Apuntamentos e exercicios (gramática e ortografíA)



Yüklə 0,88 Mb.
səhifə1/7
tarix17.03.2018
ölçüsü0,88 Mb.
#45564
  1   2   3   4   5   6   7
    Bu səhifədəki naviqasiya:
  • * OLLO

GALEGO
APUNTAMENTOS E EXERCICIOS


(GRAMÁTICA E ORTOGRAFÍA)






TEMA 1: EXERCÍCIOS:
1º: FAI A TRANSCRIPCIÓN FONOLÓXICA DESTE TEXTO:
“Capetón”, dicían os nosos mariñeiros. Tiña gracia, soaba ben. Aínda





que non era así. Xacinto sabíao. El tiña bo oído. Escoitara a pronuncia


atentamente. Sempre tivo máis curiosidade que os demais por estas


cousas, máis cultura. El sempre quixo chegar a ser unha persoa culta.


Por iso atendía moito as explicacións do seu mestre cando ía á escola.

------------------------------------------------------------------------------



2º: DI A ABERTURA (A= aberto; P= pechado) DO “E” E MAIS DO “O” NESTAS PALABRAS:


Corvo (ave)




Corvo (curvado)




Pega (ave)




Pega (atranco)




Pola (ave)




Pola (rama)




Bola (pan)




Bola (pelota)




Doce (pastel)




Doce (número)




Golpe (golpear)




Golpe (raposo)




Mes (do ano)




Mes (seara)




Presa (encoro)




Presa (rapidez)




Oso (animal)




Oso (anatomía)




Pe (anatomía)




Pe (letra)




Corte (do Rei)




Corte (do animal)




Ceo (de cear)




Ceo (firmamento)




Bote (chalupa)




Bote (tire algo)




Corda (soga)




Corda (xuiciosa)




Moa ( da boca)




Moa (de moer)




Pelo (de pelar)




Pelo (cabelo)




Sen (vidalla)




Sen (preposición)




Toco (de tocar)




Toco (manco)




Sela (asento)




Sela (se selar)




Vela (da nave)




Vela (ver + a)




Neto (medida)




Neto (familiar)




Verme (mirarme




Verme (lombriga)




------------------------------------------------------------------------------



3º: DIFERENCIA DE SIGNIFICADO NESTAS PALABRAS HOMÓFONAS:


Baca




Vaca




Bario




Vario




Boga




Voga




Benia




Venia




Bago




Vago




Bacante




Vacante




Bocal




Vocal




Bou




Vou




Beta




Veta




Basto




Vasto




Barro




Varro




Bacía




Vacía




Beo




Veo




Barón




Varón




Botar




Votar




Rebelar




Revelar






TEMA 2: DITONGACIÓNS:

O ditongo (NON: diPtongo) é a agrupación de dúas vogais nunca mesma sílaba. Pero para que se dea esta circunstancia é preciso que polo menos unha das vogais sexa pechada (i, u).

Exs: Vougo (baleiro, deserto); Ousia (ábsida); Vouta (Bóveda)

Ditongos:

Ai Au Ia Ua Ei Eu Ie Ue Oi Ou Io Uo



Nos ditongos o núcleo é a vogal máis aberta: Ou-ro. Xei-tei-ra. Noi-te.

Clases de ditongos:
Crecentes: A abertura das vogais vai de menos a máis, é decir,

que crece. Son pouco frecuentes en galego.

Exemplos: Cien-cia. Ma-nuel.



- i e + (crece a abertura da boca)

Decrecentes: A abertura das vogais vai de máis a menos, é decir,

que decrece. Son os máis característicos do galego. Exemplos: Fei-ra. Xou-ba. Troi-tas.





+ e i - (decrece a abertura da boca)
Homoxéneos: Cando na mesma sílaba se atopan dúas vogais

Pechadas. Neles o núcleo é a vogal que recibe

máis intensidade. Ex: Lin-güis-ta. Diu-ré-ti-co.

OLLO : os ditongos homoxéneos en final de palabra aquipáranse aos decrecentes a efectos de acentuación gráfica e, polo tanto, non se acentúan as palabras agudas rematadas en estes ditongos: partiu, azuis.


TRITONGO: encontro de tres vogais nunca única sílaba. Fórmase cunha

vogal tónica, aberta ou media, entre dúas vogais pechadas:

EX: Cu-miais. Ha-bi-tuais. Bueu. Luou.

HIATO: encontro de dúas vogais que están en sílabas distintas.

EX: Rí-o. Crú-a. Mo-er. Má-go-a. Me-di-te-rrá-ne-o



TEMA 3: A ACENTUACIÓN.

No galego soamente se usa un tipo de acento, o acento agudo (´).


ESQUEMA: REGRAS DE ACENTUACIÓN GRÁFICA:



ACENTÚANSE



NON SE ACENTÚAN




AGUDAS


Se rematan en:
-vogal:

Ex: papá, Xosé, gogó


-n:

Ex: camión, lambón


-s:

Ex: papás, gogós, mamás


-ns:

Ex: camións, lambóns





Se rematan en:

-consoante distinta de –n, -s:

Ex: papel, cantar, nariz, arroz,

capital, anal,
-ditongo decrecente:

(seguido ou non de “s”)

Ex: ademais, controis, despois, amou, rompeu, estudei, españois, capitais, papeis, romeu, bacallau, xubileu, dezaseis. Tamén partiu, azuis * (ver nota a pé de páxina).
-os monosílabos:

Ex: Pan, can, sal, fol, mol, gol, sol,

fel, mel, rol, cal, mal, son, man,

san, paz, ron.




GRAVES



Se rematan en:
-consoante distinta –n, -s:

Ex: móbil, carácter, alférez,

cráter,
-ditongo decrecente:

(seguido ou non de “s”)

Ex: amábeis, imposíbeis (plurais de palabras reatas en –bel); hóckey, jóckey (estranxeirismos acabados no ditongo –ey = -ei).
-grupos cultos latinos -ps, -x:

Ex: tríceps, bíceps, clímax, Félix,

tórax.


Se rematan en:
-vogal:

Ex: gata, lata, ruta, gruta, loito,

loita, froito, froita, canta, pata.
-vogal + n:

Ex: cantaran,



-vogal + s:

Ex: cantas, mantas, mantos, coles,

soles, males, malos, rusos,

lapis,
-vogal + ns:

Ex: canons, colons, dolmens,

ESDRÚ-


XULAS


Acentúanse todas:

Ex: mágoa, bárbaro, tépedo,

túnica, tónico,








* OLLO: Sobre as agudas: A efectos de acentuación gráfica, en final de palabra os ditongos homoxéneos (iu, ui) equipáranse aos ditongos decrecentes e, polo tanto, non se acentúan nas palabras agudas. Exemplos: partiu, azuis.
* CASOS ESPECIAIS DE ACENTUACIÓN:
1º CASO: Acentuación de i, u en hiato:
As vogais “i”, “u” tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo.
Exemplos:

Acentúo, aínda, baúl, Paúl, túa, lúa, rúa, rúas, túas, súas,

caída, saída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, muíño,

moía, prexuízo, xuízo, raíña, raíz, río, tío, lío, roía, ruído,

saía, saín, caín, ruín, saír, traía, etc.
2º CASO: Acentuación de estranxeirismos e latinismos:
As palabras estranxeiras seguen as mesmas regras de acentuación do esquema da páxina anterior.

Exemplos:

Agudas: autobús, iglú, iglús, obús, popurrí, puré, organdí, ralentí, tabú, vermú, xampú, xampús, puré, purés, aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.

Graves: accésit, béisbol, cénit, córner, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem, smóking, superávit, tándem, télex, tótem, harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, fútbol, pizza, quimono, ravioli, zombi.

Esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.
OLLO: As palabras rematadas graficamente en “y” (i grego) teñen o mesmo tratamento que se rematasen en “i” (i latino):

Exemplos: playboy (aguda rematada en ditongo decrecente: “oy” = “oi”), spray (coma convoi, samurai), hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky.



3º CASO: Acentos diacríticos:

Úsase para distinguir dúas palabras que se escriben igual, para evitar confusión.



PALABRAS CON ACENTOS DIACRÍTICOS OBRIGATORIOS:

á (a + a artigo; substantivo)

a (artigo; pronome; preposición)

ás (a + as artigo; substantivo)

as (artigo; pronome)

bóla (esfera)

bola (peza de pan)

cá (ca + a)

ca (conxunción comparativa)

cás (ca + as)

cas (perposición)

chá (plana)

cha (che + a)

chás (planas)

chas (che + as)

có (ca + o)

co ( con + o)

cós (ca + os; subst.:parte da camisa)

cos (con + os)

cómpre (é mester, fai falta, é necesario)

compre (merque: do verbo mercar)

cómpren (son mester, “ , “ )

compren (merquen, “ )

dá (presente e imperativo do verbo dar)

da (de + a)

dás (presente do verbo dar)

das (de + as)

dó (compaixón)

do ( de + o)

é (presente do verbo ser)

e (conxunción)

fóra (adverbio de lugar)

fora (antepretérito dos verbos ser e ir)

má (ruín)

ma (me + a)

más (ruíns)

mas (me + as)

máis (adverbio)

mais (conxunción: sinónimo de pero)

nó (substantivo: “nudo”)

no (en + o)

nós (subst.: Plural de nó; pron. Tónico)

nos (en + os; pron. Átono)

ó (a+ o)

o (artigo; pronome)

ós (a + os)

os (artigo; pronome)

óso (do corpo)

oso (animal)

pé (parte do corpo)

pe (letra)

póla (rama)

pola (galiña; por + a)

pór (poñer)

por (preposición)

présa (apuro)

presa (prendida, cativa; presada)

sé (“sede catedral; imperativo de ser)

se (conxunción; pronome reflexivo)

só (adverbio e adxectivo)

so (preposición= debaixo de)

té (infusión)

te (pronome; letra)

vén (presente do verbo vir)

ven (presente de ver; imperativo de vir)

vés (presente de vir)

ves (presente de ver)

vós (pronome tónico)

vos (pronome átono)


4º CASO: Verbo + pronome enclítico e verbo + 2ª forma do artigo:

Se o verbo leva despois o pronome unido a el, ou o artigo (este sempre mediante guión), trátase coma se fose unha soa palabra e acentúase segundo as normas anteditas.



Exemplos:

* Con pronomes enclíticos:

Cantaraa, cantáraa. Bebérala, beberala. Catárana, cantarana.

Métese, méteseche. Metéusenos, metéusevos, metéronvolo. Tómao,

tómallo, tómallos, tómallelo.

* Con 2ª forma do artigo:

Ti cóme-lo caldo; É bo come-lo caldo; Ti bebéra-la auga; Ti bebera-la auga.


OLLO: As formas verbais que levan til diacrítico mantéñeno cando van

unidas a un pronome átono.



Exemplo: é / élle; éa; dáo; dáme; dálle; ti dálo á forza; ti dáslle;

ti dásme; ¿ti vélo comprar?


5º CASO: Adverbios en –mente:
Nunca levan til, porque son graves rematadas en vogal.
6º CASO: Interrogativos e exclamativos:
* Non se acentúan os interrogativos e exclamativos directos:

Exemplo: ¿Canto queres? ¿Onde vas? ¿Como estás? ¿Cal é o teu coche? ¿Que fixeches? ¿Por que non vas hoxe? ¿Cando vés? ¡Como medraches, neno! ¡Que caro! ¡Onde vas! ¡Que desgraza! ¡Que demo de rapaces!
* Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e do exclamativo cando introducen interrogativas indirectas:

Exemplo: Pregúntalle canto quere polo coche. Pregúntalle onde está o meniño. Pregúntalle cando volve.
ATENCIÓN: Soamente se acentuarían se fose preciso para evitar confusións:
Exemplo: Dille qué queres/Dille que queres;

Xa sabes qué hai/Xa sabes que hai


TEMA 3: EXERCICIOS:

1º: Indica a norma de porqué se acentúan (ou non se acentúan):


Ademais




Bíceps




Paúis




Hóckey




Amable




Clímax




Cantei




Soamente




Contáronvola




Posíbeis





2º: Facer un dictado e poñer como exercicio aclarar as normas de acentuación dunha serie de palabras suliñadas.
3º: Pon o til adecuadamente ás seguintes palabras, se deben levalo:


Textil

Enfase

Beisbol

Climax

Smoking

Amais

Amabeis

Constituiu

Cantaroncho

Bilingüismo

Hockey

Prensil

Automobil

Rompeu

Forceps

Dolmens

Xampu

Rua

Album

Egoismo

Fieis

Superavit

Lambons

Parkinson

Habitat

Tandem

Partiu

Accesit

Crater

Misiles

Raiña

Prexuizo

Sain

Requiem

Deficit

Magoa

Triceps

Azuis

Pauis

Acentuo

Forcei

Egoismo

Arauxo

Españois

Telex


4ª: Indica cales destas parellas de palabras levan til diacrítico:


Ca (ca + a)

Ca (conx. compar)

Chas (planas)

Chas (che + as)

Compre (fai falta)

Compre (merque)

Fora (adverbio)

Fora (de ser ou ir)

No (“nudo”)

No (en + o)

Por (poñer)

Por (preposición)

Te (infusión)

Te (pron.; letra)

Ven (verbo vir)

Ven ( verbo ver)

Vos (pron. tónico)

Vos (pron. átono)

Ves (verbo vir)

Ves (verbo ver)

Mais (adverbio)

Mais (=pero)

Mas (ruíns)

Mas (me + as)

As (a + as; alas)

As (artigo; pron.)

E (verbo ser)

E (conxunción)

Cos (ca + os)

Cos (con + os)

Das (verbo dar)

Das (de + as)

Do (compaixón)

Do ( de + o)

Os (a + os)

Os (artigo; pron.)

Nos (pron. tónico)

Nos (pron. Átono)

Pe (do corpo)

Pe (letra)

TEMA 4: A DIÉRESE:
* Úsase coa letra u para indicar que se pronuncia esta vogal nas sílabas güe, güi, fronte a gue, gui.

Exemplos: antigüidade, bilingüe, argüír, argüían, lingüista, lingüística,

ungüento.


* Úsase tamén coa letra i na 1ª e 2ª persoas (P4 e P5) de plural dos copretéritos (pretérito imperfecto de indicativo) dos verbos rematados en:

-aer (caer, decaer, recaer, traer, atraer, contraer, distraer, extraer)

-oer (roer, corroer, doer, moer, remoer)

-aír (saír, sobresaír)

-oír (oír)

Exemplos:

-aer: caïamos, caïades

-oer: roïamos, roïades

-aír: saïamos, saïades

-oír: oïamos, oïades
A CAUSA:

Ponse a diérese porque este i forma sílaba por si soa (ca-i-a-mos) aínda que sexa átono. E desta maneira distínguense estas formas verbais (P4 e P5 do copretérito) das do presente de Subxuntivo, nas que este i forma ditongo: caiamos, caiades (Ca-ia-mos, ca-ia-des).


* Polo tanto (e aínda que nestes casos non exista homonimia, porque o subxuntivo é distinto: arguamos, arguades; construamos, construades), tamén debe usarse diérese sobre o i nas P4 e P5 dos Copretéritos dos verbos rematados en:

-uír: argüír, constituír, construír, reconstruír, destruír, influír, fluír,

confluír.

Exemplos:

Argüïamos, argüïades. Construïamos, construïades.

Fluïamos, fluïades.

TEMA 5: O APÓSTROFO:
Admítese o seu uso en dous casos:

1-Cando se quere reproducir fielmente a pronuncia do galego oral ou dialectal: Exemplo: n´é verdade; n´o fixen; ont´á noite;


2-Cando se citan títulos ou cabeceiras de publicacións sempre que o artigo inicial se integre coas preposicións “de” ou “en”:

Exemplo: O argumento d´A Esmorga.

Iso está n´Os Eoas.




TEMA 6: SIGNOS DE INTERROGACIÓN E ADMIRACIÓN:
A interrogación ( ? ) e a exclamación ( ! ) só se poñen ao final da frase:

Exemplos:

Por que non foches onte ao cine ?

Cando queres que vaia contigo ?

Vaiche boa !

Malo raio te coma !
OLLO: Aínda que, para facilitar a lectura e evitar ambigüidades, poden poñerse tamén ao principio da frase ( ¿ ), ( ¡ ).

TEMA 7: FORMACIÓN DO PLURAL:


  • Palabras rematadas en vogal (átona ou tónica) ou en ditongo:

-Fan o plural en –s: mesa/mesas; café/cafés; bocoi/bocois; lei/leis.

-Os estranxeirismo acabados en vogal fan o plural en –s ou ben respectando a forma plural da lingua de orixe:

spray/sprays; hippy/hippys ou tamén hippies.


  • Palabras rematadas en –r e –z:

-Engaden –es: mar/mares; paz/paces; luz/luces.

-Os estranxeirismos, en xeral, tamén (palier/palieres; somier/somieres; húsar/húsares; dólar/dólares), a non ser algúns casos de palabras pouco integradas, que poden formar o plural en –s: póster/posters ou pósteres; gángter/gángteres ou gángters; júnior/júniores ou júniors.




  • Palabras rematadas en –s e –x [ks]:

-Agudas en –s fano engadindo –es: deus/deuses; compás/compases, a non ser as rematadas en grupo consonántico (tamén as acabadas en –x [ks]: luns, fax, lux, unisex, que permanecen invariables.

-As graves e esdrúxulas en –s ou en –x [ks], son invariables: chomomicas, lapis, martes, oasis, xoves, mércores, bíceps, tórax, clímax, télex, etc.




  • Palabras rematadas en –n:

Engaden –s: can/cans; lambón/lambóns; dolmen/dolmens; mitin/mitins.



  • Palabras rematadas en –l:

-Os monosílabos engaden –es: cal/cales; el/eles; tal/tales; val/vales; xel/xeles; vil/viles; fol/foles; gol/goles; mal/males; mol/moles; sol/soles.
-As palabras compostas en que o 2º elemento sexa algún monosílabo acabado en –l, fan o plural coma o monosílabo, é dicir en –es: chuchamel/chuchameles; xirasol/xirasoles;ollomol/ollomoles; cartafol/cartafoles.

O plural de aquel é aqueles (aínda non sendo un monosílabo nin un derivado de el, polo que cabería esperar un plural uns ele e aquele, coma no portugués, e así os plurais serían loxicamente eles e aqueles. A explicación estaría na posterior perda da vogal final).

-As agudas polisílabas substitúen o –l por –is: animal/animais; aval/avais; fiel/fieis; cruel/crueis; civil/civís; español/españois; control/controis; azul/azuis; Paúl/Paúis. OLLO: caracol/caracois; aerosol/aerosois.

Atención: Nos rematados en –il soluciónase en –ís: cadril/cadrís; cantíl/cantís (nunca cadríis ou cantíis).
-As palabras graves fan o plural en –es: áxil/áxiles; téxtil/téxtiles; prénsil/prénsiles; útil/útiles; pénsil/pénsiles; mísil/mísiles; réptil/réptiles; difícil/difíciles; túnel/túneles; cónsul/cónsules.

Atención: Exceptúase a terminación –bel, que fará o plural en –beis: amábel/amábeis; potábel/potábeis; posíbel/posíbeis; bebíbel/bebíbeis.


  • Palabras rematadas noutras consoantes:

A maioria delas son estranxeirismos ou cultismos, e forman o plural engadindo –s: frac/fracs; club/clubs; pub/pubs; snob/snobs; clac/clacs; coñac/coñacs; lord/lords; tic/tics; crómlech/crómlechs; sándwich/sándwichs; sketch/sketchs; stick/sticks; round/rounds; talmud/talmuds; rosbif/rosbifs; anorak/anoraks; búmerang/búmerangs; iceberg/icebergs; ring/rings; smóking/smókings; álbum/álbums; réquiem/requiems; slálom/sláloms; tándem/tándems; tótem/tótems; clip/clips; jeep/jeeps; hándicap/hándicaps; boicot/boicots; complot/complots; fagot/fagots; mamut/mamuts; robot/robots; spirnt/sprints; test/tests; trust/trusts; leitmotiv/leitmotivs.
EXERCICIOS:

1-Dictar un texto e pedir a xustificación teórica de todos os plurais.

2-Pon en plural as seguintes palabras:

Cantil




Xirasol




Stick




Crómlech




Pénsil




Cruel




Frac




Cantábel




Cadril




Téxtil




Chuchamel




Mísil



3-Xustifica teoricamente o plural das seguintes palabras:



Funil




Prénsil




Parasol




Trusts




TEMA 8: FEMININOS E MASCULINOS:
* MASCULINOS:

  • Os nomes das letras: be, ce, de, etc.

  • Os rematados en –ote: lote, dote, pote… Pero: epiglote.

  • A maioría dos rematados en –(u)me:

Exemplos: teitume, lume, gume, costume, legume, cume, estrume, cerume, arame, enxame, exame, nome, etc.

Excepto: servidume, negrume (escuridade intensa; melancolía, tristeza; capa de suciedade), que son femininas.
* Leite, aceite, couce, ubre, sangue, peite, sal, mar, cal, costume, fel, mel, sinal, nariz, lume, cume, labor, xeonllo, riso, sorriso, til, cuspe, berce, dinamo, trade, xene, cumio, iota (e demais letras gregas), cardume, estrume, pesadume, paradoxo, acedume, bechamel, cárcere, teitume, xiz, zócolo, testemuño (declaración da testemuña: testimonio en castelán).

*FEMININOS:

* Rematados en –axe: tatuaxe, equipaxe, viaxe, friaxe, personaxe,… Excepcións: traxe, paxe, garaxe.

* Rematados en –ite: apendicite, bronquite, sinosite,…

* Rematados en –se: análise, trombose, cirrose, antítese,… (sífilis é feminino, pero

mantense escrito así).

* Rematados en –ade: liberdade, puberdade, lealdade, irmandade,..

* A maioría das árbores froiteiras: cerdeira, laranxeira, ameixeira, maceira, figueira, (pero: o figo), nespereira (pero: o néspero), amorodeira (pero: amorodo ou morodo).

Excepcións: castiñeiro, limoeiro, piñeiro, pexegueiro.


*Cor, color, dor, dolor, auga, arma, aula, aguia, alma, arte, podremia, sebe, sede, árbore, ponte, orde, desorde, contraorde, pantasma, calor, suor, canle, fame, orixe, pálpebras, armazón, icona, cute, tise, dose, feluxe, personaxe, ábsida, arquitrabe, azouta, birreme, trirreme, tanza, sedela, apócope, avestruz, apóstrofe, estrea, fin (remate), paréntese, pube, rega, seca, sentinela, síncope, análise, marxe, testemuña (o que presencia algo, testigo en castelán).
ATENCIÓN:

O xénero oposto permite establecer diferencias de significado:

* Individual/colectivo: leño/leña, ovo/ova, froito/froita, madeiro/madeira,

gran/gra, etc.

* Maior/menor: cesta/cesto, leira/leiro, agra/agro, carballa/carballo,

foxa/foxo, palleira/palleiro, lago/laga.

Pero OLLO: machado/machada, vasoiro/vasoira.

* Forma diferente: zapato/zapata, río/ría, porto/porta, pozo/poza,

sacho/sacha, caldeiro/caldeira.

* Río/Comarca: o Arnoia/A Arnoia, o Limia/A Limia, o Ulla/A Ulla…


TEMA 8: EXERCICIOS (de Exemplo):

1º: Nesta lista de palabras pon M (Masculino) ou F (Feminino):



Azucre




legume




arte




Cuspe




Pube




Garaxe




Trade




Marxe




Ponte




Árbore




Dolor




Sifilis




Personaxe




tise




tatuaxe




iota



2º: Di o feminino das seguintes palabras:



Abade




León




Formiga




Tsar




Cirurxián




Lerchán




Fisterrán




Heroe




Electromotor




Aldeán




Visconde




Poeta




freire




Ladrón




xudeu




cabalo



3º: Traduce ao galego unha serie de frases:


1-Hacía mucho calor y el testigo no declaró.
2-El tenía muy mal color porque acababa de hacer unos análises.

3-Hicimos el viaje de novios a las cumbres del Pirineo.


4-Estudiando el origen del arte griego, apareció un fantasma en el aula.


Masculino –án / Feminino –á // Masculino –ano / Feminino –ana:

  • Masculino –án / Feminino –á:

Exemplos: alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá, san, sá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá.

Este sufixo serve tamén para formar xentilicios:

Exemplos: afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá. Pero especialmente tamén os referidos a lugares galegos: arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; vilagarcián, vilagarciá; salnesán salnesá; muxián, muxiá; fisterrán, fisterrá; compostelán, compostelá; etc.

Pero certos xentilicios galegos poden facerse coa súa forma local –ao/-á: Ejemplos: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); ribeirao, ribeirá (do Ribeiro); mariñao, mariñá (da Mariña).

Tamén se admite a forma feminina local –án en casos como: unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán, etc.


  • Masculino –ano / Feminino –ana:

Vén da terminación latina –ANUM, -ANAM.

Exemplos: africano, americano, anglicano, arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, inhumano, italiano, lusitano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, pondaliano, rosaliano, (de estilo, de autor), profano, provinciano, puritano, republicano, romano, semana, soberano, tirano, transmontano, ultramontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano, etc.

As palabras cultas conservan a terminación –ano/-ana: bímano, diáfano, cocainómano, bibliómano, tímpano, cleptómano, ébano, melómano, mitómano, órgano, pínfano, tétano, morfinómano.
Masculino –án / Feminino –ana:

Só para os pexorativos: barrigán, barrigana; barullán, barullana; brután, brutana; burrán, burrana; bocalán, bocalana; cabezán, cabezana; cagán, cagana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; charlatán, charlatana; farfallán, farfallana; folgazán, folgazana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán ,larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; pailán, pailana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán, pelandrana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; etc.


Masculino –ón / Feminino -oa, –ona:

  • -ón / -oa:

OLLO: Exemplos: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa (pero tamén ladra); león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa.


  • -ón / -ona:

Queda só reservado para os aumentativo e os pexorativos:

Exemplos:

Aumentativos: Homón, mullerona, zapatón, casona.



Peyorativos: Abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona, etc.
OLLO: Non confundir as palabras cultas con terminación –on (átona): canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson. O anglicismo nylon, adáptase ao galego como: nailon.

1º-Lembra o xénero destas palabras e ponlle diante o artigo correspondente:

Arte

Cofre

Couce

Azouta

Robalo

Azar

Ponte

Análise

Ra

Plumaxe

Ele

Dote

Xénese

Birreme

Plebe

Lume

Val

Nariz

Ubre

Karate

Riso

Mel

Lapis

Leite

Inmortalidade

Sorriso

Cume

Servidume

Trirreme

Robaliza

Dor

Cumio

Azucre

Marxe

Arbitraxe

Dolor

Carne

Farinxite

Orixe

Meninxite

Grilo

Carné

Legume

Cabelo

Puberdade

Aguia

Cute

Tise

Pel

Porcentaxe

Pálpebras

Uve

Cuspe

Radio

Suor

Cor

Trade

Chuspe

Cabotaxe

Sentinela

Color

Varanda

Sífilis

Ferruxe

Podremia

Labor

Broca

Cerume

Abordaxe

Alfa

Laboura

Trabe

Sondaxe

Céspede

Paxe

Fame

Arquitrabe

Sangue

Dose



Sebe

Feluxe

Serán

Betume

Árbore

Unlla

Pube

Tatuaxe

Mel

Pesadume

Crise

Personaxe

Cal

Énfase

Marxe

Xene

Queixume

Til

Ferume

Aula

Canle

Ábsida

Dinamo

Sal

Pe

Desorde

Icona

Berce

La

Iota

Orde

Peaxe

Calor

Acedume

Negrume

Contraorde

Costume

Avestruz

Culler

Traxe

Sinal

Viaxe

Colar

Cardume

Alma

Talismán

Cárcere

Auga

Atlas

Estrume

2º-Indica o feminino das seguintes palabras:

Tecelán




Príncipe




Castrón




Sacerdote




Abade




Tabán




Saltón




Cónsul




Poeta




Testemuña




Freire




Cabaleiro




Alcalde




Frade




Sapo




Compostelán




Emperador




Monxe




Cristián




Estudante




Tsar




Xudeu




Boi




Actor




Papa




Padrastro




Afgán




Alemán




Compadre




Electromotor




Deus




Marido




Parente




Robaliza




Visconde




Tirolés




Nugallán




Xenro




Novelista




Fisterrán




Barón




Sultán




Mártir




Varón




Hindú




Capitán




Contratista




Rei




Louzán




Charlatán




Robalo




Idiota




Cortesán




Ladrón




San




Testalán




Nu




Vivente




Cru




Curmán




Cirurxián




Xastre




Indíxena




Tartaruga




Gardián




Oco




Ancián




Comellón




Marrán




Formiga




Patrón




León




Víctima




Cabalo




Dependente




Van




Heroe




Doado




Coimbrán




Carneiro




Xuíz




Intérprete




Aldeán




Cidadán




TEMA 9: COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS:

Ademais das formas analíticas (*) da comparación, úsanse tamén os comparativos sintéticos (*) seguintes:

Para bo (en vez de máis bo) Mellor

Para malo ou mao (en vez de máis malo ou máis mao) Peor

Para grande (en vez de máis grande) Maior ou Meirande

Para pequeno (en vez de máis pequeno) Menor

Para grande/alto (en vez de máis grande ou alto) Superior (coa prep. a)

Para pequeno/baixo (en vez de máis pequeno ou baixo) Inferior (coa prep. a)

EXS: Alberte é superior a Alexandre. Alberte é inferior a Alexandre.

Para formar superlativos absolutos úsase o sufixo –ísimo:

Exemplo: altísimo, grandísimo.

Este sufixo ás veces engádese á raíz culta da palabra e non á patrimonial:

Exemplos: antigo, antiquísimo; fiel, fidelísimo; nobre, nobilísimo.

Nos adxectivos rematados en –ble ou en –bel este superlativo ten sempre a terminación –bilísimo:

Exemplos: Amable ou amábel - amabilísimo;

Estable ou estábel - estabilísimo.


En rexistros cultos aparecen os superlativos co sufixo –érrimo.

Exemplo: de célebre - celebérrimo

de libre - libérrimo

de mísero - misérrimo

de pobre - paupérrimo

de pulcro - pulquérrimo

de úbere - ubérrimo

OLLO:

(*) Analítico: quere dicir mediante varias palabras ou cun complexo ou fórmula.

(*) Sintético: quere dicir de forma simple, mediante unha soa palabra.

NORMAS PARA A CONSTRUCCIÓN DAS FRASES COMPARATIVAS (COMPARATIVO ANALÍTICO):

O 1º grao do adxectivo ou grao positivo expresa libremente unha calidade que posúe: EX: pan fresco; pan duro.

O 2º grao do adxectivo ou superlativo eleva esa calidade ao grao máis alto: EX: pan fresquísimo; pan durisímo ou pan moi duro.

O 3º grao do adxectivo é a comparación. Comparar consiste en atribuír unha calidade a algo ou alguén poñéndoo en relación con esa mesma calidade existente noutro ou noutros obxectos.

Non só se compara o adxectivo, senón que tamén se compara o verbo (EX: fala máis do que fai), o adverbio (EX: tira máis para aquí que para ) e o substantivo (EX: serve o mesmo para cans que para gatos).

COMPARACIÓN DE IGUALDADE:

(adverbio) (relator)

+ verbo +Tan/Tanto + adxectivo + Como/Coma + segundo termo

EX: Brais está tan alto coma Xoán


Tamén hai outro xeito de realizar a COMPARACIÓN DE IGUALDADE:

(Neste caso empréganse as conxuncións igual que a comparación de superioridade

e inferioridade).

+ verbo + igual (de) + adxectivo + Ca/Que/Do que + 2º termo



EXS: Iria é igual (de) fermosa Ca/Que/Do que Xoana
COMPARACIÓN DE INFERIORIDADE:

(adverbio) (relator)

+ verbo + Menos + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo
COMPARACIÓN DE SUPERIORIDADE:

(adverbio) (relator)

+ verbo + Máis + adxectivo + Que/Ca/Do que + 2º termo

USOS DAS PARTÍCULAS COMPARATIVAS:

ÚSASE CANDO O…
Como …2º termo é un verbo (unha oración), aínda que leve pronome

EX: Ela sabe tanto como sabe Xoán

Ela sabe tanto como ti sabes
Coma …2º termo é un pronome persoal

(min, ti, ela, el, nós, vós, elas, eles)

EX: Corre tanto coma min
Como/Coma Nos demais casos pódese usar calquera dos dous

EX: Corre tanto como/coma unha panteira


Ca …2º termo é un pronome persoal

EX: Corre máis/menos ca min


Do que …2º termo é un verbo (unha oración)

EX: Fala máis/menos do que pode


Ca/Que/Do que Nos demais casos calquera delas.

EXS: Corre máis ca un can

Corre máis que un can

Corre máis do que un can



* OLLO: algunhas gramáticas non permiten usar do que nestes casos, e só permiten usar Ca ou Que. Pero debería permitirse porque: “Corre máis ca/que un can”, é o mesmo que: “Corre máis do que (corre) un can” , (aínda que o verbo vaia elidido).
TAMÉN se deben empregar COMA e CA se o 2º termo é unha:

Oración temporal ------> EX: Fixo COMA CANDO lle deron aquel o susto.

Está mellor CA CANDO era un mociño

Oración de relativo --- EX: Despediuse COMA QUEN vai á guerra

É máis maleducado CA QUEN cuspe no chan

Oración condicional -- EX: Fixo COMA SE non ouvise o que lle dicían

Corre mellor CA SE lle viñese un lobo detrás

* Cando a comparación ten como 2º termo un sintagma cuantitativo é posible o uso da preposición DE: EXS: Non vale máis de dez mil pesos = Non vale máis ca dez mil pesos.



ATENCIÓN: CONTRACCIÓN DA PARTÍCULA COMPARATIVA CA

CO ARTIGO (A, O, AS, OS):



* Hai dúas opcións:

1-Facer a contracción: 2-Non facer a contracción:

Ca + a = cá Ca + o = có Ca + a = ca a Ca + o = ca o

Ca + as = cás Ca + os = cós Ca + as = ca as Ca + os = ca os



(OLLO: A partícula Que nunca contrae co artigo).
ATENCIÓN: Cando coinciden a partícula comparativa Ca, a preposición A, e mais o artigo (O, A, OS; AS), a contracción da preposición co artigo

a + a = á

a + o = ao (ó)

a + as = ás

a + os = aos (ós)

prevalece a contracción previa da preposición A co artigo. É dicir, non se pode contraer ca cunha contracción na que xa está contraída a preposición A.

EXS: Quere máis ás miñas ca ás túas

Ao sol non se ve máis ca á sombra

Vai máis a Lugo ca ao( ó) Carballiño

(prep. A + artigo O)

NON: Vai máis a Lugo có Carballiño

ATENCIÓN: As conxuncións Ca e Que poden usarse tamén para introducir o 2º termo doutras construccións de tipo comparativo.

EXS: Igual (ca) ti

Igual (ca os/que os) outros

Da mesma forma (que/ca/do que) antes

OLLO: A forma apocopada SAN úsase diante de nomes que empezan por consoante (agás Cristo): EXS: San Pedro, San Paulo; San Tomé; San Xulián.

A forma SANTO úsade cando diante dos nomes que empezan por vogal:

EXS: Santo André; Santo Antón; (Pero: Santo Cristo)

EXERCICIOS TEMA 9:

1º-Completa as frases seguintes:

Estaba máis preparado ca ……………….

que……………..

do que………..

có ………………

ca o ……………

cá ………………

ca a …………..

cós …………….

ca os ………….

cás …………….

ca as ………….


Efectivamente, foi tantas veces como …………………

coma …………………

como/coma ………
El deuvos menos cartos ca…………………

ca a……………..

ca ao…………….

ca á ………………

ca aos …………..

ca ás ………………


2º-Pon a partícula comparativa adecuada (pero usando sempre CA e as súas contracción):


É tan fermosa parecía cando a vin

Respecto máis a Brais ao seu irmá

O neno está moito máis san ti

Estou eu máis contigo a túa muller

Sempre se pon se lle fosen pegar

Gústame menos O Bolo A Limia

Está tan elegante eu cría

Estou máis a gusto hoxe o outro día

Parece menos listo ti me dixeras

Xosé sempre fai quen non escoita

Vai máis ao Grove A Coruña

Traballo moito mellor el


3º- Fai agora o mesmo exercicio anterior, pero usando Ca sen ningunha contracción:


É tan fermosa parecía cando a vin

Respecto máis a Brais ao seu irmá

O neno está moito máis san ti

Estou eu máis contigo a túa muller

Sempre se pon se lle fosen pegar

Gústame menos O Bolo A Limia

Está tan elegante eu cría

Estou máis a gusto hoxe o outro día

Parece menos listo ti me dixeras

Xosé sempre fai quen non escoita

Vai máis ao Grove A Coruña

Traballo moito mellor el


4º-Substitúe a oración adxectiva de relativo (en cursiva) por un adxectivo:

EX: Ese é un feito que non se pode discutir__________indiscutible ou indiscutíbel

Produce un son que non se pode percibir ___________

Mercou unha casaca que non deixa pasar a auga_____

Contou unha historia que semella que non acaba nunca____

Estes mobles están feitos dun material que non pode arder_____

Ese planeta ten unha extensión que non se pode medir________

O meu can ten un apetito que non se pode saciar____________
5º-Explica cunha oración de relativo o significado dos adxectivos en cursiva:

EX: Esa viaxe presenta riscos ineludibles (ou ineludíbeis).

Esa viaxe presenta riscos que non podemos eludir (ou evitar).

O xuíz actuou cun rigor implacable (ou implacábel)_______

A amizade ten un valor imponderable (ou imponderábel)___

Para o home, a liberdade é un dereito imprescriptible______

O dereito á vida é inalienábel_____________

Esa é unha verdade incontrovertíbel________

Ningunha lei feita polo home é inmutábel______

A liberdade de pensamento é algo intanxíbel____

Breogán era un guerreiro invulnerábel_________

Escoitou con rostro impasíbel os insultos que lle lanzaron_______

Os seus textos teñen un humor case que inaprensíbel________


6º-Resposta á pregunta explicando o significado do adxectivo en cursiva:

Que é unha decisión irrevocábel?

Que é unha persoa inconsecuente?

Que é unha proba inequívoca?

Que é un día infausto?

Que é un traballo ímprobo?

Que son designios inescrutábeis?

Que é un mozo indolente?

Que é un acto infame?

Que é unha resposta irreverente?

Que é un relato incongruente?

7º-Indica o adxectivo que remite ao superlativo culto:

EX: Sapientísimo --- sabio



Ubérrimo




Misérrimo




Crudelísimo




Celebérrimo




Sacratísimo




Acérrimo




Paupérrimo




Libérrimo




Magnificentísimo




Salubérrimo




Nobilísimo




Pulquérrimo





8º-Sinala con que palabra da lista B se relaciona cada adxectivo da lista A polo significado ou pola etimoloxía:

LISTA A LISTA B



Boreal

Olor

Anular

Raza

Agónico

Escudo

Culinario

Morte

Étnico

Norte

Fáctico

Excremento

Fecal

Cociña

Fétido

Fóra

Foráneo

Anel

Heráldico

Feito


9º-Procura o substantivo correspondente a cada adxectivo:

ADXECTIVO

SUBSTANT.

ADXECTIVO

SUBSTANT.

ADXECTIVO

SUBSTANT.

Legal




Lúdico




Naútico




Palustre




Sideral




Purulento




Letal




Marcial




Hípico




Pecuario




Tóxico




Onomástico




Toponímico




Lacustre




Ético




Gótico




Pancreático




Úrico




Renal




Pecuniario




Cardiaco




Castrexo




Filatélico




Castrense




Outonizo




Palatal




Carolinxio




Neolítico




Numismático




Paleozoico




Estival




Penal




Nasal





Tema 10: O ARTIGO:


  1. O ARTIGO DETERMINADO:







Masculino

Feminino

Singular

o (lo)

a (la)

Plural

os (los)

as (las)

Como se ve no cadro anterior, existe tamén unha variante alomórfica (alomorfos: lo, la, los, las), que soamente é de uso obrigatorio:


* Despois da preposición POR (por + o, a, os as = polo, pola, polos, polas):

OLLO: sempre sen guión. EX: El vai polo camiño.
* Despois do interrogativo U (u + o, a, os, as = u-lo libro?, u-la casa?, u-los

cans, u-las cadelas). Ollo: sempre con guión.


Estes alomorfos tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos:
* Despois de infinitivo, das formar verbais conxugadas que rematen en

–R ou en –S e tamén dos pronomes enclíticos NOS, VOS e LLES:


EXS: Vou colle-las laranxas

Perdíche-los cartos

Collémo-lo peixe.

Ti e-lo demo.

Quitóulle-las ganas de xogar.
Como se observa nos exemplos: sempre con guión.
OLLO: Nunca se usa despois de participio plural:
EX: NON: Foron collido-los ladróns. SI: Foron collidos os ladróns.

NON: Rematada-las clases, saímos. SI: Rematadas as clases, saímos.

*Despois dos pronomes tónicos NÓS e VÓS cando van seguidos dunha precisión numérica:

EXS: Nó-los tres iremos. Vó-los catro non iredes.

Como se observa nos exemplos: sempre con guión.
* Tamén, e sempre sen guión:
-Despois de AMBOS/AMBAS, ENTRAMBOS/ENTRAMBAS e TODOS/TODAS:

EXS: Ámbalas dúas amigas. Tódolos rapaces. Entrámbolos dous.


-Despois da preposición TRAS: EX: Está tralos montes de Marín.
-Despois da conxunción copulativa (E) MAIS:

EXS: Eu e mailo teu irmán non imos. Eu mailo meu amigo


** Tamén existe un arcaísmo de uso protocolario (e xa pouco frecuente): EL, que quedou inmobilizado en secuencias como: EXs: El rei, El señor, etc.

Ex: Hoxe veume visitar o meu señor El-rei


CONTRACCIÓNS DO ARTIGO DETERMINADO:

Artigo

Prep.

O

A

OS

AS


A

ao/ó

á

aos/ós

ás

CON

co

coa

cos

coas

DE

do

da

dos

das

EN

no

na

nos

nas

POR

polo

pola

polos

polas


OLLO: Na contracción da preposición A co artigo masculino O(S) é mellor usar a contracción AO (AOS) na escrita, pero a pronuncia correcta é Ó.
ATENCIÓN :

* Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas preposicións: EXS: Veño da Coruña. Entou no Grove. Voa ao Carballiño.

* Pero non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo que a segue: EX: Antes de os galos cantaren = Antes de cantaren os galos.

*** USO OBRIGATORIO DO ARTIGO:


1-Debe preceder sempre ao posesivo: EX: As miñas mans. A vosa casa.

(Agás en relacións de parentes ou en vocativos. EXS: ¡Meu Deus! Miña nai

non veu).

2-Emprégase con algúns topónimos: A Coruña. O Carballiño. O Grove. A Pobra do Caramiñal, etc.

3- En certas locucións adverbiais: ás escuras; ás agachadas; ás veces, etc.

4-Debe usarse (sen guión) despois de AMBOS/AS, ENTRAMBOS/AS, TODO(S):

EXS: Todo o mundo sabe iso. Ambos os irmáns entraron na tenda.

5-Despois da partícula U: EXS: U-lo gato?

6-Despois da preposición POR (sen guión): EXS: Vai polo río


  1. O ARTIGO INDETERMINADO:




Masculino

Feminino

Singular

Un


Unha


Plural

Uns

Unhas



CONTRACCIÓNS DO ARTIGO INDETERMINADO:

Artigo

Prepos.

UN

UNHA

UNS

UNHAS


CON

cun

cunha

cuns

cunhas

DE

dun

dunha

duns

dunhas

EN

nun

nunha

nus

nunhas


OLLO: se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se pode facer a contracción:

EXS: De un médico estar alí, salvaríalle a vida ao ferido (= De estar alí un médico, salvaríalle a vida ao ferido.



ATENCIÓN: Non confundir estas contraccións das preposicións CON, DE e EN co numeral indefinido UN. Isto verase no TEMA dos NUMERAIS e cunatificadores.

EXERCICIOS TEMA 10:

1º-Poñer un texto no que as contraccións non estean realizadas e pedir que os alumnos as realicen.

2º-Xustificar teoricamente as contraccións dun texto.
3º-Poñer un texto sen usar a 2ª forma do artigo e pedir que se volva facer usándoa.
4º-Explica as diferenzas semánticas (de significado da frase) que se dan nestas frases segundo leven ou non leven determinante:
1-Acusárono de (do) furto

2-Unha noite de (do) inverno

3-A rapaza ten (os) oito anos

4-Tiraron (as) pedras contra (as) ventás

5-Dicídelle a (ao) Antón que non fale tan alto

6-(as) Xoias, (as) teas, (as) pratas… nada deixaron alí.

7-Non teño (os) cartos para mercar (o) coche.

8-O avogado falounos de (dos) problemas laborais.

9-O autor retirou (os) cadros da exposición.

10-Por fin, a festa faise en (no) sábado.

11-Viñeron (os) catro delegados de persoal.

TEMA 11: PRONOMES:
*** OS DEMOSTRATIVOS.

PERSOA

NÚMERO

MASCULINO

FEMININO

NEUTRO



Singular

este

esta

Isto



Plural

estes

estas

…………….



Singular

ese

esa

Iso



Plural

eses

esas

……………..



Singular

aquel

aquela

aquilo



Plural

aqueles

aquelas

……………….


OLLO: En galego só existen as formas en “i” (isto, iso, aquilo) e non as formas en “e” (esto, eso, aquelo).

Ademais, a forma neutra non ten plural. Polo tanto, non existen en galego: istos/estos; isos/esos; aquilos/aquelos.


CONTRACCIÓNS DOS DEMOSTRATIVOS:

* Contraen coas preposicións DE e EN:

Demostrat.

Preposic.


Este,…

Ese,…

Aquel,…

DE


Deste(s)

Disto


Desta(s)

Dese(s)

Diso


Desa(s)

Daquel(s)

Daquilo


Daquela(s)

EN


Neste(s)

Nisto


Nesta(s)

Nese(s)

Niso


Nesa(s)

Naquel(s)

Naquilo


Naquela(s)


* Contraen co indefinido OUTRO:

Persoa

Número

Masculino

Feminino



Singular

Estoutro

estoutra



Plural

Estoutros

estoutras



Singular

Esoutro

esoutra



Plural

Esoutros

esoutras



Singular

Aqueloutro

aqueloutra



Plural

Aqueloutros

aqueloutras


OLLO: estas son as formas habituais, pero tamén se usan as formas plenas, non contractas (estes outros; ese outro; etc.). Estas son as únicas posibles para as formas neutras: aquilo outro; iso outro; isto outro.
* Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas preposicións DE e EN: EXS: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a; daqueloutras, naqueloutro; etc.

** Pero estas contraccións non se poden usar cando a preposición non afecta ao substantivo modificado polo demostrativo:

EX: De estas razóns seren admitidas (NON: destas razóns…)

(De seren admitidas estas razóns)


RENDEMENTO ESTILÍSTICO DOS DEMOSTRATIVOS:

Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores.

Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual, porque poden representar:

1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (


Yüklə 0,88 Mb.

Dostları ilə paylaş:
  1   2   3   4   5   6   7




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin