ANÁFORA)
EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas.
Verzas = aquelas Grelos = estes
2-Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso (CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta = xogaremos polas bandas)
VALORES ESPECIAIS DOS DEMOSTRATIVOS:
* Valor afectivo. EX: “¡Este Paco!
* Valor pexorativo. EX: ¿E ti vas comer iso?; ¿A iso lle chamas ti coche?
* Valor despectivo: EX: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso
* Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como substantivos de significado indeterminado:
EXS: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar. (Aquel = escusa)
Ten un aquel para o baile que dá gusto velo
* Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar):
EX: Cando lle mandas facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente.
* OLLO: Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión.
* Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón)
EXS: Ían descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor.
Entoaron o himno e con isto deuse por rematado o acto.
* DAQUELA admite dous valores:
1-Adverbial temporal: EX: Daquela non había coches coma os de hoxe.
(Daquela = naquela época; naquel tempo)
2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que)
EX: Non é socio do club, daquela non poden deixalo entrar.
-
En certas expresións ou frases feitas, o uso fixou unha forma indeterminada do demostrativo que se aparta da súa función básica como demostrativo:
EXS: Con esas; Iso si; Iso xa; Isto é; Por esas; Por iso; etc.
EXERCICIOS CON DEMOSTRATIVOS:
1º-Dictar un texto con moitos demostrativos e pedir que se expliquen os valores que teñen.
2º-Traducir estas frases ao galego:
Estos amigos nuestros no están aquí para que esos tipos los insulten.
Aquellos que no quieran ir que lo digan ahora mismo.
No quiero estos regalos, prefiero aquellos que tiene mi hermana.
Para superar estos problemas, esos serán nuestros mejores aliados.
3º- Di o valor dos demostrativos nestas frases:
Pechan a empresa, daquela haberá máis parados, e iso tenche o seu aquel
|
|
¿E con ese balón que trouxo o tipo este imos xogar neste campo tan bo?
|
|
Malia que lle pegues forte coa esquerda e canees ben co balón, isto vaiche ser mellor que aquilo para facerte un bo xogador de fútbol.
|
|
Non había coches daquela coma os de hoxe, daquela non hai comparanza.
|
|
Por moito que mo diga este, eu non vou nun coche coma ese a ningún lado.
|
|
Estabamos no barco e nisto afundiuse. Estabamos aquelados, pero, nestas, de milagre puidemos saír nadando.
|
|
Non queren flans. Os meus rapaces gustan máis das filloas ca dos iogures, aínda que a estes non lles fan tantos ascos coma a aquelas.
|
|
Para que non nos berren, isto é o que faremos: diremos que nós non fomos, que o fixeron os aqueloutrados de 4º de ESO.
|
|
Vós andade con esas, pero se non queredes suspender, daquela teredes que estudar moito máis.
|
|
Ela estaba aquelada escoitando ao rapaz, porque este tiña un aquel moi doce
|
|
*** OS POSESIVOS:
Unha cousa posuída Varias cousas posuídas
Posuidores
|
Persoa
|
Masculino
|
Feminino
|
Masculino
|
Feminino
|
Un
|
1ª
|
meu
|
miña
|
meus
|
miñas
|
Un
|
2ª
|
Teu
|
túa
|
teus
|
túas
|
Un
|
3ª
|
Seu
|
súa
|
seus
|
súas
|
|
|
|
|
|
|
Varios
|
1ª
|
noso
|
nosa
|
nosos
|
nosas
|
Varios
|
2ª
|
voso
|
vosa
|
vosos
|
vosas
|
Varios
|
3ª
|
Seu
|
súa
|
seus
|
súas
|
* Na 1ª e 2ª persoas o sungilar e o plural do pusuidor está marcada por un morfema diferente. Pero na 3ª persoa os lexemas son iguais no singular e no pulral e iso pode crear confusión: seu (= del, dela, deles, delas, de vostede, de vostedes).
Para desfacer a ambigüidade, o posesivo pode ser substituído por esta construcción:
DE + PRONOME PERSOAL TÓNICO
EXS: Veu no seu coche / veu no coche delas
Vendeu a súa casa / Vendeu a casa de vostede
Este mesmo papel de realce da da idea de posesión cúmprese coa palabra PROPIO:
EXS: Dixéronlle que viñese no seu coche (¿del, deles…?)
Dixéronlle que viñese no seu propio coche
** Existe un posesivo de respecto, MI, TU, SU, que acompaña a MADRE, PADRE, ocasionalmente a TÍO e mesmo a outros substantivos de tratamento como AMO, SEÑOR. EXS: Hoxe vaime deixar saír á festa, mi madre?
Pero non lle pediuches permiso a tu amo?
*** ATENCIÓN: Xa se dixo que o artigo precede sempre ao posesivo. Só nuns poucos casos especiais pode non facelo: con nomes de parentesco moi próximo (meu pai, miña nai, noso avó, etc) e cos vocativos (¡Meu pai!).
POSESIVO DE PROPIEDADE EXCLUSIVA OU ABSOLUTA:
Constrúese co sintagma: DE + posesivo masculino singular, e é invariable en xénero e número:
Persoa
-
Singular
|
1ª
|
De meu
|
Singular
|
2ª
|
De teu
|
Singular
|
3ª
|
De seu
|
Plural
|
1ª
|
De noso
|
Plural
|
2ª
|
De voso
|
Plural
|
3ª
|
De seu
|
EXS: Eu teño bicicleta de meu (da miña propiedade)
Vós tedes casa de voso.
Estas formas poden asumir tamén outros valores diferentes aos posesivos:
-Co valor de “Por propia natureza”:
EXS: Eses queixos son acedos de seu
Eu son optimista de meu
-Co valor de “Por si mesmo”:
EXS: Este edificio caeu de seu ou foi derrubado?
POSESIVO CON VALOR DISTRIBUTIVO:
É o resultado da contracción: cada + un + posesivo de 3ª persoa:
Masculino Femininio
Singular Cadanseu Cadansúa
Plural Cadanseus Cadansúas
EXS: Eles teñen cadanseu coche
As meniñas teñen cadansúas bonecas.
OLLO:
* O distributivo nunca vai ao final da frase:
EX: NON: Eles mercaron unha chaqueta cadansúa
SI: Eles mercaron cadansúa chaqueta.
* O distributivo conxuga en xénero e número co posuído, non co posuidor: EX: Elas teñen cadansúa xoguete (candanseu xoguete).
VALORES ESPECIAIS DOS POSESIVOS:
* Valor afectivo: EX: ¿Como está a nosa ría?
* Valor substantivo (= “a miña familia”): EX: Volveu para visitar os seus.
* Valor de proceso ou feito habitual. EX: Xa lle deu o seu ataque.
* Valor substantivo (= “o que é propio ou natural en…”) EX: A pesca é o seu, o meu é cazar.
* Valor substantivo (= “o que acostuma facer ou dicir alguén…”). EX: Armou unha das súas.
* Valor substantivo (= “a miña parte; o que me corresponde”). EX: Eu xa traballei o meu,
agora fai ti o teu.
* Valor cuantitativo adverbial (= “bastante; en boa cantidade”). EX: Aínda que dicías que
non tiñas sede, bebiches o teu.
* Valor vocativo: EX: ¡Escoita, meu! Como dis esa parvada?
OLLO: O posesivo (en feminino singular), con certas locucións ou adverbios de lugar, pode substituír o complemento formado polo sintagma: DE + PRONOME PERSOAL
EXS: diante de min = diante miña
enriba del = enriba súa
detrás de nós = detrás nosa
EXERCICIOS (Posesivos):
1º-Indica os valores dos posesivos nestas frases.
O certo é que o barco afundiu de seu,
|
|
Levei unha boa malleira, pero eles tamén levaron o seu
|
|
Cadaquén recibirá cadanseu agasallo polo Nadal.
|
|
Este tipo de viños son acedos de seu
|
|
Acolá, nas Cíes, temos ancorado un veleiro de noso.
|
|
A ver ¡meu!, ensíname esa alfaia que levas ao pescozo
|
|
Eu aos meus quérolles como todo o mundo quere aos seus.
|
|
Velaí vén Carliños cun dos seus tics
|
|
O meu é xogar ao fúlbol e o deles é xogar ao tenis
|
|
Esta nosa paisaxe xa non é a que era
|
|
2º-Dictar un texto con valores especiais dos posesivos e pedir que se indiquen.
3º-Facer distintas frases empregando o posesivo de propiedade absoluta con distintos valores.
4º-Usar o posesivo distributivo en distintas frases (singular/plural; masculino/feminino).
*** PRONOMES PERSOAIS:
* TÓNICOS:
-
Número
|
Persoa
|
Suxeito
|
Formas oblícuas
|
Libres
|
Ligadas
|
Non reflex.
|
Reflex.
|
Non reflex.
|
Reflex.
|
Singular
|
1ª
|
eu
|
min
|
comigo
|
2ª
|
ti
|
contigo
|
3ª
|
el, ela
|
si
|
…………
|
consigo
|
Plural
|
1ª
|
nós, nosoutros/as
|
connosco
|
2ª
|
vós, vosoutros/as
|
convosco
|
3ª
|
eles, elas
|
si
|
…………..
|
consigo
|
* Formas de cortesía na 2ª persoa: VOSTEDE/ES ( con verbo en 3ª persoa).
ATENCIÓN:
* O pronome tónico EL tamén se usa como neutro nunha serie de usos especiais con
valores anafóricos e catafóricos:
1-Equivalente a ISO sen manter concordancia: El era unha caixa baleira.
2-Con estructuras de Predicado impersoais: El haberá un mes que non o vexo 3-Como reforzo interrogativo: El é verdade que fotes andando até O Courel?
4-Con valor expletivo como apoio da narración co significado de “a cousa é
que”: E el cando eu rematei de falar, apareceron os invitados.
* Para a 3ª persoa había unha forma neutra: ELO, arcaísmo inusual no galego moderno. Aínda que mal usada hoxe como calco do castelán ELLO, si que é unha forma xenuinamente galega que se constata xa no galego medieval:
“Marauillouse moito delo”.
“Darme edes rresposta et consello a elo (da Crónica Troiana).
Hoxe só aparece en expresións fixas como: Estar a elo.
Os seus usos primitivos foron asumidos polo pronome persoal masculino e polos demostrativos neutros.
Contracción das preposicións EN e DE co pronome persoal de 3ª persoa:
-
Pronome
Preposición
|
EL
|
ELA
|
ELES
|
ELAS
|
EN
|
nel
|
nela
|
neles
|
nelas
|
DE
|
del
|
dela
|
deles
|
delas
|
ATENCIÓN: Estas contraccións non se usan cando a preposición non afecta directamente ao pronome. EX: De eles chegaren a tempo, imos todos xuntos.
(De chegaren a tempo eles, imos todos xuntos)
EXERCICIOS:
1º-Dictar un texto e analizar os pronomes persoais tónicos que hai nel indicando as súas funcións sintácticas.
2º-Nestas frases substitúe o subliñado por pronomes persoais tónicos:
-Pois aquel home ten que ser o representante dos Siniestro Total.
-O adestrador pediu tempo morto para que Xoán entrase.
-Breixo agora aínda estuda máis que os seus compañeiros.
-Tamén os máis mozos temos que axudar na mellora do país.
-Aquí deixou Alba os libros para Xaquín e mais a súa moza.
-Xoán, Neves e mais Brais tedes que facerlle o traballo a Pedro.
3º-Realiza cos seguintes supostos o mesmo que se fai no exemplo:
EX: TI + ELES = VÓS
Ti + eu = Nós + ti =
Elas + ti = Eu + vós =
(Vós - ti) + (ela +ela) = Ti + (El + el + ela) =
Eles + vostede = (Ti + ela) + (eu + ti) =
Eles + elas = Nós - eu =
Nós – ti = Vostede + eu =
Eles + nós = Eu + ti =
*** PRONOMES PERSOAIS:
* ÁTONOS:
-
FUNCIÓN
Número/persoa
|
C.D.
|
C.I.
|
SINGULAR
|
1ª
|
me
|
Me
|
2ª
|
te
|
che
|
3ª
|
o/a lo/la no/na se
|
lle
|
PLURAL
|
1ª
|
nos
|
nos
|
2ª
|
vos
|
vos
|
3ª
|
os/as los/las nos/nas se
|
lles se
|
* As formas de C.D. de 3ª persoa lo/la/los/las aparecen:
-Despois de forma verbal rematada en –R ou en –S:
EXS: Collelos (coller + los). Chamalos (chamar + los)
Sábela (sabes + la). Deixármolos (deixarmos + los)
-Tras as formas EIS e U:
EXS: -E os libros dos que falabas, ¿ulos? (u+los)
-Eilos (Eis + los)
-Tras o pronome persoal átono rematado en –S:
EXS: Eu contéillelo (Conteilles + lo)
Devéuvolo permitir (deveuvos + lo)
** As formas de C.D. de 3ª persoa no/na/nos/nas úsanse:
Despois de forma verbal rematada en ditongo decrecente:
EXS: El limpouno. Ela colleuno. El foino buscar alá.
CONTRACCIÓNS DOS PRONOMES DE C.I. COS DE C.D. DE 3ª PERSOA:
-
C.D.
(Acusativo)
(Dativo)
C.I.
|
O
|
A
|
OS
|
AS
|
SINGULAR
|
ME
|
mo
|
ma
|
mos
|
mas
|
CHE
|
cho
|
cha
|
chos
|
chas
|
LLE
|
llo
|
lla
|
llos
|
llas
|
PLURAL
|
NOS
|
nolo
|
nola
|
nolos
|
nolas
|
VOS
|
volo
|
vola
|
volos
|
volas
|
LLES
|
llelo
|
llela
|
llelos
|
llelas
|
EXS: Os rapaces deron caramelos aos amigos --- os rapaces déronllelos
CD = os CI = lles --- (lles + os = llelos)
Os rapaces deron camarelos ao amigo ----- os rapaces déronllos
CD = os CI = lle (lle + os = llos)
* PRONOME OU DATIVO DE SOLIDARIEDADE:
Úsase cando o emisor quere influír emocionalmente no oínte amosando afectividade ou confianza. Vai dirixido ao interlocutor e, polo tanto, só se usa a 2ª persoa singular (CHE) ou plural (VOS), e para a cortesía a 3ª persoa singular (LLE) ou plural (LLES). EXS: Non (che) lles dixo nada aos rapaces
Non lles dixo nada aos rapaces
Sendo así non (lle = cortesía) é tan mala a cousa.
Sendo así non é tan mala cousa
Atención: Obsérvese, nos exemplos anteriores, que se o quitamos da oración esta
Dostları ilə paylaş: |