN SAN JUAN DE MURO.

OVIDIO LÓPEZ GARCÍA, PARA PECHE CON MALLA E ESTACAS DE CEMENTO NA PARCELA 253, POLÍGO 5, SITA EN SAN COSME.

10º.-ESCRITO DE ISIDRO BRAÑA CASTIÑEIRA, SOLICITANDO UN LOCAL PARA IMPARTIR UN CURSO DE INFORMÁTICA.

11º.-ESCRITO DE ALEGACIÓNS DE D. JOSE A. LÓPEZ SIERRA, SOBRE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA VINTE E CATRO DE OUTUBRO DE DOUS MIL CATORCE.

12º.-ENTRONQUES DE AUGA:

-CARLOS RODRÍGUEZ EXPOSITO, PRESENTACIÓN DO BOLETÍN DE ENGANCHE, PARA ENTRONQUE DE AGUA EN OS BAOS Nº 5.

13º.-ESCRITO DE CARLOS CABALLO SIEIRO, SOLICITANDO DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DO CONCELLO PARA O CONSELLO ESCOLAR DO C.P. I “RAMÓN PIÑEIRO”.

14º.-EXECUCIÓN ACORDO XUNTA DE GOBERNO LOCAL 10-10-2014; COMPROBACIÓN DO SR. ALCALDE, PARA COLOCACIÓN DUNS BOLARDOS DIANTE DA OFICINA DE FERROVIAL.

15º.-DIRECCIÓN GENERAL DE TELECOMUNICACIONES Y TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN, INFORMACIÓN SOBRE AS INFRAESTRUCTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS.

16º.-ESCRITO DE D. LUIS FERNANDO QUIROGA PIÑEYRO, SOBRE IMPOSTO BENS INMOBLES, FINCA CON REFERENCIA CATASTRAL 27026A003000110000ZW.

17º.-ESCRITO DE MANUEL ARIAS LÓPEZ, SOBRE ACORDO TOMADO POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 24-10-2014.

18º.-PROPOSTA DE SERVIZO DA EMPRESA ITEGAL SERVICIOS TIC,SLU, PARA INTERNET TELECENTROS.

19º.-ESCRITO DE Dª ELVIRA FERNÁNDEZ AMADO, SOBRE CAMIÑO DO GROSEIRO EN REBOREDO-BANDE.

20º.-DAR CONTA DA ACTA DA VISITA DE COMPROBRACIÓN EN PIÑEIROÁ-CEDRÓN.

21º.-VADOS, RESPOSTA DO CONSULTOR.

22º.-PROPOSTA ECONÓMICA DE SERVITAL PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

23º.-INFORME DO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL D. MARCOS VAZQUEZ MAREY, SOBRE PRORROGA DE CONTRATO.

24º.- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, LISTA DE USUARIOS DE TELEASISTENCIA, OUTUBRO 2014.

25º.-CONTA DE GASTOS:

FACTURAS MES DE NOVEMBRO.

1º.- LECTURA E APROBACIÓN, SI PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN CELEBRADA O DIA DEZ DE NOVEMBRO DE 2014.

Visto o borrador da acta da sesión celebrada o día dez de novembro de dous mil catorce, este foi aprobado por unanimidade de tódolos asistentes.



2º.-PERSOAL:

-ESCRITO DE D. ELADIO CAPÓN LÓPEZ, ALCALDE-PRESIENTE.

Visto o escrito presentado por D. Eladio Capón López, Alcalde-Presidente do Concello, solicitando vacacións dende o 1 ao 9 de decembro.

Visto que debe ser nomeado o 1º tenente de Alcalde para delegar as funcións propias da Alcaldia, durante o período de vacacións do Alcalde.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Delegar tódalas funcións propias da Alcaldía no 1º Tenente de Alcalda D. Carlos Fernández Meilan, dende o 1 ao 9 de decembro, por vacacións do Sr. Alcalde.

2º.-Comunicar esta delegación ao 1º Tenente de Alcalde D. Carlos Fernández Díaz.

3º.-Expoñer no Taboleiro de Anuncios esta Delegación.



-ESCRITO DE ANTONIO SOBRADO CARBALLO, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIÓNS DO ANO 2014.

Visto o escrito presentado por D. Antonio Sobrado Carballo, solicitando o resto de vacacións do ano 2014: 3,4 e 5 de decembro.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Conceder a D. Antonio Sobrado Carballo os tres días de vacacións pendentes do ano 2014: 3,4 e 5 de decembro.

-ESCRITO DE INÉS LÓPEZ FARELO, SOLICITANDO VACACIÓNS ANO 2014.

Visto o escrito de Inés López Farelo, solicitando 12 días de vacacións:

Decembro :12,15,16,26,29,30 e 31.

Xaneiro: 2,5,7,8 e 9.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Concederlle a Inés López Farelo 12 días de vacación, quedandolle pendentes 3 días de vacacións:

Decembro :12,15,16,26,29,30 e 31.

Xaneiro: 2,5,7,8 e 9.

ESCRITO DE JESÚS NÚÑEZ FERREIRO, COMUNICANDO QUE O PRÓXIMO DIA 24-11-14 TEN QUE IR A UNHA CONSULTA MÉDICA A CORUÑA.

Visto o escrito presentado por D. Jesús Núñez Ferreiro, no que fai constar que o próximo luns día 24 de novembro debe someterse on recoñecemento médico no Hospital Modelo da Coruña, segúndo prescripción médica.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Concer a D. Jesús Núñez Ferreiro o día 24-11-14, para asistir a consulta médica ao Hospital Modelo da Coruña.

-ESCRITO DE MARCOS VÁZQUEZ MAREY, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIÓNS DO ANO 2014.

Visto o escrito presentado por D. Marcos Vázquez Marey solicitando o resto de vacacións correspondentes ao ano 2014, os días: 27 e 28 de novembro e 15,16,17,18,19,22,23,24,26,29,30 e 31 de decembro.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Concederlle a D. Marcos Vázquez Marey vacacións correspondentes ao ano 2014, os días: 27 e 28 de novembro e 15,16,17,18,19,22,23,24,26,29,30 e 31 de decembro.

-ESCRITO DE JULIO NEIRA PÉREZ, SOLICITANDO O RESTO DE VACACIONS DO 2014 E 3 DÍAS DE ASUNTOS PROPIOS.

Visto o escrito presentado por D. Julio Neira Pérez, solicitando o resto de vacacións correspondentes ao ano 2014, dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro de 2015 .

E visto o escrito solicitando 4 días de asuntos propios:

04-12-2014

09-12-2014

11-12-2014

18-12-2014

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Concederlle a D. Julio Neira Pérez, o resto de vacacións correspondentes ao ano 2014, dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro de 2015 .

2º.-Concederlle 4 días de asuntos propios:4,9,11 e 18 de decembro.

3º.-MAPFER POLIZA ASISTENCIA SANITARIA.

Visto o escrito de aviso remitido por Mapfre, sobre renovación de póliza de seguro de asistencia sanitaria, período de vixencia 01-01-2015 ao 31-12-2015.

Visto que a revaloración da prima é do 6,00 %.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

Prestar aprobación a póliza de seguros de asistencia sanitaria coa prima de revalorización do 6 %.



4º.-OBRA SANEAMENTO EN STª Mª DE LAMA, INFORME DE Dª MARTA LÓPEZ CEPEDA, SOBRE FINANCIACIÓN GASTOS DA OBRA EXECUTADA.

Visto o informe de Dª Marta López Cepeda , Enxeñeiro Técnico, como proxectista da obra “Saneamento en Sta Mª de Lama no Concello de Láncara”, que di:

“Que vista a certificación final de obra realizada, degloso que:

-O propietario das parcelas 298 e 303 do polígo 10 (Casa Roque), debe abonar, por excavación e man de obra, a cantidade de DOUS MIL OITOCENTOS SETENTA E DOUS EUROS CON SESENTA CÉNTIMOS (2.872,60 €).

-A propietaria Dª Carmen Blanco Díaz, debe abonar, por excavación e man de obra, a cantidade de CENTO CATRO EUROS CON TRINTA CÉNTIMOS (104,30 €).

-O Concello de Láncara, debe abonar, por materiais, a cantidade de CATORCE MIL TRESCENTOS TRES EUROS CON CORENTA CÉNTIMOS (14.303,40 €).

Visto que por parte do Sr. Alcalde considera que o propietario das parcelas 298 e 303 do polígo 10 (Casa Roque) debido a que permitiu establecer unha servidume, débeselle descontar 1.000,00 €, por este concepto.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Prestar aprobación ao informe de Dª Marta López Cepeda , Enxeñeiro Técnico, como proxectista da obra “Saneamento en Sta Mª de Lama no Concello de Láncara”.

2º.-Establecer as seguintes cantidade a pagar:

O propietario das parcelas 298 e 303 do polígo 10 (Casa Roque) : 1.872,60 €

A propietaria Dª Carmen Blanco Díaz : 104,30 €

3º.-Comunicarlle esta liquidación os dous afectados.



5º.-ESCRITO DA EMPRESA EFIGAL NORTE S.L., SOBRE ACLARACIÓN ERRO OU MAL ENTENDIDO EN RELACIÓN A REPARACIÓN DO CADRO DE SAN PEDRO.

Visto o escrito de Efigal Norte, en relación a reparación dun cadro de alumeado público, que di:

“A empresa EFIGAL NORTE S.L., se dirixe a Xunta de Goberno Local, para aclarar o erro ou malentendido do que se nos informa por escrito o día 23 de setembro do 2014, en referencia a reparación dun cadro presupostado por EFIGAL NORTE S.L., e a empresa Nacho Montaxes e Instalacións.

O presuposto entregado pola empresa EFIGAL NORTE incluía poñer a mesma placa con tres reduccións igual que a que ofertou a empresa Nacho Montaxes e

Instalacións, xa que a empresa TEO CONSTRUCCIONES ELECTRICAS S.A, non daba outra opción que reparar ou reconstruir a existente no cuadro, xa que só ésta é compatible cos equipos instalados, e este modelo deixouse de fabricar. Polo que a única opción sería poñer a placa xa existente refeita en fábrica, ou cambiar todas as placas do cadro, opción descartada por incrementar o custo da reparación.

Tamán decir, que a reparación da placa tanto para EFIGAL NORTE S.L. como para a empresa NACHO, tería que facela a mesma empresa Teo Montaxes e Instalacións, polo que o precio da reparación ou reconstrucción da placas e o mesmo para nos que para a empresa Nacho, e que a placa sería a mesma para a empresa Nacho ou EFIGAL NORTE S.L., xá que a empresa Teo, non deu outra solución.

A empresa EFIGAL NORTE S.L., espera que quedase aclarado con este escrito”.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Darse por enterada do contido de dito escrito.

2º.-Remitir certificación deste acordo a empresa Nacho.

6º.-ESCRITO DE SOGAMA, SOBRE REVISIÓN DO PLAN DE VIABILIDADE.

Visto o escrito remitido por Sogama relativo a posbile baixa do canón un 10% , en relación o ano 2014, quedando fixado posiblemente en 67,18 € máis IVE, para o ano 2015.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Darse por enterado da baixa de canón para o ano 2015.

7º.-ESCRITO DE CADENA COPE, SOBRE CUÑAS PUBLICITARIAS DENDE 01-12-2014 AO 30-11-2015.

Visto o acordo tomado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día vinte e catro de xullo de dous mil catorce.

1.-Vista a nova oferta que pon de manifesto: “Que a Cadena Cope e Cadena 100 producirá e emitirá programas especiais sobre diversos recursos turísticos e culturais de LÁNCARA, sobre as distintas festas do Concello, actividades cultarias…etc.

2.-Que a Cadena Cope e Cadena 100 emitirán un total de 150 cuñas publicitarias de 30 segundos de duración que reforzarán os aspectos anteriormente descritos e que tamén servirán para publicitar aqueles outros recursos que merecen unha atención especial.

3.-Que o Concello de LANCARA abonara á Cadena Coe 1.815,00 € (IVE incluído), que serán abonados mediante a presentación das correspondentes facturas que se emitirán do 01-12-2014 e o 31-11-2015”.

Visto que nesta oferta estan incluídas as cuñas publicitarias do próximo 1 de maio , antroido, etc.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Prestar aprobación o presupoesto da Cadena COPE-Cadena 100.

2º.-Facultar ao Sr. Alcalde para asignar o contrato.



8º.-OFERTA DA EMPRESA INSA SOBRE TRATAMENTOS “LEGIONELLA”.

Vista a oferta de INSA, para tratamentos da legiónela, por importe de 290,00 € IVE non incluído, anuais.

Visto que este Concello pensa que este servizo o está prestando a empresa Limpergal, dentro do contrato da limpeza de dependencias municipais.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

Dar traslado desta deste acordo a empresa Limpergal para ver si nos estan prestando este servizo, dentro do contrato de limpeza de dependencias municipais.



9º.-LICENZAS DE OBRAS MENORES:

JOSE CASTRO DÍAZ, PARA REPARACIÓN DO TELLADO DUN FORNO, EN SAN JUAN DE MURO.

Vista a solicitude presentada por D José Castro Díaz, provisto del D.N.I Nº 76.546.317-N, para reparación das goteiras do Tellado dun forno de leña, sito en Souto, cun orzamento de 300,00 €.

Vista a autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, , coas seguintes condicións:

-“A actuación cinguirase á substitución da lousa de acabamento da cuberta e, no seu caso, do seu entablado. Non se poderá intervir na estrutura da edificaicón nin alterar o seu volumen, configuración nin imaxe.

-A cubera deberá rematarse con lusa irregular do país de características similares á exisitente na acutalidade”.

Visto o informe da arquitecta municipal, coas seguintes condicións:

-“A actuación cinguirase á substitución da lousa de acabamento da cuberta e, no seu caso, do seu entablado. Non se poderá intervir na estrutura da edificación nin alterar o seu volumen, configuración nin imaxe.

-A cuberta deberá rematarse con lousa irregular do país de características similares á existente na acutualicade.

É polo que se informa favorable coas obrigas anteditas”.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Conceder licenza municipal a D José Castro Díaz, para reparación das goteiras do Tellado dun forno de leña, sito en Souto, con suxección os informes técnicos e as condicións fixadas pola Xefatura Territoiral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universiataria.

2º.-Practicar a seguinte liquidación:

Licenza de obras: (300,00 x 3,1 %)= 9,30€

Taxa municipal sobre licenza urbanística 25,00 €, taxa mínima, debendo xustificar o pago no momento da entrega da certificación.

3º.-A licenza concedese salvo o dereito de propiedade, sen prexuízo de terceiros e de outras autorizacións ou licenzas que sexan encesarias, se é o caso.

4º.-A taxa debe ser ingresada antes de retirar a certificación deste acordo. E o resto da liquidación nos prazos indicados, na liquidación que se lle formula, e antes de comenzar as obras.

5º.-Concedese un prazo de 3 meses para iniciar as obras e 1 ano para rematalas.



OVIDIO LÓPEZ GARCÍA, PARA PECHE CON MALLA E ESTACAS DE CEMENTO NA PARCELA 253, POLÍGO 5, SITA EN SAN COSME.

Vista a solicitude presentada por D Ovidio López García , provisto del D.N.I Nº 76.604.546-X, para peche con malla e estacas de cemento da parcela 253 do polígono 5, sito en San Cosme , cun orzamento de 3.500,00 €.

Visto o informe da arquitecta municipal, que di:

-“Que os terreos de referencia atopanse clasificados como solo rústico de protección agropecuaria, segundo establece o PXOM vixente.

-Que as condicións as que deberá axustarse son as que o artigo 42.1 letra c) da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010 establecen para os peches e balados serán preferentemente vexetais, sin que os realizados con material opaco de fábrica sobrepasen a altura de 1 metro, agás en parcelas edificadas, donde poderán acadar 1,50 ms, debendo en todo caso, realizarse con materiais tradionais do medio rural no que se emplazan, prohibindose o emprego de bloques de formigón ou outros materias de fábrica agás que sexan debidamente revestidos e pintados, e as que o artigo 106.1 da Lei 9/2002, establece para as construcións e peches que se constrúan con obra de fábrica, ou outros elementos permanentes, en zonas non consolidades pola edificación, que terán que desprazarse un mínimo de 4 metros do eixo da vía pública a que den fronte, sen prexuizo do disposto pola lexislación sectorial de aplicación, exluíndose desta obriga a colocación de marcos e peches de postes e arames destinados a delimita-la propiedade rústica.

É polo que se informa favorablemente coas obrigas anteditas”.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Conceder licenza municipal a D Ovidio López García, para peche con malla e estacas de cemento da parcela 253 do polígono 5, sito en San Cosme, debe confluir o informe técnico de maneria especial o retranqueo relativo o eixe do camiño.

2º.-Practicar a seguinte liquidación:

Licenza de obras: (3.500,00 x 3,1 %)= 108,50 €

Taxa municipal sobre licenza urbanística 25,00 €, taxa mínima, debendo xustificar o pago no momento da entrega da certificación.

3º.-A licenza concedese salvo o dereito de propiedade, sen prexuízo de terceiros e sen prexuizo doutras autorizacións ou licenzas que sexan encesarias, se é o caso.

4º.-A taxa debe ser ingresada antes de retirar a certificación deste acordo. E o resto da liquidación nos prazos indicados, na liquidación que se lle formula, e antes de comenzar as obras.

5º.-Concedese un prazo de 3 meses para iniciar as obras e 1 ano para rematalas.

10º.-ESCRITO DE ISIDRO BRAÑA CASTIÑEIRA, SOLICITANDO UN LOCAL PARA IMPARTIR UN CURSO DE INFORMÁTICA.

Visto o escrito de D. Isidro Braña Castiñeira, da Academia Emir, con DNI Nº 33306383-Z, solicitando un local no antiguo centro médico para impartir un curso de informática , os venres a partir do 21 de novembro de 2014 ao 21 de xuño de 2015, de 19,30 a 21,30 horas.

Visto que os usuarios deben contribuir ao pago dos gastos.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Conceder a D. Isidro Braña Castiñeira , un local no antiguo centro médico para poder impartir un curso de informática , os venres a partir do 21 de novembro de 2014 ao 21 de xuño de 2015, de 19,30 a 21,30 horas ,baixo os seguintes condicionados:

a) Debe aboar a cantidadede 10,00 € mes.

b)Antes de retirar a chave do Concello debe facer efectivo o pago correspondente ao 50% do total a pagar, e o resto antes de finais do mes de xuño.

2º.-Facultar ó Sr. Alcalde para levar a cabo tódolos trámites relacionados con este asunto.

11º.- ESCRITO DE ALEGACIÓNS DE D. JOSE A. LÓPEZ SIERRA, SOBRE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA VINTE E CATRO DE OUTUBRO DE DOUS MIL CATORCE.

Visto o acordo tomado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día vinte e catro de outubro de dos mil catorce.

E visto o escrito de D. José A. López Sierra, rexistrado de entrada neste Concello o día 13-11-14, baixo o número 1614, que di:

“1.-Que he recibido comunicación de acuerdo por parte de la Junta de Goberno Local del Concello de Láncara, respecto a escrito presentado por D. Antonio Rivera Fernández, sobre anulación de recibos de la vivienda sita en Souto nº 6 (en algunos registros nº 5 o nº 14).

2.-En este acuerdo se me comunica la decisión de pasarme al cobro recibos atrasados de recogida de basura por la citada vivenda debido a que a la persona que se venían expidiendo los recibos no se hará cargo de estos.

3.-La vivienda es de mi propiedad aunque no hago uso de esta como vivienda habitual, a día de hoy mantengo al corriente todos los recibos que el Concello de Láncara ha emitido a mi nombre por diferentes conceptos incluído el servicio de recogida de basura; desde luego por parte del Concello de Láncara no se me ha notificado falta de pago o deuda alguna por cualquier concepto; si no conozco la existencia de una deuda mal podré cancelarla, en todo caso no es mi intención provocar menoscabos en las cuentas municipales y por lo tanto me hará cargo de los recibos que se emitan a mi nombre, descartando aquellos que por su antigüedad deban de ser considerados como deudas preescritas que me permitan acogerme a lo especificado en la ley 58/2003 general tributaria, es decir no pretendo hacerme cargo de los recibos con antigüedad superior a 4 años.

4.-La decisión de poner las tasas municipales a nombre de D. Antonio Rivera Fernández ha sito tomada unilateralmente por el Concello de Láncara, con un criterio erróneo a mi entender ya que esta persona no cuenta con ningún tipo de contrato de alquiler, ni contrato de cesión, ni tampoco ningún tipo de acuerdo verbal con el propietario mas bien al contrario, como bien reza la comunicación de toma de acuerdo por parte de la Junta de Gobierno Local envidad “… simplemente estoy en ella”. La vivienda cuenta con una antigüedad superior a los 200 años, y no cuenta con los servicios mínimos para ser habitada (ACS, instalación fontanería, calefacción, sanitarios, etc..) , además de presentar desperfectos estruturales que todo esto añadido a la vulnerabilidad de los materiales de que forman parte de la construcción hacen de esta una estancia poco recomendable para personas de avanzada edad y con problemas cognitivos graves que han venido provocando recientemente episodios accidentales (incendio en vivienda) con consecuencias muy graves para la integridad física de D. Antonio Rivera (ingresado en Unidad quemados hospital Juan Canalejo de A Coruña, con quemaduras de 2º y 3º grado en rostro, torso y extremidades superiores), y consecuentemente para el inmueble en cuestión que milagrosamente se salvo de ser pasto de las llamas.

Estos hechos y situaciones han sido puestos en conocimiento de los servicios sociales del Concello en reiteradas ocasiones, sin encontrar hasta el momento una solución lógica y racional que evite los riesgos que el mantener la situación actual provoca. Teniendo en cuenta que no tengo ningún tipo de obligación ni posibilidade de prestar apoyo a esta persona y que la familia directa no desea hacerse cargo, creo que corresponde sin ningún genero de duda asumir la situación a los servicios sociales que deberán articular los medios necesarios para evitar males mayores. Por lo tanto deseo este escrito sirva de aviso en tiempo y forma a quien corresponda sobre a situación, descargando cualquier tipo de responsbilidad en los servicios sociales del Concello de Láncara que han contado con tiemo suficiente para evitar llegar a estas fechas de especial rigor térmico sin una solución, lo que puede acrecentar los problemas de salud que presenta esta persona, detectable a simple vista sin ningún tipo de conocimiento médico.

Por todo esto:

SOLICITO:

-Que se proceda ao envío dos recibos pendientes exceptuando os que por a súa antigüedad no deban de ser pasados ao cobro.

-Pongan en coñecemento novamente dos servizos sociais a situación na que se encotra D. Antonio Rivera, para que podan coa maior celeridade posible aportar a esta persoal o apoio necesario e evitar desta forma dilatar o tempo de exposición de este a condicións de vida perxudiciais que poden tener desenlaces indeseados por non haber actuado en tempo.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Comunicarlle a D. José A López Sierra que debe aboar os recibos pendentes dende outubro do 2010 a setembro do 2014, que figuran a nome de D. Antonio Rivera.

2º.-Que a partir da data a facturación do recibo de lixo se faga a nome de José A. López Sierra.

3º.-Que os recibos pendentes anteriores a outubro do 2010, sexan aboados por D. Antonio Rivera Fernandez, ao ser o responsable do pago e estar en recadación.

4º.-Remitir certificación deste acordo ao Servizo de Recadación para que nos remitan os recibos anome de Antonio Rivera Fernández, con D.N.I. Nº 76599782-F, dende outubro de 2010, para refacelos a nome de José A. López Sierra.

5º.-Remitir certificación deste acordo ao encargado de confeccionar o padrón de Lixo D. Gerardo Sobrado Ventosinos.

12º.- ENTRONQUES DE AUGA:

-CARLOS RODRÍGUEZ EXPOSITO, PRESENTACIÓN DO BOLETÍN DE ENGANCHE, PARA ENTRONQUE DE AGUA EN OS BAOS Nº 5.

Visto o acordo tomado pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día catro de xullo de dous mil catorce.

Visto que con data 20 de novembro de 2014, rexistro de entrada nº 1692 presentou o boletín de enganche

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Concederlle a alta na rede xeral do abastecemento de augas a D. Carlos Rodríguez Exposito, con D,N.I. Nº 33545269-E, para vivenda sita en Os Baos Nº 5, previo pago de 90,15 euros, ós que se elevan as taxas municipais, segundo a ordenanza en vigor. En caso de non pagar as taxas, este acordo non surtirá efecto, debendo domiciliar o pago dos seus recibos nunha conta bancaria.


2º.-Comunicarlle ó encargado do servizo de augas D. José Luis Varela Fernández, que non se faga o entronque o servizo do abastecemento da auga, mentres non se xustifique o ingreso do importe correspondente as tasas.

3º.-Remitir certificación deste acordo ó funcionario D. Gerardo Sobrado Ventosinos, encargado de confeccionar os padróns.

13º.-ESCRITO DE CARLOS CABALLO SIEIRO, SOLICITANDO DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DO CONCELLO PARA O CONSELLO ESCOLAR DO C.P. I “RAMÓN PIÑEIRO”.

Visto o escrito presentado por D. Carlos Carballo Sieiro, Presidente da Xunta Electoral do CPI “Ramón Piñeiro” no que interesa que sexa nomeado un representante do Concello de Láncara para formar parte do Consello Escolar.

Visto que está nomeado para este posto D. Andres Caballero López.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Nomear como representante do Concello para o Consello Escolar do C.P.I. “Ramón Piñeiro” o Concelleiro de Cultura e Deportes D. Andres M Caballero López.

2º.-Dar conta deste acordo o Pleno, na primeira sesión que celebre, para a súa ratificación.

14º.- EXECUCIÓN ACORDO XUNTA DE GOBERNO LOCAL 10-10-2014; COMPROBACIÓN DO SR. ALCALDE, PARA COLOCACIÓN DUNS BOLARDOS DIANTE DA OFICINA DE FERROVIAL.

Visto o acordo tomado por esta Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día dez de outubro de dos mil catro.

Visto que polo Sr. Alcalde comprobou sobre terreo onde se queren colocar os bolardos, e non é propiedade do Concello.

A Xunta de Gobern oLocal, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.- Remitir os presidentes das comunidades de viciños do edificio Nº 22,1ª e 2ª fase, copia do escrito de San Julián U.T.E Ferrovial OSSA Agromán , para que manifesten se o autorizan ou non ao tratarse dun tema privado.

2º.-Que deben solicitar vado de estar interesados no paso de vehículos.

15º.-DIRECCIÓN GENERAL DE TELECOMUNICACIONES Y TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN, INFORMACIÓN SOBRE AS INFRAESTRUCTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS.

Visto o escrito remitido pola Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións de Lugo, no que se pon de manifesto a necesidade de presentación de proxecto de ICT para obter a licenza de obra e de copia sellada do Boletín, protocolo de probas e, no seu caso, certificado de fin de obra da ICT para solictar a licenza de 1ª ocupación.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Darse por enterada do contido de dito escrito.

2º.-Remitir copia a Aparelladora municipal para o seu coñecemento.



16º.- ESCRITO DE D. LUIS FERNANDO QUIROGA PIÑEYRO, SOBRE IMPOSTO BENS INMOBLES, FINCA CON REFERENCIA CATASTRAL 27026A003000110000ZW.

Visto o escrito presentado por D. Luis Fernándo Quiroga Piñeyro, no que pon de manifesto que a finca con referencia catastral 27026A003000110000ZW, que foi donada este Concello ante o notario D. Manuel Ignacio Castro-Gil o día 11 de xaneiro de 2007, continua figurando a nome de Dª Carmen Piñeyro Caramés, polo que o recibo do Imposto de Bienes Inmuebles continua o seu nome.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Facer o troco de contribución da finca con referencia catastral 27026A003000110000ZW, pasando a nome do Concello.

2º.-Notificarlle a D. Luis Fernándo Quiroga Piñeyro que pase os recibos pendentes, dende o ano 2007 ao Concello para o seu aboamento.



17º.-ESCRITO DE MANUEL ARIAS LÓPEZ, SOBRE ACORDO TOMADO POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 24-10-2014.

Visto o escrito presentado por D. Manuel Arias López, sobre acordo tomado pola Xunta de Goberno Local de data 24-10-2014, no que pon de manifesto:

“INTERESO a esa Corporación la ACLARACIÓN de si se han realizado o no dichas correcciones, actuaciones, propuestas por el Sr. Alvarez, y, en caso afirmativo, si se ha comprobado la eficiencia de las mismas”.

Polo Sr. Alcalde ponse de manifesto que a día de oxe a canalización está totalmente limpia, que si hai unha riada pode haber inundacións, pero tratase de causas de forza maior.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Comunicarlle a D. Manuel Arias López, que a canalización a día de oxe está totalmente correcta, en caso de riadas pode haber inuncacións, pero que se trata dunha causa de forza maior.

18º.-PROPOSTA DE SERVIZO DA EMPRESA ITEGAL SERVICIOS TIC,SLU, PARA INTERNET TELECENTROS.

Vista a proposta de servizo da empresa Itegal servicios TIC,SLU, sobre melloras nos servizos acceso a Internet-Telecentros do Concello, coa seguinte proposta:

Servizo Internet 4 Mb-28,9 €/mes+ I.V.E.

Instalación do novo servizo e configuración, gratuíto

Mantemento incluído en cota de servizo, atención máxima en 48 horas.

Compromiso de permanencia 18 meses.

Telecentros incluídos na oferta

-Láncara


-Carracedo

-Bande.


-Traliste

-Armea


-Vilarello

-Santalla

Visto que na actualidade se paga por 2Mb. Custe 36,51 €/mes.

Visto que na actualidade está prestando estes servizos a empresa Intermax., da que hai moitas queixas verbais polos servizos prestados.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.- Comunicar a empresa Intermax que debido as queixas que hai damos de baixa Internet nas escolas de Láncara, Carracedo, Bande, Traliste, Armea, Vilarello e Santalla.

2º.-Notificarlle a empresa Ortegal Comunicaciones que debe garantir por escrito a permanente cobertura nas escolas de Láncara, Carracedo, Bande, Traliste, Armea, Vilarello e Santalla.



19º.-ESCRITO DE Dª ELVIRA FERNÁNDEZ AMADO, SOBRE CAMIÑO DO GROSEIRO EN REBOREDO-BANDE.

Visto o escrito presentado por Dª Elvira Fernández Amado, que di:

“I.-Que a medio del presente escrito, y a la vista del acuerdo adoptado en la sesión de la Xunta de Goberno Local de 22 de setiembre de 2014, solicita autorización para proceder a limpieza del tramo del CAMIÑO DO GROEIRO situado frente a la parcela de su propiedad, en el lugar de REBOREDO, parroquia de Bande, a fin de eliminar cuantos obstáculos puedan entorpecer el normal paso por dicha vía de comunicación.

II.- Y dado que mejorar y ampliar esa vía de comunicación supondría poner en valor y mejor aprovechamiento una amplia zona de terrenos actuamente mal comunicados, se formaliza compromiso, por lo que ala compareciente respecta, e hacer cesión de las anchuras necesarias para que el vial resulta completamente apto para el paso de vehículos y maquinarias modernas, ello en igualdad que los demás vecinos y propietarios, afectado por la posible mejora y cuyo concurso se hace necesario.

Se interesa además que por los servicios y concejalia encargados de las mejoras en el Medio Rural se tomen las determinaciones procedentes para colaborar en la dinamización y realización de un proyecto que permita mejorar el vial, e incluso que aunando los intereses y acciones de los vecinos se pueda instar de otros organismos la posible aportación de subvenciones destinadas a hacer practicable dicho camino desde el lugar de Reboredo hasta el río Chamoso.

III.- Se interesa además que se dé traslado del contenido del acuerdo adoptado por la Xunta de Goberno Local, se dé traslado del mismo a todos los vecinos del lugar y propietarios de fincas colindantes con dicho CAMIÑO DO GROEIRO.

RUEGA

Se tenga por solictada la concesión de la dicha licencia,y se tomen las medidas que al caso hagan para logar la mejora de dicho vila”



Visto que se trata dun camaiño de servidume para fincas.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-En relación o apartado I) conceder autorización para poder facer os traballos solicitados fronte aos terreos da súa propieddade, sen entrar no dereito de propiedade e prexuizo de terceiros.

2º.-No apartado II) tratase dun tema privado de tódolos afectados para dar os terreos para ensanche do camiño, no que o Concello nada ten que ver.

3º.-No referente o apartado III) ao considerar que o camiño non é público non é posible afrontar directamen as obras o Concello facendo un proxecto.

4º.-Dar tralado deste acordo a tódolos afectados, xunto con copia do escrito presentado por Dª Elvira Fernández Amado.

20º.-DAR CONTA DA ACTA DA VISITA DE COMPROBRACIÓN EN PIÑEIROÁ-CEDRÓN.

Vista a acta de visita de comprobación feita polos técnicos municipais Mercedes Maseda Martínez, Marcos Vázquez Marey acompañados do Sr. Secretario-Interventor a Piñeiroá-Cedrón, en relación as denuncias formuladas por D. Marcos Moreira Villarín e D. Gregroio Saavedra Ciércoles.

A Xunta de Goberno Local, por unanimi

dade,


ACORDOU:

1º.-Prestar aprobación a acta da visita de comprobación e remitir copia os interesados.

2º.-Comunicarlle a D. Gregorio Saavedra Ciércoles que debe descubrir a fosa séptica ao estar esta parcialmente soterrada, para poder facer un levantamento topográfico no que se recolla a alineación establecida no PXOM. Unha vez descuberta debe comunicalo por escrito ao Concello, debendo facelo no prazo máximo dun mes.

3º.-Comunicarlle a D. Marcos Moreira Villarín que acredite documentalmente a propiedade da parcela 9052, que agora está como camiño, e que de non ser da súa propiedade non garda a obra feita os retranqueos regulamentarios.



21º.-VADOS, RESPOSTA DO CONUSULTOR.

Vista a consulta feita polo Secretario, ao Consultor, por orden do Sr. Alcalde, sobre vados que di:

“Este Ayuntamiento tiene establecido el cobro de vados dentro del casco urbano, capitalidade del Ayuntamiento. Siempre previa aprobación del padrón y publicación en el B.O.P.

Al acondicionar la calle principal de un km de longitud, se dejan un número considerable de entradas de vehículos a través de las aceras.

Todas estas entradas al ejercicio económico siguiente se dan de alta en el padrón de vados y se hace una notificación personal a todos los titulares de estas entradas (vados).

Se producen las correspondientes reclamaciones, que se resuelven estimando unas y desestimando otras.

El argumento principal es que no quieren vado, porque no lo utilizan, pero siguente pasando con los vehículos para aparcarlos o guardarlos en sus bajos, incluso algún propietario, varios turismos.

Incluso algún local de reparación de maquinaria de jardinería, que utiliza una rampa para meter éstas en en bajo, dice que no utiliza el vado.

Ante esta situación:¿Qué puede hacer el Ayuntamiento?.

Hay que partir del hecho que lo que se cobra al año por un vado de 3 metros lineales está por debajo de 25,00 €, se trata de una cantidad prácticamente simbólica.

Al ser muy costoso reponer las aceras elevando el bordillo y la propia acera en esas entradas, el Ayuntamiento está pensando en colocar unos bolardos que priven de pasar a través de las entradas con los vehículos .¿Es esto legal?.

¿Hay otra solución legal y que sea igual o mejor de eficaz?.”

Vista a resposta do Consultor que di:

“El establecimiento de la tasa de vado suele plantear problemas de interpretación y de aplicación práctica como es el caso consultado.

El art. 20.3 h) del Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo (EC 1106/2004, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales (TR LRHL), establece que las Entidades Locales podrán establecer tasas por cualquier supuesto de utilización privativa o aprovechamiento especial del dominio público local, y en particular por “entradas de vehículos a través de las aceras”. El art. 23.d) del mismo texto legal establece que tendrán la condición de sustitutos del contribuyente los propietarios de las fincas y locales a que den acceso dichas entradas de vehículos, quienes podrán repercutir, en su caso, las cuotas sobre los respectivos beneficiarios.

Es claro que el hecho imponible es el aprovechamiento especial que se realiza por el paso a través de las aceras, y este hecho imponible se predice desde el



momento en que existe un garaje que tiene su entrada desde la vía pública y existe una acera. Incluso el Tribunal Supremo, en Sentencia de 19 de diciembre de 2007 (EC 2201/2008) establece la siguiente doctrina legal:”El derecho de vado o entrada de vehículos a través de las aceras u orillas de calle con independencia de que estén pavimentadas al mismo o distinto nivel de la cota de la calle constituye un aprovechamiento común especial de un bien de dominio público local con base en lo dispuesto en los artículos 20.3 h) del Real Decreto Legislativo 2/2004 en concordancia con el artículo 75.1 b) del Reglamento de Bienes de las Entidades Locales.

Por tanto, el hecho imponible se produce desde el momento en que se atraviesa la acera para entrar en el garaje, con independecia de que se haya o no solicitado la autorización y la placa de vado.

Partiendo de esta doctrina, el Ayuntamiento puede liquidar directamente la tasa, en cuanto que se produce el hecho imponible, aunque el propietario no haya solicitada la correspondiente autorización. Y, en principio, como hemos dicho el hecho imponible se produce desde el momento en que se está utilizando la acera para entrar en el garaje. Desde este punto de vista se podría liquidar la tasa por aprovechamiento especial del dominio público, porque se va a utilizar, aunque no dispusiera de la pacada de vado.

Por lo que se refiere a la posibilidad de eliminar la entrada, nosotros entendemos que se puede hacer mediante la colocación de bolardos y, de hecho, muchos ayuntamientos lo hacen sin que sepamos de pronunciamiento judicial alguno que haya fallado en contra de esa actuación. En cualquier caso, antes de la instalación de los bolardos sería conveniente que los intersados manifestaran por escrito que no utilizan los garajes o locales y que por tanto renuncian a su derecho al paso a través de la acera”.

Vistas as alegaciones presentadas.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Que o Sr. Alcalde e Marcos Vázquez Marey, fagan unha foto os vados polos que presentaron reclamación

2º.- Nomear unha comisión para estudiar as reclamacións, na reunión a celebrar o día 2 de decembro as 12,00 horas, composta por: membros da Xunta de Goberno Local, o Concelleiro da Pobra de San Xioao D. Andres Caballeros López e o traballador D. José L. Varela Fernández.

22º.-PROPOSTA ECONÓMICA DE SERVITAL PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

Vista a proposta feita pola empresa Servital Asistencia Domiciliaria, para o servizo de axuda no fogar.

Visto que o presuposto é superior ao ofertado pola mesma empresa para sustitución de vacacións.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Pasarlle a proposta a Traballadora Social, para que informe sobre o custo que supoñerá para o Concello, comparado co actual sistema de prestación do servizo.

2º.-Remitir certificación deste acordo a Deputación, para ver a posibilidade de que este Organismo se faga cargo do servizo de Axuda no Fogar, servizos básicos.

23º.-INFORME DO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL D. MARCOS VAZQUEZ MAREY, SOBRE PRORROGA DE CONTRATO.

Visto o escrito do axente de emprego e desenvolvemento local, en relación á orde do 4 de xullo de 2014 pola que se convocan subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, da Consellería de Traballo e Benestar, no que ,INFORMA que a prórroga do meu contrato suscrito con esta entidade , remata o día 23 de novembro do presente ano 2014, polo que se dispon de 10 días para efectuar a renovación da mesma. A solicitude de subvención para a próxima prórroga está efectuada en tempo e forma e estáse á agardar a resolución da mesma, que, previsiblemente,resolverase máis tarde do remate da prórroga do contrato que teño suscrito con este entidade.”


Visto que a Consellería de Traballo, non resolveu a solicitude deste Concello para esta finalidade.

Visto que a prrórroga do contrato do Técnico Local de Emprego finaliza o 23-11-14.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,
ACORDOU:

1º.-Prorrogarlle a D. Marcos Vázquez Marey, Técnico Local de Emprego o contrato ata que a Consellería de Traballo resolva o expediente, e como máximo ata o 31-12-14, e para o caso de que nesta data non se resolva a solicitude da subvención, pola Consellería de Traballo, ou esta fose denegada, retomar novamente este expediente.

2º.-Comunicarlle este acordo a D. Marcos Vázquez Marey, á Xestoría e a Oficina de Emprego de Sarria.

24º.- DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, LISTA DE USUARIOS DE TELEASISTENCIA, OUTUBRO 2014.

Vista a lista de usuarios en activo (8) do programa Provincial de Teleasistencia Domiciliaria correspondente aos meses de outubro do 2014, coas incidencias remitidas polos responsables dos Servizos Sociais.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


1º.-Prestar aprobación a lista dos 8 usuarios.

2º.-Facultar o Sr. Alcalde para leva a cabo tódolos trámites relacionados con este asunto.



25º.-CONTA DE GASTOS:

FACTURAS MES DE NOVEMBRO.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade acordou prestar aprobación as seguintes facturas ó consideralas totalmente correctas:



FACTURAS MES DE NOVEMBRO:
Nome CIF/NIF Nº fac. partida Descripción Importe

Luis I. López López

33342723-Z

Fac .nº LU 43/14; P:161.210

Reparación bomba agua fecais en Urb. Valdriz

703,01

Luis I. López López

33342723-Z

Fac.nº LU 44/14;P: 161.210

Reparación sistema sondas depuradora Puebla

483,17

Luis I. López López

33342723-Z

Fac.nº LU 45/14;P: 337.221

Reparacións pabillón Campo da Feira

151,64

Luis I. López López

33342723-Z

Fac.nº LU 46/14;P: 165.227

Reparación farola e linea en Gallegos

466,96

Gráficas Asturias S.L.

B15342348

Fac nº 1004/14;P: 337.221

Libro rexistro de nichos

52,22

Sport Equipalia S.L.

B83179416

Fac nº F30463;P: 341.212

1ª actuación pista padel, mantemento.

405,35

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 261/2014;P: 161.210

Diverso materiais abaria auga en Oleiros

87,85

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 262/2014;P: 161.210

Tuerca reducción 1/2 -3/8

1,20

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 263/2014;P: 161.210

Materiais depuradora de auga

13,60

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 264/2014;P: 920.221

Buzo traballador servizos pista padel

16,00

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 266/2014;P: 161.210

Materiais para entronque de auga casa Pepe Feira

89,05

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 267/2014;P: 170.221

Par de botas para Eugenio, traballador de cooperación.

46,50

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 268/2014;P: 161.210

Materiais abaria auga en Oleiros e Os Baos

68,85

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 269/2014;P: 161.210

Grifo para Campo da Feira

5,90

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 270/2014;P: 337.221

Materiais para Carracedo “facer pais”

49,30

Talleres Churrillo S.L.

B27021195

Fac nº F14 0001710; P: 920.221

Soporte cuchillas desbrozadora.

13,02

Galicia 1932 S.L.

B27371210

Fac nº 1407006/S;P: 337.221

2 alba gloria para facer pais

79,00

Esturion Lufo S.L.

B27195148

Fac. nº 010-000133; P: 920.221

Ord. G3420/4GB/500GB/VGA, ordenador traballadora social.

448,35

José M. Pardo Blanco

33857449T

Fac. nº 522;P: 337.221

Escudo pergamino e busto “Ramón Piñeiro”.

695,75

Sistrema de Oficina de Lugo S.A

A27142462

Fac. nº 1406229;P: 920.221

Ampliación garantía KRB46849,fotocopiadora Xulgado.

358,06

Funeraria Ventosinos S.L. Tanatorio

B27405687

Fac. nº135;P: 337.221

Placas e embellecedores para cementerio municipal

968,00

Iván Taboada Prego

47356147K

Fac. nº 14065;P: 161.210

Análitica auga

1854,80

Mª Carmen Pumariño Maciñeiras

33319899Y

Fac. 05/2014;P: 337.221

Diversos materiais para magosto , con cargo a Cultura

271,11

Mª Carmen Pumariño Maciñeiras

33319899Y

Fac. 06/2014;P: 161.210

Atados papel e auga

63,78

Mª Carmen Ceriño Gómez

33841513ª

Fac. 3;P: 920.226

Productos para danminificados “Casa Pombo”, con cargo a cuenta especial.

100,10

Mª Carmen Ceriño Gómez

33841513A

Fac. 4;P: 337.221

Costilla e bacón, magosto , con cargo a cultura

180,40

Juan C. Vila Blanco

33319230G

Fac. 27;P: 337.221

Castaña, para magosto, con cargo a cultura

94,00

Javier Loureiro Uriz

33344378J

Fac. nº 2/2014;P: 337.221

Actuación musical 7º festa dos avos, con cargo a cultura

484,00

FACTURAS BRIGADA 2ª

Arturo Rivera Díaz

34220067T

Fac nº 270/2014;P:170.221

Aceite mezcla

13,90

Oliva Rodríguez Ponton

34261946L

Fac. nº H0363191;P: 170.221

Gasolina

514,95

Mª Luisa Glez Diaz

33828333W

Fac. nº 31;P: 170.221

Aluguer Nissan Terrano, 26 días

786,50

FORA DA ORDE DO DÍA E PREVIA DECLARACIÓN DE URXENCIA, ADOPTOUSE O SEGUINTE ACORDO:

PERSOAL:

ESCRITO DE D. PILAR SOMOZA MAGDALENA, AUXILIAR DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, SOLICITANDO OS DÍAS 16 DE DECEMBRO 2014 EO 2 DE XANEIRO DO 2015, POR ASUNTOS PROPIOS.

Vista a solicitude presentada por Dª Pilar Somoza Magdalena, solicitando dous días de asuntos propios: 16-12-14 e 02-01-15.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Conceder a Dª Pilar Somoza Magdalena dous días de asuntos propios: 16-12-14 e 02-01-15.

ESCRITO DE Dª TERESA LÓPEZ PERNAS, TRABALLADORA SOCIAL DO CONCELLO DE LANCARA, SOLICITANDO UN DÍA DE ASUNTOS PROPIOS.

Vista a solicitude presentada por Dª Teresa López Pernas, solicitando o día 01-12-2014, por asuntos propios.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:


Conceder a Dª Teresa López Pernas o día 01-12-2014 por asuntos propios.

PLAN MARCO:PROGRAMA MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL 2014-2015: PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ACCESOS OS NÚCLEOS RURAIS DE TRASLISTE, TOIRAN, TOLDAOS, LANCARA ENTRE OUTRO DO CONCELLO DE LÁNCARA.

Vista a notificación da Resolución de 20 de novembro de 2014, pola que se aproba o Plan Marco: Programa mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015.

Visto o proxecto de acondicionamento e mellora de accesos os núcleos rurais de Trasliste, Toirán, Toldaos, Láncara entre outros do Concelo de Láncara.

Visto que os núcleos relacionados no proxecto técnico e afectados polas obras teñen menos de 500 habitantes, ao tratarse de núcleos rurais.

Visto que tódolos camiños incluídos no proxecto son de titularidade municipal e existe dispoñibilidade de terreos necesarios para a execución das obras.

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade,

ACORDOU:

1º.-Aprobar a participación o presente Plan Marco.

2º.-Participar neste Plan Marco co seguinte proxecto técnico: acondicionamento e mellora de accesos os núcleos rurais de Trasliste, Toirán, Toldaos, Láncara entre outros do Concelo de Láncara.

3º.-Designar para levar a cabo tódolos trámites necesarios en relación con este asuntos ao Sr. Alcalde D. Eladio Capón López.



E non habendo máis asuntos que tratar dáse por rematada a sesión por orde do Sr. Alcalde, sendo as catorce horas cinco minutos, estendéndose a presente acta que como Secretario, certifico.
Yüklə 164,14 Kb.

Dostları ilə paylaş:




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin