Apuntamentos e exercicios (gramática e ortografíA)



Yüklə 0,88 Mb.
səhifə3/7
tarix17.03.2018
ölçüsü0,88 Mb.
#45564
1   2   3   4   5   6   7

non cambia para nada o seu sentido, só perde confianza e afectividade.



* PRONOME OU DATIVO DE INTERESE:

Formas: Singular: ME/CHE/LLE Plural: NOS/VOS/LLES

É compatible co CI e tamén co Dativo de Solidariedade, e tamén se se elimina da

oración esta non altera o seu significado.

EXS: Deus (me) lle dea boa sáude, meu amigo.

Dat. Interese.

Deus (che) (me) lle dea boa saúde, meu amigo.

Dat. Solid. Dat. Interese.
* DATIVO POSESIVO OU SIMPATÉTICO:

É o pronome persoal en función de CI que sinala relacións de posesión, pero sen aludilas de xeito directo:

-referidas a obxectos persoais: Perdínlle a carteira (Perdín a súa carteira)

-referidas a parentesco: Ese que ves aí, éme fillo (é meu fillo)

-referidas a partes do corpo: Tocouche os pés (Tocou os teus pés).
* ATENCIÓN: Aínda que o pronome tónico é o que adoita facer a función de suxeito, existen no galego construccións (algo anómalas) do tipo:

a vén Aquí o está (nelas o pronome átono subliñado é o suxeito).


NORMAS DE COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO NA FRASE:

Os pronomes átonos, ao careceren de acento propio (de independencia ou significado propio) buscan o apoio nas palabras tónicas próximas, sobre todo no verbo, do que é complemento directo ou indirecto. Deste apoio é do cal vai depender a posición do pronome átono na frase.


1)-O pronome átono xamais inicia unha frase:

EX: NON: Lle dás o bolígrafo. SI: Dáslle o bolígrafo.



2)-Nas oracións simples, nas coordinadas ou de rango semellante á principal ou simple, e nas principais das compostas, o pronome átono vai enclítico (posposto ao verbo e unido a el sempre sen guión).

EXS: Cóntalle o que queiras. Coñéceo ben.



EXCEPCIÓNS: Pero en contra deste principio xeral o pronome átono vai proclítico (antes do verbo e non unido a el) nos seguintes casos:
* Se a oración é negativa ou vai introducida por unha conxunción ou un adverbio negativos:

EXS: Ninguén o desexaba (NON: Ninguén desexábao)

Xamais lle mandou facer iso (NON: Xamais mandoulle facer iso)
* Se a oración vai introducida por un adverbio:

EXS: Sempre me falas igual

Xa llo dixeron onte

Axiña o atoparemos na rúa

Mentres cho teñan eles, todo vai ben.

OLLO: Porén, existen algúns adverbios e locucións adverbiais (maiormente de tempo e lugar e taén algúns de modo) que permiten que o pronome átono vaia enclítio (despois do verbo) ou proclítico (antes do verbo).


      • De tempo: antonte, antano, onte, hogano, hoxe, antes, agora, daquela, despois, entón,…

      • De lugar: diante, dentro, atrás, fóra, enriba, debaixo, lonxe, preto, aquí, alí, aí,…

      • De modo: de golpe, de súpeto, amodo, ao cabo, …



EXS: Mañá cho teño ou mañá téñocho

Alí o buscaron ou alí buscárono.

Cos adverbios en –mente pode ir antes ou despois, segundo admitan ou non pausa despois deles:

EXS: Normalmente cóllese polas patas

Seguramente lle dean o premio

Unicamente as quere coller


* Se a oración vai introducida por un interrogativo ou exclamativo:

EXS: Onde o colleches? Como o ama a súa nai!


* Se vai despois dalgúns pronomes indefinidos como:

Algo, alguén, bastante, calquera, ambos, entrambos, mesmo nada, todo(s).

EXS: Todos o aman. Bastante cho teño dito. Calquera llo di agora.

OLLO: Normalmente posponse con algún(s), un(s), varios, outro(s), moitos, os demais, porque se con estes indefinidos poñemos o pronome átono proclítico a frase queda enfatizada e varía a súa significación:

EXS: Outros apréciano máis. Algún comprouno antes.

Outro llo comentará, non teñas medo.

Algún che regalaría, se non non irías onde el.


* Se a oración é desiderativa ou ponderativa:

EXS: Mala chispa te coma! Así de fermosa che é!

Está claro que isto non sucede se a oración comeza co verbo:

EXS: Lévete o demo! Preguntáchelo ti, non!


3)- Nas proposicións subordinadas o pronome átono vai sempre proclítico (antes do verbo):

EXS: Díxenlle que o collese (que o collese)

Que entre cando o deixen (cando o deixen)

Non me importa se o colle (se o collen)

Como o faga non me interesa (como o faga)
OLLO: Se entre a partícula subordinativa e o pronome hai un inciso, unha pausa, unha palabra, etc., pode ir enclítico:

EXS: Xa sei que llo tes atado.

Xa sei que, aínda sen querelo, tesllo atado. (Llo vai enclítico).

Xa sei que, aínda sen querelo, llo tes atado.


4)- Nas perífrases verbais (agás as de participio) ou cando aparece un verbo conxugado seguido dun infinitivo ou dun xerundio, o pronome átono pode ir detrás do 1º verbo ou detrás do 2º verbo:

EXS: Quéroo mercar. Quero mercalo.

Ándao arranxando. Anda arranxándoo.

PERO: Ninguén desexa mercalo. Ninguén o desexa mercar.

NON: Ninguén deséxao mercar.

* Se a perífrase verbal é de infinitivo e ten tres elementos (é dicir, un relacionante entre os dous verbos), a posición do pronome átono é tripla:

EXS: Tes que collelo. Tes que o coller. Telo que coller.

Haino que facer. Hai que facelo. Hai que o facer.

PERO: Tamén, coma no caso anterior das perífrase sen relacionante, se algún elemento altera a colocación, esta só afecta ao elemnto máis próximo a el:

EXS: Aínda o temos que coller.

Aínda temos que collelo.

Aínda temos que o coller.

NON: Aínda témolo que coller.



EXERCICIOS (Pronomes átonos):

1º-Localiza os pronomes átonos e tónicos dun texto e indica as súas funcións sintácticas.

2º-Di se os pronomes átonos dun texto poderían ocupar outra posición e por que?

3º-Introduce TE ou CHE nas seguintes frases:

-Apareceu a alfaia?

-Vin no mercado

-Chamaron por teléfono.

-Vin o teu coche.

-Mañá mando un agasallo.

-Xa verás como canto unha canción.

-Teño que contar a verdade de contado.

-Non axudei nin axudarei.

-Aquel fulano chamou a atención.

-Por que ris de min se non estou facendo rir?



4º- Substitúe CD e CI e ponos ben na nova frase:

Eu collín o coche aos meu pais




Brais rachou o traxe á súa irmá




Ninguén colleu o libro aos amigos




Seica cantou cancións ao curmán




Non vos atopei ese xoguete




Quero mirar o teu libro novo




Colle o disco de Manolo para min




Non recites poemas aos meus pais




Nunca traias caramelos para min




Disque Iria manchou o traxe de Lúa






5ª- Traduce ao galego:

Lo quiero




Nos robaron




Díselo (a ellos)




Nos quieren




Os robaron




Dímelo




Los queremos




Nos los robaron




Díselo ( a el)




Te quieren




Se los robaron (a ellos)




Dínoslo




Te los quieren




Te los robaron




No te lo digo




Os los quieren




Me los robaron




Te las digo




Nos entregó




Los entregan




Saberla




Los entregó




Nos lo entregan




La sabes




Los entrego




Se lo entregan (a ellos)




Se la supo (a ellos)




Nos lo entregó




Se los entregan (a el)




Os la supo




Os lo entrego




Os lo entregó




Nos la supo




Nos entregan




Saber la historia




Sabes la historia





TEMA 12: CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES:

Os cuantificadores son adxectivos (ou pronomes) que serven para indicar cantidade e tamén identidade. Se a cuantificación que realizan é exacta falaremos de numerais, e se é inexacta falaremos de indefinidos.


* OS INDEFINIDOS:


INVARIABLES

VARIABLES

alguén,

algo,


cadaquén (= cada persoa, todo o mundo)

calquera,

quenquera (= calquera persoa; vai seguido

dunha oración de relativo:

“Quenquera que…”)

cada (valor distributivo)

ninguén,

nada,


ren ou res (= nada, referido a algo tanxible.

É un arcaísmo)

demais,

máis,


menos,


algún, algunha, algúns, algunhas
ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
un, unha, uns, unhas
varios, varias,
pouco, pouca, poucos, poucas,
bastante, bastantes
abondo, abonda, abondos, abondas
moito, moita, moitos, moitas,
demasiado(s), demasiada(s),
tanto, tanta, tantos, tantas,
todo, toda, todos, todas
certo, certa, certos, certas,
tal, tales
propio, propia, propios, propias,
mesmo, mesma, mesmos, mesmas,
o demais, a demais, os demais, as demais,
determinado(s), determinada(s),
outro, outra, outros, outras,
tanto, tanta, tantos, tantas,
ambos, ambas, entrambos, entrambas,
os máis, as máis,




Contraccións dos indefinidos:

Na escrita só contraen algunhas formas variables, pero as invariables non contraen.






ALGÚN

OUTRO

UN


DE

dalgún

dalgunha


dalgúns

dalgunhas



doutro


doutra

doutros


doutras

dun


dunha

duns


dunhas

EN


nalgún

nalgunha


nalgúns

nalgunhas



noutro

noutra


noutros

noutras


nun

nunha


nuns

nunhas

** Con ALGUÉN e ALGO (invariables) non se marca a contracción con DE e con EN na escrita. EXS: (MAL): Ese coche debe ser dalguén. Nalgo teremos razón.
*** ATENCIÓN: O indefinido UN/UNHA/UNS/UNHAS:


    • En función pronominal non contrae coa preposición CON:

EX: El colabora con unha que é de Seixo.

Cada mañá ía ao traballo con uns, nunca ía cos mesmos compañeiros.



    • Cando actúa como adxectivo presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado:

EX: Falounos duns asuntos que nós non coñeciamos.

    • Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións De e EN:

EXS: Están sempre a falar mal dun. A resposta está nun mesmo.
EXERCICIOS:

Traducir ao galego:

-De alguien debe ser ese coche, digo yo.

-Manuel trabaja con unos que llegaron ayer.

-De alguna manera los encontraremos en algún lugar.

-Estará pensando en algo, porque no atiende a nadie.

-Quienquiera que fuese no dejó nada en otro lugar, sólo en este.

-No queda nada bien que hablen mal de uno.

-No vino nadie de otros lugares: cualquiera sabe el porqué.

-Estaba en unos libros que en otra biblioteca no los tenían.

-Tanto se peleaba con uno como con otro.

* OS NUMERAIS:

O valor semántico dos pronomes/adxectivos numerais é indicar cantidade, a orde nunha sucesión ou calquera tipo de cuentificación.

Poden facer funcións de adxectivo e, en moitos casos, constitúen o Determinante dunha frase nominal.

EXS: Abran o diccionario pola décima páxina.

O atleta entrou no undécimo posto.

Hai tres solucións para este problema.

Poden substantivarse (asumindo función de núcleo) e así constitúen pronomes numerais.

EXS: O primeiro que chegue terá unha recompensa.

Só quedaron oito no campo, tres foron expulsados polo árbitro.
* CARDINAIS:

Desde a normativa do 2003, agora tamén entre vinte e trinta se escriben separados: vinte e un, vinte e seis, etc. (Pero contraen ao pronuncialos).


* ORDINAIS:

Indican a orde de sucesión nunha serie.

Todos admiten morfemas de xénero e número e nas formas compostas se aplican ao último elemento: Quedamos trixésimo primeiras.

OLLO: sétimo e oitavo (NON séptimo e octavo). (Son patrimoniais).

Décimo sétimo e décimo oitavo.

PERO: septuaxésimo e octoxésimo. (Son cultismos).


Outras formas cultas:

Úndécimo ou décimo primeiro

Duodécimo ou décimo segundo.

Vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo, nonaxésimo, centésimo, milésimo, millonésimo.


* ÚLTIMO e DERRADEIRO indican a posición final dunha serie, pero non son totalmente equivalentes: derradeiro significa o último dunha serie pechada, que non vai haber máis.

EX: Foi o seu derradeiro suspiro.



* MULTIPLICATIVOS:

Sinalan o producto de repetir un número (o multiplicando) tantas veces como unidades contén outro (o multiplicador).

Dobre, duplo, dupla Séptuplo, séptupla (cultismos)

Triplo, tripla Óctuplo, óctupla (cultismos)

Cuádruplo, cuádrupla Nónuplo, nónupla

Quíntuplo, quíntupla Décuplo, décupla

Séxtuplo, séxtupla Céntuplo, céntupla.

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces: EX: Gañou esta competición trinta veces.


* PARTITIVOS:

Indican a diminución proporcional dunha cantidade, a súa división en partes. Expresan, pois, unha fracción numérica (1/2; 1/8; 1/99; etc).

A partir de 1/11 (agás 1/100, 1/1000, 1/1.000.000) o partitivo constrúese engadindo ao cardinal o sufixo –avo:

1/2 Medio/media, metade 1/11 Onceavo/onceava

1/3 Terzo/terza 1/12 Doceavo/doceava

1/7 Sétimo/sétima (patrimoniais) 1/100 Centésimo/centésima

1/8 Oitavo/oitava (patrimoniais) 1/1000 Milésimo/milésima

1/1.000.000 Millonésimo/millonésima


EXS: 1/16 = un dezaseisavo.

2/29 = dous vinte e noveavos

7/345 = sete trescentos corenta e cincoavos.
OLLO: O partitivo metade é un substantivo. Hai partitivos en orixe que hoxe son tamén de uso común como substantivos

EXS: Un décimo de lotería. O peixe mide unha cuarta.

Unha oitava. O quiñón.
* COLECTIVOS:

Indican un conxunto con número exactamente determinado de elementos.

EXS: par, parella, decena, ducia, quincena, vintena, cento, centena, milleiro, milleiros e millenta (cantidade elevada e aproximada).

Tamén hai moitos substantivos con valor colectivo:

EXS: dúo, trío, cuarteto, quinteto, semana, mes, lustro, século, decenio/década, milenio, corentena, novena, quincena, osteto, octano…

*** ATENCIÓN:



Empobrecemento léxico:


  • Non usar os cardinais no canto dos ordinais:

EX: O ciclista entrou no posto vinte e seis. (Sería: no posto vixésimo sexto)


  • Non usar os partitivos no canto dos ordinais:

EXS: Dimitiu no onceavo mes do seu mandato presidencial.

(Sería: décimo primeiro ou undécimo).

Estamos no andar doceavo do edificio.

(Sería: duodécimo ou décimo segundo).




EXERCICIOS:

1º-Pon en letra as seguintes cifras:

2.486.842 lentellas

725.360 liras

57ª praza

532.217 euros

27. 382 pesetas

79ª aniversario

98ª edición.

12/48 = 6/24 = 3/12 = 1/4

16º lugar

37.000.259 dólares

28.711.232 cereixas

1/7 de pastel

22.765.901 marcos
2º-Corrixe estas frases:

-Un entrou no séptimo posto da clasificación e o outro no octavo posto.

-Quedei na setuaxésima praza da oposición e miña irmá na oitoxésima.

-Os afeccionados ateigamos a bancada treceava do pavillón de deportes.

-O teu obxectivo só consiste en conseguir a praza vinte na competición.

-O día vintetrés celebramos o vintecinco aniversario do Colexio.

-No andar vintenoveavo está o restaurante deste rañaceos.

-Ese alumno vai de número un no torneo de xadrez da Escola.

-Cando subas ao andar catorce do edificio non mires para abaixo.

TEMA 13: VERBOS REGULARES:

Estructura das formas verbais:

RAÍZ (R)

VOGAL

TEMÁTICA (VT)



MORFEMA

MODO TEMPO (MMT)



MORFEMA (MNP)

NÚMERO PERSOA


*Significado


* Indica se o

verbo é:

Regular


Irregular

Semirregular


* Conxugación:

CI

CII


CIII


* Formas finitas

(en forma persoal):

Indicativo

Subxuntivo

Imperativo


(Infinitivo persoal)
* Formas infinitas:

Infinitivo

Xerundio

Participio


*Aspecto:

-Perfectivo

-Imperfectivo

* Concordancia

* Persoas e número:

P1 P2 P3


P4 P5 P6


SISTEMA VERBAL:

MODO INFINITIVO MODO SUBXUNTIVO:

Presente Presente

Pretérito Perfecto (ou pretérito de Indicativo) Imperfecto (ou pretérito)

Imperfecto (ou copretérito) Futuro

Pluscuamperfecto (ou antepretérito)

Futuro Hipotético (ou pospretérito)

Futuro OLLO: (Infinitivo Conxugado)
IMPERATIVO: FORMAS INFINITAS:

Presente Infinitivo

Xerundio

Participio



­­­­­­­­­­­­No sistema verbal galego distínguense dous temas:

* TEMA DE PERFECTO:

(os verbos irregulares é nestes 4 tempos onde soen ter unha raíz irregular, é dicir

distinta da que presentan no infinitivo):

Pret. Perfecto (Indicativo) Imperfecto de Subxuntivo

Pluscuamperfecto (Indicativo) Futuro de Subxuntivo

* TEMA DE PRESENTE: Todos os demais tempos.

­­­­­­­­­­­­­­­__________________________________________________________________________

ALGUNHAS PARTICULARIDADES DA CONXUGACIÓN VERBAL:
* Conducir: conduzo, conduza (NON conduzco, conduzca) etc.

TEMA 14: VERBOS SEMIRREGULARES:

(Verbos con alternancia vogálica na raíz)




Yüklə 0,88 Mb.

Dostları ilə paylaş:
1   2   3   4   5   6   7




Verilənlər bazası müəlliflik hüququ ilə müdafiə olunur ©muhaz.org 2024
rəhbərliyinə müraciət

gir | qeydiyyatdan keç
    Ana səhifə


yükləyin